A historia e Miguel Littín

O grupo de Historia de América será un dos obxectos de análise dos alumnos de Comunicación Interpersoal neste curso 2014-2015. Este grupo de investigación, dentro do Departamento de Historia Contemporánea e de América da Facultade de Historia da USC, centra as súas pescudas na cultura e nos acontecementos que levaron á fundación e á evolución das actuais nacións de América. Existe un especial interese por América Latina, unha rexión de vital importancia polas súas relacións con España e pola súa singular historia, na que sempre existen conflitos relativos á identidade nacional, ás ideoloxías políticas que proliferaron ao longo do século pasado e ás relacións coas antigas metrópoles e coas superpotencias do novo continente. Un destes episodios, paradigmático en moitos aspectos, ocorreu en Chile: a caída do goberno socialista de Salvador Allende o 9 de setembro de 1973 e a consecuente ditadura de Augusto Pinochet, que habería de durar 17 anos. Esta etapa de represión significou para moitos  chilenos o exilio, se non querían ser vítimas dun dos reximes militares máis sanguinarios da segunda metade do século XX. Un destes expatriados, oficialmente considerado no seu país como persona non grata, foi Miguel Littín, un cineasta que realizara documentais de denuncia social e que ademais traballara para o goberno de Unidad Popular. Doce anos despois do ascenso de Pinochet, Littín volvía a Chile clandestinamente para gravar un documental sobre a a vida cotiá e o ambiente político baixo o rexime. O documental, dividido en catro partes, estrearía en 1986 co nome Acta general de Chile.

A serie documental completa podédela atopar nos seguintes enlaces:
Parte I

Parte II

Parte III

Parte IV

O mesmísimo García Márquez acompañou a Littín na súa viaxe secreta a Chile, unha experiencia que relata no seu libro La aventura de Miguel Littín clandestino en Chile.

A labor de descubrimento e de investigación a pé de rúa, tanto de Littín coma de Gabo, xeran documentos esenciais para debuxar, da maneira máis obxectiva posible, a historia dos países americanos cuxos acontecementos máis recentes seguen a ser hoxe obxecto de especulación e de estudo. As relacións entre diferentes investigadores internacionais, como os da Facultade de Historia, e un estudo interdisciplinario poderán aclarar e dar unha mellor visión, máis aséptica e ampla, das persoas e eventos que forxaron e están a forxar o mundo de hoxe.

PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

Advertisements

Posted on 20 Febreiro, 2015, in Canal BCP, Posts individuais, Vídeos and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Considero la Historia de América un tema al que, desgraciadamente, durante nuestro período de formación básica se le ha dado muy poca importancia. En cambio, creo que es de gran interés el investigar y saber más sobre una sociedad que comparte con la nuestra numerosos valores y rasgos culturales.

    Hacer hincapié en la historia y los logros de Miguel Littín hace, además, que podáis enfocar el proyecto desde el punto de vista que a nosotros, futuros comunicadores, más nos puede interesar y enriquecer.

    Espero que podáis encontrar información con facilidad. Uno de los principales problemas con los que me he encontrado cada vez que he intentado leer ciertas cosas sobre estos países, es la poca transparencia con la que se presenta la información
    .
    Os dejo un enlace en el que se mencionan películas que quizá os sirvan de ayuda.

    http://laprensa.peru.com/actualidad/noticia-10-peliculas-que-recuerdan-golpe-pinochet-contra-allende-12496

    RIVERA MOLINS, IRMA 152.D05

  2. seminariocomunicacion1

    Paréceme moi interesante que investiguedes a evolución política dos países de América Latina porque creo que hai unha desinformación xeral deste tema. A min igual que a Irma, cando intentei buscar información destes países atopeime máis ben con opinións mal argumentadas.

    A historia de Miguel Littin é moi interesante e gustaríame aportarvos nesta liña, outras persoas que loitaron mediante a palabra, a nosa principal arma, pola verdade e por derrocar dictaduras como a de Pinochet. Aquí vos deixo un artigo que recolle a historia de varios periodistas que loitaron contra o réxime. Penso que nunca está de máis recuperar identidades das persoas e facerlles un recoñecemento a aqueles aos que nunca conseguiron calar mediante a forza bruta. Para min é unha mostra do valor da palabra e un alento a non renderse, porque sempre se pode facer algo.

    http://radio.uchile.cl/2013/09/05/los-periodistas-que-lucharon-contra-la-dictadura

    Amosa Tato, Cristina. 151.D01

  3. Certamente a recepción da información procedente de América Latina é escasa e imparcial, polo menos nos principais medios europeos en xeral. Moitas das rexións desta área aínda están lidiando coa problemática da identidade, sobre todo aqueles países cunha gran porcentaxe de poboación indíxena. Este é un conflito que comparten moitos pobos antano coloniais, en tanto que se trataban de colectivos tribais, baseados na tradición oral e situados en hábitats moi agresivos. Xeralmente sabemos destes países por un problema político, social ou económico que xorde na súa parte europea ou por unha crise humanitaria que afecta as zonas máis pobres (chamémolo terremoto, inundación, maremoto, fame, etc.). Existe, dende o punto de vista dos medios europeos, un discurso case paternalista de cara a estes países, pois sempre aparecen como un foco constante de problemas. Sexa de forma deliberada ou non, dende hai tempo os produtores de información de masas están a debuxar un mundo alleo, do que non somos partícipes, senón testemuñas impotentes. O certo é que a dinámica da economía global afecta profundamente a estes lugares e, sen profundizar demasiado, podemos descubrir que moitos dos culpables dos seus problemas non se atopan dentro das súas fronteiras. Só agora, cando as tendencias morais e as telecomunicacións nos obrigan a mirar máis de preto o que sucede na outra punta do mundo, somos capaces de reflexionar sobre o tratamento debido a estes países, nin perfectos, nin terribles, nin dependentes.
    Para seguir de preto a historia alternativa de América Latina recomendo visitar de cando en vez http://periodismohumano.com/, polo menos para aprender a realizar información cunha misión humanitaria e en condicións de igualdade. Sería preciso investigar medios locais e nacionais destes países para ter unha idea do que está a suceder, sempre coa idea de contrastar información.

    PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: