A familia dos Merleguiños

IMG_1388

O primeiro sería dicir que é Merlegos Celestes? En definición simple e oficial, unha peña celtista en Santiago de Compostela. Pero é mellor dicir, como nos gusta a nós, que somos unha chea de xente cunha tara común. E das boas, en ámbos os dous sentidos. Porque xa é difícil xuntar a máis de cento cincuenta siareiros dun clube que xoga a cen kilómetros de distancia e ir a Balaídos cada partido ou ateigar o noso local cada vez que xogamos fóra.

Pero aínda que todos teñamos a mesma tara, entre cento e pico persoas cada un é de seu pai e de súa nai. Xa pasamos por moitas fases. A fase en que aínda somos poucos e todo está ben. A fase en que cada vez somos máis pero todo o mundo segue a estar dacordo en todo. A fase en que seguimos medrando en número e xa empeza a haber varias posturas sobre cada tema. E a fase en que sobre cada tema hai cento cincuenta opinións distintas e as asambleas son eternas e as discusións numerosas.

Pero non se me entenda mal, non digo isto con negatividade, todo o contrario é algo do que podemos presumir. Porque no pouco tempo que levamos embarcados nesta aventura tivemos que pasar por todas estas fases a grande velocidade, o que só engadiu máis dificultade á hora de xestionalas axeitadamente, e creo que soubemos facelo con éxito. Aínda que non estivo exento de altos e baixos e seguro que se podería facer mellor.

E ademáis as diferenzas nas reunións, nas asambleas, nas tomas de decisións, non impediron que xurdiran grandes amizades. Amizades que unen a xente da costa e da montaña, do norte e do sur, zurdos ou diestros, mozos ou non tan mozos. Que che levan por exemplo a acabar de festa cunha persoa que che dobra en idade e coa que non pensabas ter nada en común. Un grande premio que gañamos cando nos fixemos membros e que pola miña parte non esperaba nesta dimensión.

Por suposto non quero dar unha imaxe monolítica, na que todos somos os mellores amigos e todo é de cor rosa, nin moito menos, non é a realidade. Como en todo grupo grande, poderiamonos dividir en pequenos grupos de xente que teñen máis relación entre si que co resto. E entre uns grupos e outros houbo desacordos e grandes por suposto. Pero penso que se lle preguntaramos a calquera peñista, diría que gracias á peña fixo novas amizades e que co resto puido discutir e non estar dacordo, pero nunca tivo un problema con ningún e as súas ideas sempre foron respectadas. Quizáis esta é a nosa maior victoria ata o de agora e o noso maior reto de cara ao futuro da peña.

Supoño que ao final todo se pode resumir en que a clave está en recordar as cousas que nos unen e darlle prioridade sobre o que nos enfronta.

Pero claro, todo o dito ata o de agora é a opinión do que aquí escribe, se queredes podedes pasar pola sede e preguntar, seguro que atoparedes outras cento cincuenta opinións distintas que iran dende ten parte de razón a todo o que dixo é unha trapallada. E por suposto iso seguirá sen supoñer ningún problema.

Un merlego celeste,

Cesar Castro Cruz

 

Advertisements

Posted on 16 Abril, 2014, in Posts grupais and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: