Bassalto! (Baile Assalto na Gentalha!)
Os bailes Assalto que teñen lugar na Gentalha do Pichel os segundos venres de todos meses, están organizados pola organización coa que estamos a traballar nesta materia: aCentral Folque. O proxecto xurdía, fai xa uns meses, co obxectivo principal de tender pontes cara outras culturas irmás a través da danza e da música popular, dándoas a coñecer, deste xeito, aos veciños e veciñas de Compostela. O pasado venres, probamos a ir, e non decepcionou. Bailamos durante varias horas ao son de músicas bonitas e alegres. Aprendemos, tamén, costumes doutros pobos.
Desfrutamos tanto que non dubidamos da nosa presencia no próximo Assalto. As danzas tradicionais bretonas non se caracterizan pola excesiva expresión corporal, porén pegados os uns aos outros, movéndonos a pasos pequenos e suaves, pasámolo en grande. Acompañadas da Tanda bretona e da Tanda Variété gozamos ao ritmo da boa música tradicional europea.
Aquilo parecía unha gran familia bailando. A pesares de non coñecérmonos de nada, o trato era familiar e próximo. As parellas mesturábanse e cambiaban continuamente seguindo o ritmo da música. Os organizadores, a xente de aCentral, tamén se animaron e uníronse ao baile. Comprobamos á perfección como a música é elemento cohesionador dunha comunidade, como propicia a relación e o diálogo entre as persoas.
A experiencia foi inmellorable. De feito, os Assaltos na Gentalha non deixan de aumentar o seu público mes tras mes. Nós, polo menos, repetimos seguro!
Titorizado 5A 142.A00
Posted on 21 Marzo, 2014, in Posts grupais and tagged 142 A02, 142 A05, 142.A00, 142.A01, 142.A03, 142.A04, aCentral Folque, Baile Assalto, Melle Goyanes, Orge Fernández, Pardo Abuín, Pardo Crego, Pedrosa París, post grupal. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0