Unha ollada sobre estes meses con aCentral Folque

Os días previos á primeira xuntanza coa Central, as nosas expectativas eran moi dispares: algunhas esperabamos atoparnos con xente máis hippie, outras cun grupo vestido cos traxes tradicionais galegos. Ao involucrarnos na asociación, decatámonos de que os nosos “prexuízos” iniciais pouco tiñan que ver coa realidade. Nada de hipiolos con rastas, pendentes e bandeiras nacionalistas por doquier. Os rapaces da Central son traballadores como os de calquera outro negocio porque, e isto é algo que nos deixaron claro dende un principio, aCentral, máis alá de tódolos intereses pro-musica popular galega que poida ter, é unha empresa e, como tal, precisa dunha base económica sólida que os sosteña. Explicámonos: non traballan por amor á arte.

Isto foi algo que nos chamou a atención ao comparalo con outras asociacións coas que están a traballar outros compañeiros. Por exemplo, no caso de Corcoesto, trátase dunha asociación veciñal que loita gratuitamente pola preservación do patrimonio natural galego; en Alcólicos Anónimos e Down Compostela non teñen ánimo de lucro (ninguén ten que pagar por recibir axuda).

Que non se malinterpreten as nosas palabras: é unha empresa, pero ao longo dos anos tamén conseguiron formar unha comunidade cuns lazos fortes e cun interese ou preferencia clara:  a música popular galega.

escola-livre

Ao final, cremos que do que se tratou foi da fusión de dúas comunidades: a que nós, como compañeiras co obxectivo en común de sacar a materia adiante conseguimos crear; e a que eles conforman. Neste proceso, atopámonos con obstáculos (fallos na comunicación) e éxitos (Bassalto! e a Escola Livre), con niveis de acceso e límites (imposibilidade de acceder a algunhas aulas por petición dos profesores) que nos axudaron a comprender mellor tódalas fortalezas e debilidades que carrexa esta comunidade.

Estes meses con aCentral supuxeron a comprensión práctica da teoría da materia. A través da colaboración mutua, da asistencia a actividades organizadas por eles, fomos quen de artellar as chaves da materia: comprendemos as redes sociais, as súas características e o seu funcionamento. Tamén, nos levamos cousas alén da experiencia académica. Xa rematando o noso traballo coa Central é inevitable non fixarse nestes aspectos. Finalmente, aprendemos ben cousas, a todos os niveis.

Titorizado 5A 142.A00

Advertisements

Posted on 4 Abril, 2014, in Posts grupais and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Sí que es interesante lo de la empresa, pero es normal que se forjen lazos, ya que en un instituto por ejemplo pasa lo mismo y mucho más en actividades extraescolares y en grupos reducidos.

    ¿Qué quiere decir que los profesores limitan el acceso a algunas aulas? ¿Es una cuestión puramente académica o pueden vetar a alguien por motivos ajenos?

    NEIRA CARBALLO, EVA 142.B03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: