Memoria final

MEMORIA FINAL
BCP 2013/2014

BÚA DEL RÍO, SILVIA. BCP 101
GARCÍA GUILLÍN, NURIA. BCP 102
GÓMEZ SAL, LUCAS. BCP 203
OCHOA GARCÍA, DIEGO. BCP 204
PÉREZ FRAGA, PAULA. BCP 205
PICALLO DOCE, IRENE. BCP 306
RODRÍGUEZ VARELA, CARLA. BCP 307

PARTE GRUPAL

1.- Organización do Blog.
1.1.- Obxectivos e resultados conseguidos. Utilidades, coñecementos previos e Innovacións para os Usuarios.
O obxectivo principal para o grupo BCP era o de coordinar a toda unha clase, formada ademais polos nosos propios compañeiros. Facerse respetar, insistir para que fixeran o seu traballo, ter unha comunicación interna fluida e continuada eran as complicacións máis salientables. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos. Non sempre se traballa con grupos 100% eficientes, pero a capacidade de xestión e mando serve para resolver moitas situacións de dificultade.
Como novidade e mellora. O grupo BCP 2013-2014 trouxemos unha comunicación interna mellorada. Empregamos as redes sociais para a comunicación, realizamos debates entre os distintos grupos nos que traían os seus temas ao encontro e iso axudou a unha involucración final mellorada.
1.2.- Fases da organización da ferramenta. Evolución e adquisición de competencias dos membros do blogue (equipo e usuarios).
Poderíase resumir este apartado en tres apartados ou fases ben diferenciadas:
1.- Oscuridade absoluta. As dúas primeiras semanas foron as peores para os sete membros do BCP. Atoparse cunha asignatura de cuxo contido non sabiamos nada, co reto de coordinar a toda unha clase e un blogue do que non coñeciamos nin o nome, foi unha dura montaña que escalar.
2.- Acendemos as luces. Unha vez divididas as tarefas, compostos os nosos calendarios e tras o primeiro contato cos nosos grupos, a roda comezaba a xirar. Había falta de empurróns polo camiño, pero tras ir esquivando obstáculo a obstáculo, acadamos unha coherencia tanto a nivel estilístico coma de comprensión e unión do grupo.
3.- A luz á fin do túnel. A mágoa é que fora tan tarde, pero podemos dicir que as últimas semanas foron de un traballo de equipo nunca visto ata o de agora. Tanto internamente no BCP coma cos nosos respectivos grupos. Mesmo había loitas por conseguir conferencias para os nosos grupos.
1.3.- Comunicación: entre os membros do grupo; entre o equipo e os usuarios. Dispositivos e efectividade.
Desde o primeiro momento a comunicación foi eficaz entre todos os grupos e os seus coordinadores. As vías polas que contactabamos eran Facebook, o email e Whatsapp. Algunhas veces esquecíanse das mensaxes e non repostaban. Pero en xeral, houbo boa comunicación.
1.4.- Evolución do deseño. Estética, Accesibilidade e Visibilización.
A primeira modificación importante foi o cambio de tema. Eliximos entre todos as posibilidades aquela que semellaba máis didáctica e ofrecía todas as opcións de visualización. Por exemplo un dos problemas máis comúns era que en determinados temas desaparecían as opcións de ver as etiquetas ou os comentarios de cada post directamente. Logo modificouse o menú, facéndoo máis accesible e cómo para todos. Ó longo das semanas desapareceron submenús e creáronse outros, sempre acorde coas circunstancias. Tamén fíxose o mesmo cos widgets e demais opcións de visibilización.
1.5.-Coordenación: detallar itinerario segundo reportes semanais (datar): contrastación entre o equipo. Hábitos dos usuarios na publicación. Viabilidade e Participación e mudanzas propostas desde os usuarios: adecuación e resultados.
Houbo varios traballos para os que levamos diferentes itinerarios ao longo do curso:
– Para o calendario de post e comentarios sobre o estudo os responsables do BCP iamos lendo os post e mirando que os compañeiros comentaban para despois enviarlle os venres o control ao profesor. Por parte dos usuarios ao principio, habia moitas preguntas, problemas de estilo e incluso coas claves. Conforme foi pasando o tempo, xa se tiña a dinámica collida e non había problema na maioria dos casos.
– Para as lecturas seguimos o calendario das reunións nas que cada responsable do BCP era o encargado de moderar o debate e redactar a memoria da reunión. Nestes debates, os compañeiros involucráronse e cremos que sairon ideas bastante interesantes. Tamén houbo de todo. Xente que acudiu e xente que non o fixo pero en xeral a percepción que temos é boa.
En cuanto ás mudanzas, propoñemos que os calendarios deberían ser máis flexibles. Iso faría que cada un comentase ou lese os temas que lle parecen interesantes e incluso os post poderían ter unha maior calidade. Tamén propoñemos que os temas de horarios extraescolares como as reunións dos debates do mes de marzo deberían ser avisados con máis adiantación.
2.- Test (estratexias).
2.1.- Labores de planeamento. Temporalizacións e grao de cumprimento. Cronogramas e flexibilización. Avaliación dos usuarios e resultados.
Todos os calendarios que fixamos cumplímolos. O 28 de febreiro cando non se puideron entregar máis lecturas o cumplimos sen ser flexibles, os post ou comentarios cando non se facían deixábamos facelos pero puxémolo nos controis, todas as reunións das lecturas foron o día e á hora que marcaba o calendario e as memorias, as conferencias e o estudo tamén. En xeral, cremos que un dos nosos obxectivos era lograr que se nos fixera caso e conseguímolo.
2.2.- Labores de servizo en eventos, conferencias e exposicións. Promoción e publicitación temática e extracurricular. Resultados e avaliación.
Se realizaron tres conferencias, unha asociación de cada seminario, e os responsables do BCP estivemos alí para levar a cabo a recollida, montaxe e gravación de cada unha das charlas e ao finalizar levamos o equipo aos técnicos. Fixemos a comprobación da cámara e dos micros. Tamén nos encargamos de avisar a xente cando había clases obligatorias.
2.3.- Xestión de materiais: a) materiais do blog utilizados (apuntamentos, libros,…); b) materiais recabados desde os grupos de traballo (detalle): usos. (comentar ó detalle). Avaliación e resultados.
Os materiais que empregamos foron destinados ás reunións dos libros e películas, así como aos informes e para axudar ós compañeiros con cuestións do blogue.
No que se refire aos apuntamentos non os tivemos que empregar para axudar a ningún dos nosos grupos. O material que manexamos foron precisamente as entradas dos nosos compañeiros tanto grupais como individuais, a memoria explicativa da asignatura mandada ao principio do curso e algúns libros e recursos na rede virtual para a elaboración de post e para ás reunións sobre as lecturas e películas. Tivemos bastantes recursos ao noso alcance para cumprir a nosa función. Así que, neste senso, non houbo ningunha complicación e o balance é positivo.
2.4.- Labores de externalización. Procesos, avaliación e resultados:
a) asociacións e institucións colaboradoras
En canto ás asociacións, estas estriban tematicamente entre peñas deportivas, asociacións contra o racismo, alcohólicos anónimos, síndrome de down, seminarios, proxectos como “la educación prohibida” ou “escola livre” e itínera.
No tocante ás institucións colaboradoras destacamos a personalidades coma Jorge Prieto (presidente del Comité de Empresa de Navantia, Ignacio Naveiras (portavoz del Comité de Empresa de Navantia Ferrol), Vicente Vidal (delegado comarcal del metal).
b) medios colaboradores
Dentro deste eido podemos incluir a numerosas colaboracións de xornalistas, voceiros de múltiples medios de comunicación. Figuras como a da xornalista Beatriz Couce, Xurxo Salgado, María Paredes ou Raúl Salgado.
c) enlaces
A externalización dos temas de cada grupo con outros é unha das materias pendentes dentro das comunidades.
d) comunidades educativas e alumnos estranxeiros
Contamos coa compañía de alumnos estranxeiros algúns grupos, os cales se puideron nutrir das comunidades establecidas neste proxecto de blog.
e) publicacións externas no blog. (comentar ó detalle).
Contouse coa colaboración de entrevistados nalgúns posts, como é o caso de Jorge Pan no grupo de saídas do xornalismo ou o grupo Marusía.
2.5.- Relacións co docente. Valoración. Apoio do equipo á docencia. Avaliación e resultados.
Tan só fai falla revisar a bandexa de entrada dos nosos correos electrónicos para dar conta de que o profesor, cando menos, estivo en todo momento preocupado polo noso traballo e en constante comunicación. Outra cousa é que ás veces sentimos que o docente non estaba implicado na axuda aos nosos grupos aos que coordinabamos. É certo que en certos momentos chegamos a pensar que estabamos realizando algunha labor que non nos correspondía a nós senón ao propio docente, mais tamén é certo que isto nos permitiu aprender a desenvolvernos para comunicarlle as cousas aos diferentes grupos e xestionar mellor o noso tempo e os nosos recursos.
En resumo, cremos que realizamos unha labor que en algúns casos debería corresponder ao docente (realización de calendarios, comunicación cos grupos…). Polo resto, e aínda así, cremos que nos comprenetamos ben para levar a asignatura a bo fin e sen problemas.
3.- Percepción xeral e proposta de melloras para o blog.
Cremos que o blogue é un espazo de encontro moi bo para os estudantes dunha materia coma esta e que debe continuar realizando esta labor. Ao longo do curso fomos modificando certos elementos do mesmo, comezando polo deseño e continuando pola organización de categorías e adecuación aos traballos que eran modificados con respecto ao ano anterior. Ao noso parecer todas estas melloras realizadas foron notables.
Propoñemos aínda así, e dende o noso coñecemento, que a labor que realiza o blogue pódese ver cualitativamente incrementada se o mesmo fose máis dinámico. Cremos que iso sucederá na medida en que se flexibilicen en certa medida as datas de publicacións de posts e comentarios. É certo que isto dificultaría a revisión dos contidos, mais seguro que facía que os alumnos se metesen máis no seu papel de alumnos. Tamén cremos que quizais se debería ter explicado mellor na primeira clase a función do blogue e o seu modo de traballo, así como o enfoque que se le debe dar dende cada perspectiva dos diferentes traballos. Se estas dúas cousas trocan un pouco, o traballo será ideal.

PARTE INDIVIDUAL

BÚA DEL RÍO, SILVIA BCP 101
A. Aproveitamento individual do traballo. Orientación.
Ao comezar o curso, sentía que estaba a ser unha mensaxeira. ¿Para qué necesita este profesor sete persoas se só ten que explicar como funciona o blogue e xa está? A medida que pasaron os días, e fomos incorporando lecturas, localizadores, calendarios, problemas de estilo… Comprendín que o BCP era necesario xa que tiñamos que acostumarnos a unha nova e complexa estrutura de traballo. Despois de catro meses, podo dicir que aprendin cousas como coordinar e ir ensinando aos meus compañeiros a ir mellorando e avanzando na publicación e contidos da materia, a comentar os aspectos negativos do traballo dos compañeiros dunha maneira obxectiva (concretamente, isto, ó principio, era o que peor levaba de formar parte deste grupo) e incluso, puiden traballar con compañeiros cos que non tiña relación.
B. Propostas de mellora na abordaxe da organización grupal por parte do aluno.
Recordo, que nas primeiras semanas, ningún sabiamos cómo organizar nin calendarios, nin o blogue, nin sabiamos qué era un localizador e para qué servía. Creo que esta materia está organizada dunha forma diferente polo que, debería haber unha reunión inicial na que se explicara ao BCP todas as funcións que van facer durante o curso e sen posteriores cambios. Creo que é moito máis doado unha explicación ao principio que ir mirando a guía e enterándose por correos das nosas funcións.
C. Actividades individuais a maiores realizadas no traballo.
Intentei que os grupos 141 A00 e 141 B00, comprenderan o mecanismo e foran mellorando o máis rapido posible xa que era a encargada de coordinalos. Moderei os tres debates das lecturas que me correspondían e tamén mirei que os post referidos a esas lecturas estivesen correctos dende o punto de vista do estilo. Dentro do BCP, fixen os calendarios de post e comentarios xunto con Carla, cambiei os localizadores que presentamos ata que foron válidos e fixen os calendarios da entrega de memorias. Estes días, estamos axudando a gravar as conferencias e recoller o material necesario previamente.
D. Confirmación de asistencia de apoio no 2º cadrimestre do curso 2013-2014: como aportar?
Eu vou cursar terceiro en Santiago así que confirmo a miña asistencia para servir de apoio aos novos membros do BCP (tanto en persoa como por redes sociais) no intercambio de documentos, claves do blogue…

GARCÍA GUILLÍN, NURIA. BCP 102
A. Aproveitamento individual do traballo. Orientación.
A labor realizada nesta asignatura é completamente distinta a esperada. A solicitude de alumnos que colaborase na xestión dun blogue por parte do profesor, mesmo antes de ter acabado o primeiro cuatrimestre, foi totalmente sorprendente. A miña impresión foi a dun traballo mecánico de pouca relación coa comunicación interpersoal ou coa comunicación en xeral. Mais pronto me decatei de que se trataba de todo o contrario.
Mediante a convivencia cos dous grupos que me tocou coordinar, comprendín que se trataba dunha rede interna formada por eles e por min. Ademais de levar o control das súas publicacións, preguntábanme aquelas cousas que non acababan de entender na aula. Fun asistindo a un progresivo melloramento das súas publicacións, unha mellora que se debía a unha mellor comprensión da dinámica da asignatura, pero tamén da súa mellor compenetración coa asociación ou tema. Isto viuse reflexado nas súas aportacións ao canal BCP e as súas constantes solicitudes para traer a firmas convidadas ou realizar conferencias. Formáramos por fin unha comunidade.
B. Propostas de mellora na abordaxe da organización grupal por parte do aluno.
Dende o meu punto de vista a axuda inicial por parte do alumnado do ano pasado é esencial. A súa axuda constante durante o curso tamén foi de agradecer, pero as primeiras semanas non sabiamos nada da asignatura nin do que nos tocaba levar a cabo. Os correos de Álvaro Alonso, ou as reunións cos rapaces do BCP do ano pasado, servíronnos para comprender un pouco mellor a nosa labor. De todas formas, sempre é mellorable. Custounos moito adaptarnos e comprender de que se trataba a asignatura. Nese tempo poderíamos ter conseguido mellores resultados cos nosos grupos. Por iso, penso que máis que unha guía para o alumnado, son precisas máis reunións con outros alumnos, ou co propio profesor, onde se explique de maneira clara e concisa que hai que facer co blogue.
C. Actividades individuais a maiores realizadas no traballo.
A miña labor, ademais de organizar os grupos 141COO e 141DOO foi a de poñer en conxunto ós membros do BCP. Mediante varios grupos conxuntos en varias redes sociais, encargueime de dividir as tarefas e asegurarme da súa realización. Tamén colaborei con Paula no diseño do blogue. Na gravación das conferencias ofrecidas a final de curso, da mediación de tres das lecturas obrigatorias e da elaboración dos organigramas iniciais.
D. Confirmación de asistencia de apoio no 2º cadrimestre do curso 2013-2014: como aportar?
A miña dispoñibilidade segue sendo a mesma. Non sei se para o ano estarei aquí, pero sexa dende onde sexa estaría disposta a solventar as dúbidas que foran precisas os novos membros do BCP de igual xeito que este ano o fixo Álvaro Alonso. A miña colaboración sería a través de arquivos e organigramas que fomos formando a principio de curso e que lles facilitarán as claves para entrar no blogue. Explicacións da estrutura do curso, etc.

GÓMEZ SAL, LUCAS. BCP 203
A. Aproveitamento individual do traballo. Orientación.
Sendo completamente sincero, nun primeiro momento, cando fun escollido para a participación no grupo de xestión do blogue, pensei que quizais sería un traballo demasiado sucio (ter que andar molestando e dicindo os erros de tódolos compañeiros de clase…) e que, ademais, me quitaba a oportunidade de realizar un traballo de colaboración con asociacións que, a priori, parecía bastante interesante e innovador dentro das materias da carreira.
Co paso do tempo, cando menos desapareceu o primeiro temor. Creo que o feito de saber criticar construtivamente aos compañeiros é importante para calquera profesional, e máis no sector social do xornalismo no que queremos estar. Está claro que non sempre foi tan fácil: en parte grazas a algúns compeiros demasiado despistados e en parte debido quizais á non-tan-interactiva labor do blogue nalgunhas ocasións. De todos xeitos creo que o ter que revisar, falar e estar en constante contacto cos grupos que realizaban traballos fixo que aprendese algo, tanto do funcionamento e sentimentos/ideias encontradas dentro de cada asociación e grupos de traballo como de comunicación entre eles e con eles. Cada grupo e cada persoa é diferente, e eu creo que levei bastante ben o de comunicar pacífica e criticamente aos grupos que eu xestionaba.
Ao principio o traballo foi difícil de adaptación para algúns membros, pero creo que dende o BCP fomos solucionando todo bastante ben coa cooperación de todos. En resumo, non me arrepinto de ter realizado esta labor de xestión; seguramente ata aprendín algo (tamén a estar atento ao correo 24h e a realizar papeleos de seguimentos e resumos para o sempre atento Marcelo).
B. Propostas de mellora na abordaxe da organización grupal por parte do alumno.
Creo que o blogue estaría máis seguido polo alumnado se non tivese unha estrutura/calendarios de publicación tan axustados e estritos. Quero dicir: se cadra estaría ben que cada grupo tovese que publicar un post común-grupal cada semana e a partires de aí que os individuos particulares comentasen e se fomentase debate. A involucración dos alumnos é a clave ao final e creo que non se conseguiu en tódolos casos.
C. Actividades individuais a maiores realizadas no traballo. Ademais de coordinar aos meus grupos, fun o Community Manager do BCP comentando todo o que ía habendo que facer no grupo de Facebook que temos da clase conxunta. Tamén axudei nalgúns momentos de diseño do blogue.
D. Confirmación de asistencia de apoio no 2º cadrimestre do curso 2014-2015: como aportar? Eu estarei na Argentina disfrutando dun convenio bilateral, mais dende onde sexa estou disposto a botar unha man a través das redes para que os novos alumnos comprendan como vai isto.

OCHOA GARCÍA, DIEGO BCP 204
A. Aproveitamento individual do traballo. Orientación.
Básicamente fixemos o traballo de profesor: establecer unhas fechas de entrega, correxir e servir de exemplo aos nosos compañeros, axudar coas dúbidas… Non sei se aprendín moito sobre coordinar grupos, o que sei é que xa é díficil controlar a nove persoas como para ter que controlar a 70, e fai falta ter esa xente cando hai tantos problemas para usar o blog. Ao fin e ao cabo, son un par de semanas para organizar a materia e dar as pautas a seguir, despois era só estar atentos a que a xente fixera o seu traballo, e ahí e onde estaba a clave: establecer unha relación cos meus grupos, facer un seguimento do seu traballo e intentar que cada semana foran mellorando as súas publicacións.
B. Propostas de mellora na abordaxe da organización grupal por parte do aluno.
Podo asegurar que as primeiras semanas todos os grupos andaban a preguntar ao BCP en que consistía o traballo coas asociacións e que tiñan que publicar nos posts. O problema é que nós tampouco o sabiamos, e penso que é porque non estaba demasiado ben explicado. Tamén penso que son demasiadas publicacións, me explico. É certo que cada persoa publicaba un post cada dúas semanas, que non é nada, pero moitas veces non sabían nin que poñer. Outro problema disto é que ao haber tantas publicacións, case todas quedan olvidadas, e elimina posibilidades de interlocución entre os grupos.
C. Actividades individuais a maiores realizadas no traballo.
A maiores de coordinar os meus grupos e levar as miñas lecturas encargueime do Twitter.
D. Confirmación de asistencia de apoio no 2º cadrimestre do curso 2014-2015: como aportar?
Creo que son dos poucos que andara por aquí, así que se fai falta boto unha man. Prefiro en persoa que nunca estivera tan atento ao correo como este cuatrimestre.

PÉREZ FRAGA, PAULA BCP 205
A. Aproveitamento individual do traballo. Orientación.
Ó principio sentía que os encargados do blogue estábamos a facer o traballo do profesor. Coordinar, resolver dúbidas (sobre todo resolver dúbidas), revisar o traballo dos alumnos… Servir de orientación xeral da sinatura parecíame máis propio dun becario que dunha alumna.
Pero co paso das semanas decateime de que eu tamén estaba aprendendo con esta dinámica. Persoalmente aprendín a buscarme a vida para responder as preguntas dos meus compañeiros, ademais de tomar decisións que influirían no comportamento doutros. Tamén serviume para aprender a manter a calma en situacións de descontrol e para traballar con persoas coas que nunca coincido.
B. Propostas de mellora na abordaxe da organización grupal por parte do aluno.
Nas primeiras semanas todos andábamos bastante perdidos, e a miña impresión é que entendimos a dinámica da sinatura estas últimas semanas. Poderíase facer dunha forma diferente para que o blogue funcionase dunha maneira eficiente dende o primeiro momento. Por exemplo, ditando ben as indicacións e non cambialas. Así todo sería máis sinxelo e poderíamos sacar máis proveito da sinatura.
C. Actividades individuais a maiores realizadas no traballo.
Ademais de coordinar ós meus grupos (un dos cales debería contar como dous porque cada día preguntábanme novas dúbidas), modifiquei a apariencia, por exemplo ao elexir Nuria e eu o tema do blogue. Tamén encargueime da creación da biblioteca ou da instauración das firmas convidadas.
D. Confirmación de asistencia de apoio no 2º cadrimestre do curso 2013-2014: como aportar?
No curso 2014-2015 o máis posible é que non estea en Compostela, pero evidentemente estarei dispoñible por correo, Facebook e estas cousas.

PICALLO DOCE, IRENE. BCP 206
A. Aproveitamento individual do traballo. Orientación.
No caso dos meus grupos, creo que lles servín principalmente para orientalos temáticamente e estilísticamente nos post individuais e grupais. Ao principio non tiñan demasiado claro o xeito de facer os post das lecturas e tampouco relacionaban demasiado ben os post individuais coas fontes externas ou entre os post dos seus compañeiros. Pero pouco a pouco foron mellorando neste senso e no estilo (fontes, fotos, etiquetas, títulos…) Houbo boa comunicación en xeral. Eu creo que fixeron un bo traballo e iso vese reflectido na calidade dalgúns post. Os temas elixidos motivaron a ambos os dous grupos e por iso apréciase no contido o esforzo.
B. Propostas de mellora na abordaxe da organización grupal por parte do alumno.
Deixar claro desde o principio do cuadrimestre o ten que facer exactamente o grupo en cada caso. Describilo con maior exactitude na memoria explicativa. Porque ao principio de todo tivemos moitas complicacións á hora de entendernos os alumnos do BCP co profesor.
C. Actividades individuais a maiores realizadas no traballo.
O grupo da asociación Marusía publicou no blogue un post dunha firma convidada.
D. Confirmación de asistencia de apoio no 2º cadrimestre do curso 2013-2014: Como aportar?
O próximo curso estarei dispoñible na época sinalada.
O importante para comentar ós vindeiros compañeiros da asignatura é un pouco en xeral en que consiste a labor, e compartir algúns documentos que lles sirvan de referencia.

RODRÍGUEZ VARELA, CARLA BCP307
A. Aproveitamento individual do traballo. Orientación.
Cos grupos cos que tiven a oportunidade de traballar, a miña labor reduciuse a simple orientación estilística e de libro de estilo. A relación entre os post individuais e os grupais non quedaba demasiado clara nun principio. Ademáis os avisos por non publicación non facilitaron para nada a organización e coordinación de ámbolos dous grupos. Cómpre dicir que a finalmente fructífera comunicación cos dous grupos, serviu de experiencia e práctica cara un tipo de comunicación organizacional ou de gabinetes na que persoalmente estou tremendamente interesada. Os grupos en xeral responderon bastante ben e iso enriqueceu o traballo de control interno.
B. Propostas de mellora na abordaxe da organización grupal por parte do alumno.
Estipular por parte do docente que é o que quere dende un principio e así evitar perdelo tempo inutilmente en calendarios e programas de publicacións que erróneos. Moitas veces nin nós nin o docente sabía responder a algunhas dúbidas técnicas co blog, o cal nos sitúa nunha encrucixada cos nosos compañeiros.
C. Actividades individuais a maiores realizadas no traballo.
Ademáis da coordinación e control dos meus grupos encargueime xunto con Silvia dos calendarios de publicacións.
D. Confirmación de asistencia de apoio no 2º cadrimestre do curso 2013-2014: como aportar?
O próximo curso estarei en Bolonia de erasmus polo que a miña colaboración e apoio cara o vindeiro ano será imposible. Aínda así, podo facilitar documentos ou calendarios que lles sirvan de referencia aos alumnos do vindeiro curso.

Advertisements

Posted on 6 Maio, 2014, in Canal BCP. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: