Galegofobia

Cheguei á Cidade da Cultura na procura de información relevante para o seguimento do traballo dos meus compañeiros. Dirixinme ás mozas que sentadas diante dun computador, observaban pasar o tempo. A súa cara de sorpresa foi a mesma que a miña, cando as vin chegar con toda aquela cantidade de libros….máis logo, chegou a idea.

Ao longo do século XIX os antigos tópicos despectivos herdados dos tempos coloniais e máis ou menos transplantados da Península, cobraron novas dimensións e, sobre todo, unha reactualizada capacidade de verosimilitude. A arribada masiva de inmigrantes galegos procedentes das zonas rurais, que, ademais, eran analfabetos, de escasa cualificación e bagaxe formativa, fixo que aquelas imaxes negativas se reactivasen e adquirisen novos significados.

Segundo Xosé Manuel Núñez Seixas, os galegos emigrados na Arxentina presentaban máis dun paradoxo. Os seus trazos étnicos distintos de orixe, eran caricaturizados:”Como podían chegar españois que baballaban o castelán con sete vogais e sen disterar gato de jato?”. Os arxentinos non entendían: os inmigrantes galegos falaban incorrectamente o castelán, non por ignorancia, senón por posuír outra lingua materna.

Así pois, recuperamos os testemuños de Claudio Fernández, chegado no 1905 a Bos Aires; do escritor Miguel Toledano e do xornalista francés Jules Huret.

Doutra banda, interpretamos a opinión dun amigo crioulo verbo da súa mucama*

A alternativa era negar a galeguidade de orixe, ou reafirmarse nela e secundar os motivos de orgullo para ser galego.

Para a maioría dos inmigrantes “ser galego era ser máis español que ninguén”, non obstante había unha colectivo de emigrantes que optou pola vía contraría: loitar polo galego.

analfabeta

*NOTA:

-mucama: persoa encargada do servizo doméstico

-encopetada: pertence a unha clase social alta / que vai moi ben vestida

NÚÑEZ SEIXAS, Xosé Manoel (2002). O inmigrante imaxinario. Universidade de Santiago de Compostela: Servicio de Publicación e Intercambio Científico.

GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

Advertisements

Posted on 20 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. O galego é unha lingua con forza. Naqueles momentos nos que se vía censurado, logrou sobrevivir no seo das familias grazas ao amor propio dos seus falantes. Ningunha influencia externa de carácter pexorativo logrou derrubar os firmes piares sobre os que se asentaba o seu espírito. Chámame a atención a selección do tema, o odio ao galego, posto que pode dar de si como unha moeda de dobre cara. Por unha banda, o odio dos axentes esóxenos que pretenderon asoballar a nosa lingua e a influencia destes en determinados sectores da poboación. Pola outra banda, a firme crenza dalgúns en que, coma ben dixo Castelao “se aínda somos galegos é por graza do noso idioma”.
    Sorte coas vosas pescudas, estaremos moi interesados no que nos traiades.

    LAREO VILELA, LIDIA 151.H00

    • seminariocomunicacion1

      Que certo Lidia! a verdade é que hoxe en día ( eu polo menos) queixome da situación do galego, mais estudando a historia son consciente do moito que evolucionou con respeto ao pasado, o que está sendo en comparación do que foi, mais aínda lle queda moito que andar. O galego ten que lograr ser unha marca de identidade forte, e que os galegofalantes es os que non o son, non o miren con ollos raros, senon como o que é: unha lingua

      GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

  2. A alienación que sufriron os emigrados galegos ao vérense despoxados da súa identidade e mais vendo que a súa lingua lonxe de ser interpretada como un rasgo cultural era interpretada como síntoma de ignorancia ben a mostran esas testemuñas que recollichedes. Quizais foi esa situación a que fixo que algúns galegos esqueceran o que era seu por dereito natural e decidiron adicar os seus esforzos emprendedores lonxe de Galicia. Cando lin o que puxeches sobre o colectivo de emigrantes que optou pola vía contraria lembreime dos emprendedores que non esqueceron, como Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, que non só levantaron un símbolo industrial galego, senón que tamén devolveron a Galicia unha parte desa cultura perdida no exilio. Déixoche un documental sobre isto:

    http://www.rtve.es/alacarta/videos/cronicas/cronicas-luces-sargadelos/2995898/

    VAZ ÁLVAREZ, MARTÍN 152.H05

    • seminariocomunicacion1

      Martín, moitas grazas por compartir ese documental. A verdade é que a situación era moi paradóxica, é como lle dicía a Lidia, tiveron que pasar moitos anos, moita loita e moitos intelectuais para que o galego chegara a situación de hoxe en día. Teño esperanza en que vai chegar moito máis aló, mais iso require tempo e compromiso por parte da poboación.
      Estamos estudando a Seoane, lendo entrevistas sobre el e estudando a súa obra. Mais non reparáramos en Díaz Pardo, farémolo, Martin.
      Grazas pola túa aportación.

      GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

  3. seminariocomunicacion1

    Parece mentira que algún gallego de los que emigraron pudiese llegar a sentir vergüenza por tener una lengua propia. Detrás de la lengua hay una cultura, una sociedad, un modo de vida que nos caracteriza y del que no nos podemos arrepentir. Gracias a todos aquellos que nunca se arrepintieron de sus orígenes se crearon tantas revistas, editoriales y demás formas de cultura en gallego en los países hispanoamericanos. En la actualidad parece que está pasando lo mismo y quizá de una manera más grave. Ahora no es que se avergüencen en otros lugares, muchos gallegos que viven en su tierra tienen un odio imposible de entender a su lengua. Nadie se puede avergonzar de su forma de hablar y menos de su lengua, es algo único que nos une a nuestra comunidad.

    Davila Fernández, Pedro 151.G02

    • seminariocomunicacion1

      Que razón tes Pedro, iso último que dis lembroume a un mozo que, despois da repercusión que tivo o vídeo “Ghalegho” veu onda min e díxome ” agora xa non me dá vergoña falar como falo na casa, agora uso máis a miña fala”.
      Aínda que pensemos que non, hoxe en día existe ese prexuízo, a min mesma me costa nun público usar a gheada e o seseo porque estiven acostumada a cambiar o chip nesas situacións,…
      Mais esa escena na Arxentina si que nos chamou moito a atención. Mais ese prexuízo segue existindo. Miña irmá estuda en Barcelona. Un xoves de troula coñeceu a un rapaz, e cando lle dixo que era galega el contestoulle ” ¿Y cómo es que vas bien vestida?. Con isto quero dicir que segue existindo o prexuízo de ser galego e ser de aldea,…non sei se tanto por parte dos propios galegos, mais si polo resto os falantes,…

      GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: