A crise devolve á muller ao fogar

Pouco a pouco imos chegando á recta final neste traballo. A última semana adicámola a realizar entrevistas en forma de conversa coas nosas familias. Foron moitas cousas as que sacamos en limpo, información que nos axudou a pulir a estrutura do noso traballo. Nos últimos post, sinalabamos o papel fundamental da muller nunha familia. A muller constitúe un dos piares básicos e actualmente está a mudar o seu rol ao desempeñar un traballo dentro e fóra do fogar. Todo isto, propiciado polos cambios que tiveron lugar na nosa sociedade nos últimos 50 anos. Porén, a situación económica podería propiciar a volta da muller ao fogar, provocando así unha regresión na loita pola igualdade de xéneros.
Pois ben, queríamos buscarlle unha explicación a esos cambios que fixeron que mudase a estrutura das nosas familias e as interaccións cos nosos parentes. Unha explicación que atopamos na Psicoloxía do Desenvolvemento, que se encarga de estudar os cambios que sofre unha persoa ao longo do seu ciclo vital e o contexto no que se producen esos cambios. Foi por iso polo que decidimos adicar esta publicación ao doutor en Psicoloxía  Evolutiva e da Educación, David Facal. O pasado luns, contestounos ao correo que lle enviaramos nese mesmo día, citándonos o mércores no quinto andar da Facultade de Ciencias da Educación ás 16h. Despois de subir a costa de Económicas, chegamos finalmente a Maxisterio, subimos ao quinto andar e buscamos o seu despacho. Amablemente invitounos a pasar e deu comezo a entrevista. Gustaríanos amosarvos algúns fragmentos da conversa.

  • Como inflúe a familia nas nosas relacións sociais?

https://www.youtube.com/watch?v=heSmS0YXShM&feature=youtu.be

  • Mudaron as fases polas que pasa unha persoa ao longo da súa vida?

https://www.youtube.com/watch?v=FEVzb1c8Z5k&feature=youtu.be

  • Cres que a muller podería volver adoptar o papel que desempeñaba fai 50 anos?

https://www.youtube.com/watch?v=d998l9JUTP4&feature=youtu.be

Outro dos temas suscitados por esta entrevista ao profesor David Facal, foi o da Comunicación. Os medios de comunicación tamén inflúen nas nosas accións cotidianas, na nosa forma de interactuar en sociedade. Ante o auxe das novas tecnoloxías, abreuse unha brecha entre os máis anciáns e aqueles que naceron na era dixital.

brecha digital Foto: http://www.ateleus.com/

Algo que percibiu o noso compañeiro Adrián Viéitez na conversa que mantivo co seu avó sobre a telefonía móvil. Pois ben, este afastamento é o que algúns estudosos denominan a brecha dixital, pero é interesante remarcar que as xeracións están volvendo a achegarse. No que á tecnoloxía se refire, prodúcese un maior afastamento entre os mozos e aquelas persoas que rondan os 80 anos de idade. Pola contra, as persoas que están a xubilarse nestos momentos, tamén denominados babyboomers, levan beneficiándose das innovacións no ámbito da comunicación durante boa parte da súa vida. Polo que a distancia entre os mozos e esta xeración é moito menor. Seguiremos avanzando neste senso nas derradeiras publicacións e ante todo queremos agradecerlle a colaboración a David Facal.

                                                                                                                                                                                                                                                                    143D00

Advertisements

Posted on 20 Marzo, 2014, in Posts grupais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: