“Unha vez dixéronme que nas comunidades non mostras as túas habilidades” Eduardo Rey, investigador do grupo de Historia de América da Universidade de Santiago de Compostela

A mediados dos anos 90 nace no seo da facultade de Historia e Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela o departamento de Historia Contemporánea e de América. A partir del xurdiu o grupo de investigación de Historia de América liderado por Pilar Cagiao do que formou e forma parte, primeiro como bolseiro e actualmente como investigador consolidado, Eduardo Rey.

“Inmiscirse na investigación non se decide, cáelle a un” afirma Eduardo, que asegura que comezou facendo algúns traballos sendo pre-doutoral e que, por rutina, continuou no campo da investigación. Hoxe en día, dubida antes de corroborar que as horas que dedica a esta labor son bastantes a pesar de ser un traballo, poderíase dicir, irregular. “Ao longo do ano podería pasarme, aproximadamente, tres meses dedicado á investigación”, aínda que sempre vai depender dos proxectos que estea desenrolando, xa que o grupo en si non conta cun plan común, senón que cada subgrupo aleatorio confecciona e elabora distintas ideas sempre relacionadas coa historia de América. “As reunións que realizamos son totalmente informais e, na súa maioría, tan só participamos Pilar e eu” afirma o investigador previamente a explicar que son Pilar e mais el quen levan a xestión do grupo e que co resto de membros manteñen unha relación de apoio e axuda profesional nos proxectos que o precisen. Na actualidade queren medrar como grupo e, para iso, invisten a maior parte do capital subvencionado en recursos humanos, como a contratación dunha xornalista que leva a cabo a comunicación externa do grupo. Ademais, algúns dos membros en formación, realizaron e realizarán viaxes ao estranxeiro para continuar coa labor de investigación dende alí.

DSC_0004

Para poder coñecer mellor a comunicación interpersoal do grupo, continuaremos realizando entrevistas ao resto dos membros e poder, desta maneira, contar con todas as perspectivas para ter unha visión fiable da comunidade científica.

CAAMAÑO DEUS, SOFÍA 151.B02

Advertisements

Posted on 19 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Ollo ao piollo¡ Os grupos de expectativas do xornalismo: hai grupos de investigación que están a contratar xornalistas para externalizar a súa investigación. Esto pode dar de si?
    Gracias Sofía. MM.

  2. A historia de América é, sen dúbida, un tema moi interesante. O mesmo sucede co estudo das relacións interpersoais nos grupos de investigación. Por tanto, paréceme un proxecto que, ben desenvolvido, pode achegarnos a todos información interesante e descoñecida. Porque non nos plantexamos, normalmente, cómo se investiga. Só imos ao resultado sen pasar polo proceso.
    Quizais podedes falar tamén de como estes investigadores se relacionan con outros alleos á Universidade. Déixovos un enlace a unha asociación que promove a tese de que Cristóbal Colón era galego. Relacionándose así a investigación histórica e de América, pois é o seu descubridor, coa nosa terra e os nosos investigadores.
    https://cristobalcolongalego.wordpress.com/
    http://coloneragalego.blogspot.com.es/

    E por se vos interesa o tema, tamén o enlace a un documental: https://www.youtube.com/watch?v=r8d0sikl-ew

  3. seminariocomunicacion1

    Si, de feito a relación dos grupos de investigación con outras comunidades alleas á Universidade é un tema que tentaremos tratar no noso traballo. Ademais, os membros do grupo xa nos comentaron que si manteñen contacto con grupos de universidades latinoamericanas, feito que cremos indispensable posto que están a estudar a historia do seu país.

    Caamaño Deus, Sofía 151. B02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: