Sindicato Labrego Galego, Secretaría da Muller

sindicato

Para realizar o noso traballo sobre a muller rural nos medios de comunicación contamos coa axuda do Sindicato Labrego Galego, que nos fai de aval.

Dentro do propio sindicato contan cunha Secretaría de Mulleres que é a que en maior medida nos vai prestar a súa axuda para o desenvolvemento do noso proxecto.

Para coñecer o funcionamento do sindicato achegámonos a súa sede en Santiago de Compostela onde nos explicaron que é o que fan e nos proporcionaron información sobre a muller labrega. A oficina de Santiago funciona a nivel comarcal e dende ela comunícanse coa administración e coordinan as demais sedes. Dentro do propio Sindicato Labrego contan con varios departamentos e cada un dedícase a algo en particular. Algunhas das iniciativas que leva a cabo o Sindicato son, por exemplo, cursos para fomentar o repoboamento do rural, axuda ao impulso do mercado de alimentos… entre as súas funcións están a de facer de mediador entre as diversas asociacións e os propios cidadáns, levan temas fiscais…

O sindicato conta tamén cunha publicación periódica bimensual, O Fouce, da que extraeremos numerosos artigos e información para a realización do noso traballo.

A Secretaría das Mulleres, que é coa que nós imos traballar, realiza programacións para cada comarca con diversas actividades e encontros para cada zona concreta. Organizan tamén cursos de formación, colaboran con diversas asociacións…

Dentro do propio Sindicato a muller ten un papel fundamental xa que hai o mesmo número de traballadores homes que de mulleres. Un exemplo desto é que se queda vacante un posto que lle corresponde ocupar a unha muller nunca será ocupado por un home ou viceversa, desta maneira logran manter a igualdade laboral entre homes e mulleres. Unha iniciativa na que o Sindicato vai adiantado con respecto a outros traballos ou organizacións, onde esta iniciativa non se realiza co mesmo rigor.

RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

Advertisements

Posted on 19 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. O Sindicato Labrego Galego serve de axuda a moitas mulleres, pero obviamente non pode chegar a todo. Este Sindicato e outras asociacións fixeron e están facendo un gran traballo, pero aínda quedan moitos pasos para ver completamente visualizada e recoñecida a imaxe da muller labrega. Quizais as propias características de Galicia coa poboación tan dispersa, fagan esta tarefa máis complicada. A muller quedou relegada o coidado da casa (gando, fillos e maiores) sen horarios, é dicir, sen momentos que non fosen outra cousa máis ca traballar. As desigualdades do campo ca cidade fan que as mulleres do rural non teñan as mesmas oportunidades. Nótase moito nos servizos dispoñibles onde as diferenzas son enormes. Supoño que o trataredes en próximos posts, pero sería importante coñecer de primeira man as opinións de mulleres labregas, teñen moito que dicir.

    Aquí vos deixo unha entrevista realizada en Televinte Chantada a presidenta da Asociación de mulleres rurais de Carballedo.

    GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

    • seminariocomunicacion1

      Sen dúbida que o Sindicato labrego non o pode abarcar todo pero este, xunto con outras asociacións co mesmo fin, poden facer moito polo papel da muller labrega, algo que como ben afirmas non vai a pasar dun día para o outro.
      Un exemplo de que existen outras asociacións cos mesmos intereses que o Sindicato Labrego, co que nós traballamos, é este video que adxuntas e que fala da Asociación de mulleres rurais. Moitas gracias pola aportación.

      RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

  2. No dudo de que en el Sindicato Labrego Galego la mujer tenga un papel fundamental, pero el el hecho de que el número de trabajadores de ambos sexos sean proporcionales no tiene nada que ver. Además el hecho de que al quedar un puesto vacante lo ocupe una persona del mismo sexo que el empleado anterior no conlleva a una mayor igualdad, ya que de esa forma se distribuyen los trabajos por sexos, y no por capacidad laboral.

    Os dejo un documento/folleto del ministerio de igualdad sobre la igualdad de oportunidades entre mujeres y hombres en las empresas.http://www.msssi.gob.es/ssi/igualdadOportunidades/docs/Folleto_La_iigualdad_entre_mujeres_y_hombres_en_las_empresas.pdf

    VIÉITEZ OTERO, SARA 152.C05

  3. seminariocomunicacion1

    Está claro que las inquietudes y labores del Sindicato Labrego Galego son todo buenas intenciones, en cuanto a igualdad entre sexos, ya no solo en el ámbito laboral, sino también personal; pero estoy de acuerdo con el comentario que ha hecho Sara más arriba. El hecho de que cuenten con el mismo número de trabajadores hombres que de trabajadoras mujeres no proporciona igualdad, ya que podría darse el caso de que algún hombre de los que trabajan en este Sindicato es mucho menos válido que una mujer a la que no contrataron porque el puesto le correspondía a un hombre. Sí es, en cambio, un signo de igualdad, el sueldo de los trabajadores, si las mujeres y los hombres cobran lo mismo, ya que a la vista de la empresa, todos son iguales, trabajadores. Desgraciadamente, hoy en día, el promedio del sueldo femenino todavía se encuentra por debajo de los sueldos masculinos, casi un 25% menos, algo que sí que es un síntoma de desigualdad en la sociedad actual.
    http://www.elmundo.es/economia/2014/04/09/53453af0e2704ec9548b4579.html

    LORENZO SOBRAL, SOFÍA (151.C05)

  4. A figura da muller labrega é fundamental para comprender a historia de Galicia. Tanto nas guerras coma nas migracións a figura da muller resulta indispensable. Aquela muller farta de traballar mentres o home buscaba o porvir alén do mar ou se vía envolto no campo de batalla. Foron as mulleres as que naqueles períodos levantaron e fixeron prosperar o pais galego. Con isto non pretendo afirmar que a casa sexa o sitio da muller nin este comentario é unha sorte de apoloxía machista, nin moito menos; falo de contexto histórico, do que foi a realidade dos galegos e galegas.

    É evidente que (por sorte) as mentalidades trocaron o seu parecer, o que se ve reflexado na repartición equitativa de postos dentro do Sindicato. Quero secundar a opinión de Sofía Lorenzo e debater se isto do 50-50 está ben feito. Por qué unha persoa (sexa muller, sexa home) non pode acadar o posto doutra con respecto da que, independentemente do xénero, está máis preparada? Realmente funciona isto do 50-50?

    Algo para meditar:

    http://compostimes.com/2013/02/mulleres-labregas-como-repensar-o-mundo/

    FUMEGA GONZÁLEZ, ROBERTO 151.A05

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: