Itínera como comunidade

Itínera é unha comunidade, unha familia. O seu eixo de comunicación radica nun común: o seren persoas que padecen enfermidades mentais. Onde máis puidemos apreciar ese vínculo, esa comunidade, é no taller de habilidades sociais. Nesta actividade, que a levan exclusivamente as mozas voluntarias da asociación, o fin é a socialización entre usuarios e voluntarios. Búscase participar, comunicar, axudar, integrar. Búscase fomentar o proceso básico relacional. Aínda que existen dous horarios, un de mañá e outro de tarde, os exercicios que se realizan no taller son os mesmos, iso si, cambian cada luns.

Sala onde teñen lugar as actividades do taller de habilidades sociais.

Sala onde teñen lugar as actividades do taller de habilidades sociais.

O primeiro exercicio, que sempre é o mesmo, consiste en bailar e exercitar os músculos facendo unha serie de estiramentos ao son da música. Pero, para demostrar que cada un ten un gusto musical diferente e que debe ser respectado e aceptado, cada usuario propón cada luns unha canción que marcará o ritmo do quentamento.  Destacar que non todos se animan a pórse de pé e estirar ou bailar. Moitos alegan que simplemente van seguir a letra da canción, que veñen cansados do hospital de Conxo ou que lles doe algunha extremidade. Isto pasa máis frecuentemente na sesión da tarde, tal e como o comprobamos e tal e como nolo afirmou Fátima, unha das voluntarias encargadas do taller de habilidades sociais. A duración desta tarefa depende da canción, pero non acostuma superar os 4-5 minutos.

Unha vez entrados en calor e un tanto relaxados, dáse paso a seguinte actividade: un xogo. Este varía cada semana, pero a fin é sempre descubrir algo, en resumidas contas, facer pensar. Un dos xogos nos que estivemos presentes foi o de mímica: os usuarios e voluntarios tentaban adiviñar o que outro dos seus compañeiros tentaba representar facendo xestos e formas cas mans. Quen acertara, saía a representar outro obxecto ou acción. Ao principio a meirande parte deles non se atrevían a responder por vergoña, ou simplemente por negativa propia. Sen embargo, a medida que o xogo ía avanzado, entre risas e bromas, os máis reticentes comezaban a animarse a participar. De feito, ninguén quedou sen saír. Así, as voluntarias lograban establecer unha comunicación entre elas e os propios usuarios acadando un marco de certa confianza.

Tras esta actividade, que pode durar en torno a 10-25 minutos, chega a parte máis complicada: a de reflexión sobre aspectos persoais. Coma a anterior, esta actividade tamén varía segundo o día, pero o obxectivo e axudar aos usuarios a controlar os seus impulsos e educación, máis a resolver os seus problemas por eles mesmos e sen recorrer á agresividade ou ao mal xenio. Por exemplo, a última actividade desta temática que fixeron consistía en falar por parellas, con calquera persoa da sala, sobre un problema que a persoa non sabía como solucionar. A súa parella debía propor unha solución ou, cando menos, aconsellar algo. E viceversa. Deste xeito creábase un vínculo comunicativo entre as dúas persoas, establecíase así unha lixeira relación de confianza entre ambas. A fin era demostrar como calquera problema pode ter solución e, as veces, a opinión doutra persoa pode ser de axuda. Sempre, esta segunda actividade, pretende ensinar unha lección moral.

Aínda que acudimos a todas as actividades posibles, finalmente decantámonos por este taller ao decatarnos de que é a actividade na que máis presente se ten a comunidade e a comunicación.

Titorizado 4a 142.EOO

Advertisements

Posted on 21 Marzo, 2014, in Posts grupais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Vexo moitas similitudes entre o noso traballo coa asociación Down Compostela e o voso con Itinera. Ambos os dous céntranse en observar as relacións que se crean en actividades do ámbito do ocio e tamén no favorecemento da integración destas persoas entre elas. Paréceme moi interesante a última actividade da que falades que alónxase un pouco do que se podería considerar ocio. Que lles axuden a resolver os seus problemas dunha forma autónoma sen recurrir a violencia e agresividade é fundamental para poder integrarse na sociedade e tamén para acadar unha mellor calidade de vida.

    Lamas Lamas, Estefanía 142.D03

    • Si porque algo que parece tan obvio como o rexeitamento da agresividade non lles resulta tan sinxelo a eles. Hai que pensar que moitos están nunha comunidade hospitalaria (debido á súa enfermidade) que eles non escolleron e na que non sempre se senten cómodos. Teñen un enfrontamento interno xa que saben que estar alí é bo para a súa saúde mais, pese a todo, desexarían estar fóra e sentirse máis libres.

      Titorizado 4a, 142.EOO

  2. Es realmente fascinante como un grupo de voluntarios y/o profesionales se dedican con tanto esfuerzo a ayudar a personas con algún tipo de problema para que se sientan iguales al resto, porque realmente lo son. Su problema es que muchas personas no llegan a comprender la complegidad de sus enfermedades y, tienden, a rechazarlos. En nuestro proyecto hemos tratado con Radio Prometea que intenta normalizar el hecho que haya personas que necesiten más ayuda y cómo hacerlo (lo hemos explicado en un post reciente de mi compañera). Son pequeños pasos que pueden hacernos mejorar mucho como sociedad y crear nuevos lazos de comunidades más grandes. La organizacion Radio Prometea es consciente del papel que juegan pero aún creen que hay demasiados prejucios en reconocer que alguien cercano está teniendo problemas y que, a veces, la gente que cree o dice que está mejor es quien tiene más problemas.

    Gonzàlez Daniel, Clara 142.F03 TIO

  3. La clave está en saber escuchar, en dar voz a todos los planos y no limitarnos a lo que la sociedad ha impuesto como “normal”. Porque… ¿qué es en realidad normal? No hay mujer normal, no hay hombre normal, no hay nada normal. Todos formamos parte de un todo único, del que excluyendo al de al lado ya te estás condenando a ti mismo a tu futura exclusión. Es un absurdo sí, pero por desgracia es un absurdo que nos acompañará durante mucho tiempo más.

    Titorizado 4a, 142.EOO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: