Maria Xesus Villaverde Salgueiro “Susi”, fundadora e socia nº 2 da peña Merlegos: “O motivo da creación da peña e que somos celtistas”

10150124_838617262819655_2109699267_n

 

Cales foron os motivos que incentivaron fundar esta peña?

O único motivo para a creación da peña foi que somos celtistas. Empezou Miguel, o dono do Bar e presidente da peña, e catro amigos máis e despois foi medrando pouco a pouco, até a actualidade.

O bar Merlegos é a sede da peña que leva o mesmo nome. Que foi antes, o bar ou a peña?

O bar xa existía de antes, era un bar do Celta de toda a vida, e de aí xurdiu a formación da peña co mesmo nome.

Que tradicións destacarías dos Merlegos?

Así por destacar, cada vez que se marca un gol ponse a rianxeira, ou tamén que antes dos partidos, cando os xogadores saltan ao campo, sona o himno do Celta no bar.

Algunha seña de identidade que sobresalte sobre o resto?

O Merleguiño.

Que gastos che supón a peña?

Manter a peña e fácil, pagas 100 euros a federación de peñas e xa está, o díficil é mantela activa. O que custa é realizar viaxes, participar en bengaleos ou facerlle recibimentos ao club. Ademais, supón un gran gasto sobre todo en tempo, xente como o tesoureiro ou o organizador das viaxes perden moito tempo do seu día a día. Non che dan nada, pero lévase mellor sabendo que representas a un equipo.

Como se organizaron os postos dentro da peña?

Organizouse a través dunha votación en asemblea.

Como funciona a organización do pago de cotas?

O principio de cada temporada, cada socio paga no bar a súa cota e despois os directivos ingresan esa cantidade no número de conta da peña.

Que actividades conxuntas realizades? Como as organizades? Participan outras peñas?

Entre os integrantes da asociación realizamos pachangas, ceas ou comidas, como a festa da Androlla en carnavais. Para levalas a cabo, falamos entres nós a través dun grupo de WhatsApp.

A parte con outras peñas tamén realizamos actividades, coma por exemplo a recollida de alimentos para o banco de Alimentos que se fixo no mes de Novembro conxuntamente coas Peñas do Milladoiro e Norte Celeste. Por outro lado, a veces lévase algunha pancarta ao campo, como sucedou cando saíu a sentenza do Prestige.

Con que peñas teñen boa relación?

As peñas coas que máis relación temos é Milladoiro, pola súa proximidade e Norte Celeste, xa que se xuntamos con eles para ir aos partidos. Ademáis tamén nos levamos moi ben con Carcamáns, da Illa de Arousa. Coñecémonos de vernos no seu bar en Vigo, no Movie, e a partir xurde unha relación que chega ata ir con eles nunha viaxe conxunta a San Sebastián.

Cambiando un pouco de tema, despois de tantos anos metida neste ambiente, podería dicirnos, que é para vostede o Celtismo?

Un sentimento, un enfoque da vida. Naceu con nós antes de ter o bar e agora xa solo podo entendelo como parte do bar. É unha parte da miña vida. Agora mesmo, non podo imaxinar o bar por un lado e o Celta polo outro.

Cree que ter un rival directo, coma o caso do Deportivo, fai que se sintan máis as cores dun equipo?

Creo que no, cada persoa é dun equipo ou doutro. Despois sendo dun equipo coma o Celta tes máis rivalidade co Deportivo, pero penso que iso é a posterior non anterior.

Xa para terminar, cal é relación que tedes coas peñas/afeccionados do Depor? Tivestes algún problema con eles?

Non existe ningunha relación con peñas do Deportivo nin cos seus afeccionados, nin tampouco tivemos problema algún con eles. Si temos presente os conflitos que sufriron os compañeiros de Norte Celeste en Coruña, pero con nos nunca houbo problema algún.

141 C00

Advertisements

Posted on 31 Marzo, 2014, in Canal BCP and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: