Loitando por unha xubilación xusta

Nesta semana puidemos ver a cara máis combativa da nosa asociación. Na mañá do mércores xuntámonos ben cedo con eles para coller un autobús rumbo á Coruña. O motivo era manifestarnos diante da Facenda Pública contra a problemática das pensións. Ao igual que na semana pasada os protagonistas foron máis dos habituais, pois era a Coordinadora Nacional a que convocaba. O traxecto fíxose curto xa que pasamos a meirande parte do tempo conversando cos retornados. O que comprobamos é que, malia que os lugares de destino coincidan, cada historia é independente da anterior.

DSC_6044

Chamounos a atención un home que emigrou a Alemaña dende 1969 ata 1986, fai trinta anos que volveu a Galicia e para nada agardaba atopar esta situación no seu regreso. Sen ser aínda xubilado o problema das pensións non lle afecta directamente pero a solidariedade cos demais emigrantes faino madrugar nunha mañá de mércores para viaxar a Coruña. Vemos como a través destas organizacións se tecen relacións de amizade e apoio, que xusto agora son moi necesarias. A pauta xeral de todos eles é a de sorpresa pola cuestión das pensións, mais hai que dicir que xa levan moitos anos organizados e reclamando igualdade con respecto ao resto de xubilados, polo que a relación entre eles xa viña de atrás nalgúns casos.

Unha vez chegados á praza de Vigo atopámonos cos membros das demais plataformas, algúns xa os coñecíamos da xuntanza anterior. Palabras como “xustiza” e “igualdade” tiñan lugar en cada pancarta, mais o que reflectía á perfección a situación de este colectivo era a súa expresión. Non son persoas acostumadas a este tipo de actos, non estamos afeitos a velos berrar e cos puños en alto. Esa foi a nosa sorpresa. A forza que se foron contaxiando e a enerxía para recorrer Coruña, co seu ritmo lento e coa súa voz ben alta.

DSC_6062

A experiencia foi positiva, pois outorgounos unha grande posibilidade de establecer conversas, xa que eran eles mesmos os que viñan a nós ao vernos coa cámara na man. Buscando alguén que os escoite, que lle conte ao mundo o que lles acontece. E que lles conte ao mundo como xuntos están a vencer o sentimento de indefensión. Pois como dixo o presidente de Marusía, Manuel Domínguez, “se unha persoa camiña soa chegará máis rápido, pero se camiñamos xuntos chegaremos moi lonxe”.

A seguinte cita terémola na vindeira semana. Será cun grupo reducido, de tres-catro persoas, para afondar máis na experiencia da emigración no canto do tema das pensións, que é difícil de evitar pois son eles mesmos o que o sacan, debido en moitos casos á gravidade da súa situación.

Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01 , VEIGA FRANCO, MARÍA  143 C05 , TUBÍO REY, OLAIA 143 C04, Rodríguez Bello, Cora 143 C02, Santos Villaverde, Andrea  143 C03

Advertisements

Posted on 7 Marzo, 2014, in Posts grupais and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. El juntarse un grupo de personas que tienen el mismo problema siempre ayuda, el hablar con alguien que te entiende porque vive lo mismo que tú. Además, contáis que os fueron a hablar nada más veros con la cámara. A las personas con problemas como estes, ignorados por el gobierno, les ayuda más de lo que pensamos -aunque seamos estudiantes de periodismo- cualquier difusión de su problema.

    Seguid trabajando así porque os ayudan y les ayudáis. Muy buena la foto por cierto.

    NEIRA CARBALLO, EVA 142.B03

    • Si Eva, es muy sorprendente y a la vez agradable las ganas que tienen de hablar. Además cuando ves que todas coinciden en lo que dices es cuando más te das cuenta de que están luchando por algo que realmente es injusto. Es verdad que muchas veces que todo el mundo diga lo mismo es sinónimo de que está pactado, pero en esta ocasión te podemos asegurar que no hay pacto por ningún lado; los están machacando de verdad.

      Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01 , VEIGA FRANCO, MARÍA 143 C05 , TUBÍO REY, OLAIA 143 C04, Rodríguez Bello, Cora 143 C02, Santos Villaverde, Andrea 143 C03

  2. El otro día, durante la manifestación de la huelga estudiantil, había algunos de ellos pidiendo firmas para que les den la totalidad de la pensión. Lo que no se es si conseguirán algo porque al parecer el impuesto que les quieren cobrar por las cotizaciones que hicieron en el extranjero, es perfectamente legal, solo que hasta hace poco no lo cobraban. Al menos eso fue lo que me explicó uno de ellos pero corregidme si me equivoco.

    • Asi é, mais o que eles reclaman é a retirada das sancións. Como ben dixestes, antes non tiñan que declarar, e no momento de entrada en vigor da nova lei que facía que si tivesen que declarar houbo unha campaña de desinformación total. Non é só que non se lles comunicara a nova situación, é que a algúns deles dixéronlles dende a Administración que non, que non era preciso. Que pasou logo? Que foron considerados defraudadores e obrigados a pagar sancións polas demoras. Algúns casos particulares que foron revisados si conseguirno que se lles devolvera o diñeiro de dita sanción.

      Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01 , VEIGA FRANCO, MARÍA 143 C05 , TUBÍO REY, OLAIA 143 C04, Rodríguez Bello, Cora 143 C02, Santos Villaverde, Andrea 143 C03

  3. A mí me gustaría saber cuales son sus objetivos concretos, es decir, está claro que quieren la igualdad en cuanto a las pensiones, pero cómo y en que plazos pretenden solucionarlo. En el caso de las preferentes, por ejemplo, muchos son los que se conforman con recuperar solamente una parte de su dinero antes de darlo todo por perdido,¿ Ellos se conforman con tributar menos de alguna manera?¿ Con algún tipo de solución alternativa? ¿O luchan con la cabeza fría por dejar de tributar al completo por sus rentas en el extranjero? Estas preguntas me parecen interesantes también a la hora de ver si van todos a una, o hay divisiones dentro del grupo

    Ana Barbosa 141B03

    • Eles non se negan a tributar. Néganse a teren que pagar sancións e intereses de demora cando non foron informados do cambio da lei que os obrigaba a tributar.
      Como conseguilo? Hai preto dun ano que comezou o problema. O primeiro intento foi pola vía política. reuníronse coa Conselleira de Facenda, Elena Muños; co Valedor do Pobo; o delegado da Axencia Tributaria e mesmo co director xeral da Axencia Tributaria en Madrid. Todos lles dixeron que non, que non son defraudadores, mostraron compresión e solidariedade. E, non llo dixeron, pero tamén esquecemento, porque o tema aí quedou. O BNG levou o problema ao Parlamento e, malia a unanimidade do resto de partidos, o PP opúxose. Polo que a vía política quedou esgotada.
      Agora están a proceder con demandas individuais a Facenda e buscando o apoio social mediante sinaturas nunha ILP. Ademais de reclamando que as vindeiras persoas en seren sancionadas sexan correctamente informadas.
      Con todo, deixando á marxe as sancións… Igualdade? Dubidosa. Se só cobramos unha pensión menor de 22.500 €/ano non estamos obrigados a declarar. Mentres que, se cobramos dúas pensións, temos que declarar dende 11.200 €/ano. Calquera persoa que gañe 19.000€/ano debería tributar o mesmo que outro que gañe igual cantidade e teña as mesmas circunstancias.

      Ramos Cernadas, Francisco Javier 143 C01 , VEIGA FRANCO, MARÍA 143 C05 , TUBÍO REY, OLAIA 143 C04, Rodríguez Bello, Cora 143 C02, Santos Villaverde, Andrea 143 C03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: