A problemática da muller labrega en pleno século XXI

153075_NpAdvHover

A muller ten un importante papel no mundo rural galego. Asume non só labores agrarios, senón que tamén asume de xeito maioritario as faenas domésticas, o coidado da casa, da infancia e das persoas maiores. Non obstante, nos medios de comunicación non se lle da o recoñecemento que merece.

Ademais disto, a muller labrega atópase cada vez máis nunha situación de inferioridade respecto ao home debido á falla de dereitos propios e de autonomía económica. Os recortes e o desmantelamento de moitos servizos públicos no rural tamén contribúen á precariedade de vida das mulleres labregas.

É de xustiza dispor dos recursos axeitados para vivir dignamente, con independencia de que vivamos no medio rural ou nos centros urbanos. Nisto é no que traballa a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego.

No noso traballo, centrarémonos primeiramente na problemática que aínda sofre a muller labrega en pleno século XXI. Logo, xa centrándonos nos medios de comunicación, levaremos a cabo o seguinte estudo:

• Revisar telexornais e analizar:
a) Que tipo de persoas aparecen cando tratan o medio rural.
b) Que temáticas se tratan nestas noticias e se son tratadas en positivo ou non.
c) Se nestas noticias hai presenza das mulleres ou están invisibilizadas, se estas falan e os temas sobre os que falan.

• Isto mesmo farémolo con programas como “O agro”, “A labranza” e “Cos pés na terra” e con distintos xornais tanto xerais como agrícolas.
a) Saen mulleres coa mesma frecuencia que homes?
b) Tratan ámbolos dous os mesmos temas?
c) Saen mulleres novas ou vellas?

Para rematar, déixovos o seguinte enlace no que a Secretaría das mulleres do SLG pide o stop de todo tipo de violencia contra as mulleres do rural.
Secretaría das mulleres do SLG

Rodríguez Suárez, Melissa 152.E03

Advertisements

Posted on 23 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Seguindo o transcurso da historia, podemos observar que a muller sempre tivo un papel inferior ao do home na maioría dos ámbitos. Neste sentido, o traballo dos nosos grupos van encamiñados cara ao mesmo obxectivo. Ambos os dous buscamos investigar, reivindicar e protexer a posición da muller, no voso caso no ámbito rural e no noso no panorama musical rock e heavy. Por iso, creo que a nosa colaboración será beneficiosa para ambos os dous grupos. Respecto ao enlace que deixades, todos podemos ver que a violencia sobre mulleres rurais é un gran problema actual, pois a cifra de 652 mulleres asasinadas resulta moi reveladora. O tema que tratades non adoita aparecer de por se nos medios, por iso, o enfoque do voso proxecto pareceme realmente interesante.

    Amorín Rivera, Daniela. 151.A01

  2. Comparto o que di a compañeira Daniela (que podería aportar xa algo máis), non obstante eu devezo por que entredes a falar xa coas protagonistas da vosa historia. Está ben situarse, pero non verquer en demasía a documentación, senón tela para comparar.
    Gracias. MM.

  3. seminariocomunicacion1

    El papel de la mujer siempre ha estado infravalorado frente al del hombre en la historia, ya sea en el campo o en la ciudad. Al optar por centrar el trabajo solamente en la mujer labriega me parece que, como vosotras mismas decís, tratáis un tema con escasa cobertura mediática. Aunque la situación de la mujer haya ido cambiando en la actualidad, es verdad que no ha ocurrido en todas partes. Además de las elevadas cifras de violencia de género y de la eliminación progresiva de recursos en el rural también es necesario destacar que a las mujeres labriegas se les cuestiona que trabajen o que sus actividades constituyan una actividad laboral. Os dejo un enlace de un artículo que quizás os parezca interesante, habla de las tareas que realizaban las mujeres del rural frente a los hombres.

    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/10/28/3155182.shtml

    Alonso Fernández, Romina 151.G01

    • seminariocomunicacion1

      Do teu comentario, Romina, quédome co enlace que nos aportas. Paréceme das mellores aportacións que nos fixeron até o de agora, pois describe totalmente a idea pola cal facemos este traballo. Creo que coma este artigo existen moi poucos na rede; poucos expresan o gran traballo que realizan as mulleres labregas, e este faino dunha maneira admirable. Gústame o artigo en xeral, pero a maneira na que Xoán Pose Viña o remata, encántame, pois di unha gran verdade: ” Utilicei os verbos en pretérito, pero, por desgracia, aínda quedan vestixios destas mulleres do pasado recente; témolas aquí á beira da nosa porta. Podemos dicir que a ama da casa non existe. Non hai salario. O seu traballo non se ve. Por enriba, quizá, malos tratos ou, polo menos, malas caras. A recompensa a tanto sacrificio tería que ser moi grande, pero para estas sufridoras non hai podio nin tregua”.

  4. seminariocomunicacion1

    Parece muy interesante vuestro tema a tratar. El papel de la mujer en los medios es claramente inferior al de los hombres y es algo que hay que denunciar. Además, parece que el rural es algo olvidado en la actualidad y la mezcla de mujer y rural creo que va a crear un gran trabajo.
    La mujer labriega es una gran trabajadora. Este país se ha levantado gracias al trabajo de tantas mujeres que no han parado ni un día para poder dar lo mejor a sus hijos. Es algo que le debemos a todas esas mujeres que han hecho que sus familias vayan para adelante y que no tienen el reconocimiento que se merecen. El campo es una de los trabajos más duros y sin embargo parece que nadie le da el valor que realmente tiene.

    Davila Fernández, Pedro 151.G02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: