Daily Archives: 21 Marzo, 2014
Futuro prometedor
Despois dunha semana de dúbidas acerca de como afrontar o noso traballo, a última clase deunos folgos para continuar co tema das peñas e facernos afrontar estes quince días que nos quedan por diante co maior optimismo posible. Para isto, tivemos que establecer contacto cos outros grupos de clase, percibimos unha serie de similitudes que teñen as peñas que estamos a tratar coas asociacións destes grupos.
A primeira coa que nos relacionamos foi a asociación de Alcólicos Anónimos. Aquí vimos un lazo bastante forte, xa que as sedes das peñas adoitan ser bares, onde os socios quedan para ver os encontros mentres se toman unhas cervezas ou viños. Vimos nun dos seus post que falaban dalgún caso de persoas pertencentes a unha peña de fútbol que como consecuencia destes malos hábitos acabaron con problemas de alcolismo. É desagradable, pero é un feito que acontece todos os días. Antes e durante os partidos o consumo de alcol é unha realidade e está moi relacionado coa violencia que envolve a este deporte.
Na seguinte noticia informase sobre un estudo realizado nos Estados Unidos de América e que trata sobre o consumo de bebidas alcólicas durante os partidos (http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/01/19/noticias/1295463786.html). Esta outra comenta os efectos que provoca o consumo do alcohol en escenarios deportivos, entre eles a violencia (http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/01/120120_brasil_fifa_acolhol_venta_2014_dp.shtml).
Por último, este enlace conectanos cun blog, no que se reflexiona sobre o consumo de alcol en campos de fútbol na comunidade catalana (http://www.arbitrajebalear.com/2012/03/27/reflexiones-sobre-el-consumo-de-alcohol-en-los-campos-de-futbol/).
Continuando coas semellanzas percatámonos de que a comunidade que estamos a tratar ten unha serie de ritos que en certo modo poden ser moi semellantes aos seminaristas cos que están a traballar os nosos compañeiros. Cada peña na súa gran maioría teñen cánticos propios, cos que animan o seu equipo. Teñen os seus rituais antes de ver un partido, hai os que se visten dunha forma determinada. Pódese chegar ao extremo no que adoran a un xogador coma se fose unha especie de Deus. Non queda moi lonxe esas asociacións onde Maradona era o seu Deus, e que aínda existen.
En relación con esta adoración dos xogadores encontramos unha unión co grupo que trata cos emigrantes. Esas persoas que se teñen que ir a outro país para buscar o seu soño. Hai moitos casos de futbolistas que emigran a outro país para conseguir o seu obxectivo, e que finalmente se converten en símbolos de Peñas, como por exemplo xogadores como Leo Messi. Outro exemplo, esta vez máis cercano, témolo en Vigo. Na cidade olívica está a sede da Peña Celtista Gudelj (http://www.penhagudelj.celta.devigo.net/), en honor do ex-xogador iugoslavo, que deixou moita marca na cidade viguesa.
Por outro lado, seguimos en contacto cos dirixentes das peñas. Estamos a preparar unha entrevista co fundador da peña celeste “Os Merlegos”. Para terminar deixamosvos un vídeo dos Merlegos, do día que asistimos con eles a Balaídos, cantando a capela o himno do Celta no estadio. Nel amosase como están unidos os membros desta asociación, ademais dos sentimentos de euforia que provoca ir a ver o teu equipo.
141 C00
CRESPO NAVARRO, EDUARDO 141 C01
FERNÁNDEZ DÍAZ, FABIO 141 C02
FERNÁNDEZ FERRO, ADRIÁN 141 C03
FERNÁNDEZ OJEA, BRAIS 141 C04
GARCÍA CHOUCIÑO, ALEJANDRO 141 C05
Máis ca unha asociación
A nosa andadura con Marusía comezou xa fai máis dun mes nunha reunión para xente nova no asunto das pensión. Ao chegar nun momento no que o núcleo da súa acción se centraba nun problema que xa estaba acrecentado, foi un comezo difícil, coma son moitos comezos. Non coñecíamos a ninguén máis que a Manolo (o presidente) e a xente estrañábase bastante de que estiveramos alí. Cremos que ata que nos identificamos correctamente e lles dixemos que íamos estar con eles máis veces, mirábannos con certo reparo. A nosa sensación foi dunha organización vertical, na que Manolo levaba a voz cantante de todo e os demais se limitaban a seguir os seus pasos. Non percibimos que houbese un sentimento cercano entre eles nin que tiveran una relación mínima ademais de formar parte da mesma asociación.
A segunda vez que estivemos con eles foi na Facenda de Santiago, entregando firmas para que freasen as multas que lles estaban chegando. O día de choiva e vento non invitaba precisamente a acudir e a presenza de membros da asociación foi máis ben escasa. Por aquel momento xa empezamos a darnos conta de cales eran os membros máis activos e comezamos a establecer unha pequena relación con algúns deles, que non dudaron en contarnos o que lles acontecía.
O noso terceiro encontro cos membros de Marusía foi moito máis multitudinario que os demais. E debía selo. Acudimos á manifestación convocada na Coruña co obxectivo de apoialos na súa causa e tamén de coñecelos un pouco máis, tanto a eles como a outros emigrantes que pertencen ás distintas asociacións que hai repartidas por toda Galicia. Sorprendeunos, e moi gratamente, a cantidade de persoas que acudiron e a enerxía que puxeron en reivindicar a súa situación. Non podemos esquecer que son persoas maiores e que non teñen tanta facilidade de moverse e berrar coma podemos ter nós. Malia isto, lograron frenar as multas, facéndonos sentir parte da súa labor. Déronnos así unha lección: vale loitar polo que crees que é xusto.
O último encontro produciuse o pasado venres, cando coa axuda de Manolo convocamos a tres membros da asociación para que nos contaran a súa experiencia persoal. A primeira cousa que sacamos en limpo e que as nosas primeiras impresións (desculpen a redundancia) foron erróneas; non son unha organización vertical, son como din eles “un grupo de amigos” que se xuntan para axudarse entre eles. Amigos que discordan en moitas cousas, que discuten, pero que teñen un fin común e camiñan todos xuntos cara el. Un deles tamén é membro activo do colectivo de afectados polas preferentes, o cal nos fixo pensar no paralelismo e na semellanza entre colectivos.
Este domingo imos acudir a unha comida con eles á que nos invitaron. Esta vez a situación non é creada por nós pero creemos que xa temos a suficiente confianza con varias persoas como para que xurdan novos fíos de comunicación. Deste xeito poderemos observar mellor as relacións entre eles, á vez que interactuamos e coñecemos máis das súas experiencias sen que eles teñan a sensación de estar sendo entrevistados.
O que, ao comezo, semellaba ser unha unión de descoñecidos polos seus propios intereses, deixounos ver co paso dos días que é case unha familia da que nós, pouco a pouco, imos formando parte.
CUAC FM: Un micrófono para todos
La semana pasada, como ya os hemos ido adelantando en anteriores posts, tuvimos nuestro encuentro con miembros de la radio comunitaria Cuac FM en la Coruña. Concretamente charlamos con su coordinador Mariano Fernández y con los integrantes de Radio Prometea, así como del programa Ondas do Cárcel y con aquéllos que realizan el programa Rescendo desde la asociación cultural Alexandre Bóveda.
En el caso de Radio Prometea, y como ya se explicó en el post “Medios comunitarios y salud mental: un vínculo cada vez más fuerte”, nace de un grupo de gente con discapacidades mentales que quieren ser “la voz de ellos mismos”, crear un espacio de autogestión y acabar con el discurso estigmatizo hacia su colectivo. No obstante, afirman que todavía hay falta de iniciativa por parte del público a la hora de participar y que reciben más peticiones de ayuda a título personal, más en el “making off” que durante las emisiones. Por otra parte, Ondas do cárcel se trata de una plataforma que pretende la recuperación de la antigua cárcel de la Coruña como espacio público. Aún así, el proyecto les ha servido de trampolín para darse a conocer y conocer también otros colectivos, crear un feedback y una proyección de futuro en común. Por último, la asociación Alexandre Bóveda pretende difundir la lengua y cultura gallega. Además, realizan un programa con la colaboración de alumnos de un colegio. Podemos ver como el medio comunitario se usa como espacio para la educomunicación.
Uno de los debates más interesantes que surgieron fue el de la función del periodista en los medios comunitarios. ¿Es positiva para los colectivos la presencia de profesionales? ¿Se puede considerar el tercer sector de la comunicación una salida profesional en el Periodismo? Hubo respuestas muy dispares. Por un lado, aquéllos que creían que el periodista podía condicionar la esencia de los medios comunitarios que se caracterizan por el amateurismo. Otros, sin embargo, consideraban que el profesional facilitar ayuda sobre todo en los aspectos técnicos de la radio, así como en las habilidades comunicativas. Como salida profesional, todos coincidieron en que es un sector laboral que actualmente no puede garantizar una gran remuneración, pero que es una buena escuela para aquéllos que empiecen en el mundo de la Comunicación.
El concepto comunidad es base en nuestro trabajo grupal y puede interpretarse de múltiples maneras. Por ello, les quisimos preguntar qué significaba COMUNIDAD según sus vivencias sobre todo en medios comunitarios.
También os informamos que este domingo visitaremos Radio Filispim de Ferrol donde llevaremos a cabo otro ejercicio de diálogo con algunos de sus miembros y colectivos.
Grupo 142.F00
El desconocer del periodista
Poco a poco las semanas avanzan y con este paso del tiempo os vamos presentando nuevas salidas alternativas que se centran en ramas desconocidas para el periodismo. ¿La realidad? La especialización marca en muchas ocasiones la diferencia y la falta de conocimientos lo hace en otras. Os contaremos a grandes rasgos nuestros últimos encuentros, pero os recomiendo que prestéis especial atención a los links, realmente ahí podréis ver el trabajo de estos periodistas.
“Somos becarios de nuestra propia idea”, así es como queremos hacer balance de lo que los chicos de Última Fila compartieron con nosotros. Jose Carlos Sánchez, Antonio Suárez-Bustamante y David Villafranca, antiguos compañeros de facultad, han dado forma a un proyecto que aún no es suficiente como para vivir de él, pero con mucha esperanza en el futuro creen que este nacimiento dará lugar a algo grande. Reportajes muy cuidados y de gran calidad, esos son las premisas de estos tres jóvenes. Aprender a emprender es importante, pero la idea quizás lo valga todo. Les seguiremos la pista a estos jóvenes en el que podría ser un nuevo medio que en un futuro ofrezca trabajo a otros jóvenes que vivan su misma situación.
¿Alguno de vosotros pensaría que el periodismo le llevaría a ganar un premio en Cannes? Nuestra entrevistada María Yáñez tampoco lo creía, pero finalmente el resultado fue tremendamente diferente. Programación, control a nivel usuario, montaje, producción… y un largo etcétera de habilidades que nosotros mismos creímos inexistentes. Esta periodista trabajó en diferentes medios escritos que combinó con trabajos del mundo audiovisual e internet, su verdadera pasión. Incluso nos confió que había pasado alguna temporada en el paro intentando sacar adelante proyectos que le reportaban mayor satisfacción personal, en una época en la que existía trabajo y el paro no significaba más que un pequeño suspiro. Actualmente sus esfuerzos se centran, principalmente, en pequeños proyectos que la mantienen ocupada tanto en Embed, una empresa de audiovisual integrado que intenta tratar temas audiovisualmente de espacios que no se cubren hoy en día y A Navalla Suíza, uno de los que ella cree sus mayores logros. Además, se encuentran finalizando una aplicación móvil que podría revolucionar el mundo del cine, y es que uno mismo podría pedir a su cine más cercano la película que querría ver. ¿Quién se planteó un trabajo así al terminar Periodismo?
Hemos elegido para finalizar esta entrega de entrevistas con una persona que la mayoría de vosotros conoceréis, pero quizás no todos por este último proyecto que es el que realmente entra dentro del ámbito que abarca nuestro proyecto, Eloqüencia y Jorge Pan. Esta escuela totalmente singular en Galicia dedicada a la oratoria. Insistimos en la importancia que este factor tiene en nuestra profesión y que, por qué no, puede convertirse en una salida. Eloqüencia abrió sus puertas hace escasos meses para enseñar a hablar en público a personas de todas las edades. Se encuentra en su fase de nacimiento, pero los resultados están siendo más que aparentes. Una vez más es imposible compartiros en estos posts todo el contenido de relevancia que albergan estas entrevistas, pero en este caso queremos compartir una parte de ella con vosotros en vídeo para que viváis más en primera persona el seguimiento que estamos realizando.
Próximamente podréis ir viendo en nuestros post individuales nuestro avance en nuevos ámbitos. Medios comunitarios, especialización científica y moda son algunos de los temas que trataremos en la próxima semana.
143 A00
Bassalto! (Baile Assalto na Gentalha!)
Os bailes Assalto que teñen lugar na Gentalha do Pichel os segundos venres de todos meses, están organizados pola organización coa que estamos a traballar nesta materia: aCentral Folque. O proxecto xurdía, fai xa uns meses, co obxectivo principal de tender pontes cara outras culturas irmás a través da danza e da música popular, dándoas a coñecer, deste xeito, aos veciños e veciñas de Compostela. O pasado venres, probamos a ir, e non decepcionou. Bailamos durante varias horas ao son de músicas bonitas e alegres. Aprendemos, tamén, costumes doutros pobos.
Desfrutamos tanto que non dubidamos da nosa presencia no próximo Assalto. As danzas tradicionais bretonas non se caracterizan pola excesiva expresión corporal, porén pegados os uns aos outros, movéndonos a pasos pequenos e suaves, pasámolo en grande. Acompañadas da Tanda bretona e da Tanda Variété gozamos ao ritmo da boa música tradicional europea.
Aquilo parecía unha gran familia bailando. A pesares de non coñecérmonos de nada, o trato era familiar e próximo. As parellas mesturábanse e cambiaban continuamente seguindo o ritmo da música. Os organizadores, a xente de aCentral, tamén se animaron e uníronse ao baile. Comprobamos á perfección como a música é elemento cohesionador dunha comunidade, como propicia a relación e o diálogo entre as persoas.
A experiencia foi inmellorable. De feito, os Assaltos na Gentalha non deixan de aumentar o seu público mes tras mes. Nós, polo menos, repetimos seguro!
Titorizado 5A 142.A00
Itínera como comunidade
Itínera é unha comunidade, unha familia. O seu eixo de comunicación radica nun común: o seren persoas que padecen enfermidades mentais. Onde máis puidemos apreciar ese vínculo, esa comunidade, é no taller de habilidades sociais. Nesta actividade, que a levan exclusivamente as mozas voluntarias da asociación, o fin é a socialización entre usuarios e voluntarios. Búscase participar, comunicar, axudar, integrar. Búscase fomentar o proceso básico relacional. Aínda que existen dous horarios, un de mañá e outro de tarde, os exercicios que se realizan no taller son os mesmos, iso si, cambian cada luns.
O primeiro exercicio, que sempre é o mesmo, consiste en bailar e exercitar os músculos facendo unha serie de estiramentos ao son da música. Pero, para demostrar que cada un ten un gusto musical diferente e que debe ser respectado e aceptado, cada usuario propón cada luns unha canción que marcará o ritmo do quentamento. Destacar que non todos se animan a pórse de pé e estirar ou bailar. Moitos alegan que simplemente van seguir a letra da canción, que veñen cansados do hospital de Conxo ou que lles doe algunha extremidade. Isto pasa máis frecuentemente na sesión da tarde, tal e como o comprobamos e tal e como nolo afirmou Fátima, unha das voluntarias encargadas do taller de habilidades sociais. A duración desta tarefa depende da canción, pero non acostuma superar os 4-5 minutos.
Unha vez entrados en calor e un tanto relaxados, dáse paso a seguinte actividade: un xogo. Este varía cada semana, pero a fin é sempre descubrir algo, en resumidas contas, facer pensar. Un dos xogos nos que estivemos presentes foi o de mímica: os usuarios e voluntarios tentaban adiviñar o que outro dos seus compañeiros tentaba representar facendo xestos e formas cas mans. Quen acertara, saía a representar outro obxecto ou acción. Ao principio a meirande parte deles non se atrevían a responder por vergoña, ou simplemente por negativa propia. Sen embargo, a medida que o xogo ía avanzado, entre risas e bromas, os máis reticentes comezaban a animarse a participar. De feito, ninguén quedou sen saír. Así, as voluntarias lograban establecer unha comunicación entre elas e os propios usuarios acadando un marco de certa confianza.
Tras esta actividade, que pode durar en torno a 10-25 minutos, chega a parte máis complicada: a de reflexión sobre aspectos persoais. Coma a anterior, esta actividade tamén varía segundo o día, pero o obxectivo e axudar aos usuarios a controlar os seus impulsos e educación, máis a resolver os seus problemas por eles mesmos e sen recorrer á agresividade ou ao mal xenio. Por exemplo, a última actividade desta temática que fixeron consistía en falar por parellas, con calquera persoa da sala, sobre un problema que a persoa non sabía como solucionar. A súa parella debía propor unha solución ou, cando menos, aconsellar algo. E viceversa. Deste xeito creábase un vínculo comunicativo entre as dúas persoas, establecíase así unha lixeira relación de confianza entre ambas. A fin era demostrar como calquera problema pode ter solución e, as veces, a opinión doutra persoa pode ser de axuda. Sempre, esta segunda actividade, pretende ensinar unha lección moral.
Aínda que acudimos a todas as actividades posibles, finalmente decantámonos por este taller ao decatarnos de que é a actividade na que máis presente se ten a comunidade e a comunicación.
Titorizado 4a 142.EOO