Lembrando a Céltiga

Aproveitando a visita ao Consello da Cultura Galega traio un post adicado á revista Céltiga, nexo de unión dos emigrados galegos na Arxentina e a nosa terra.

É unha revista bilingüe con maior presenza do castelán. Nos seus exemplares queda clara a súa vontade como ponte galega-hispana-americana, a súa defensa dun galeguismo de pensamento e sentimento e a busca do espallamento de novas ideas e problemas modernos, a exaltación patriótica de Galicia, o mutuo coñecemento Galicia–Arxentina e a permanente exaltación da terra e a súa saudosa lembranza.

Relendo as súas publicacións é imposible dubidar  do sentimento nacionalista da revista presente en artigos e colaboracións. Este galeguismo reafirmado e ascendente conta co antecedente e Eduardo Blanco Amor co-director literario xunto a  Eliseo Pulpeiro e Ramón Suárez Picallo.

  • Xaime Illa Couto «Nacín en Santiago de Compostela, pero dende moi neno vivín en Vigo. Por aquel tempo escribinlle ao meu irmán a miña primeira carta, en castelán, e el respondéume en galego dándome azos para que empregara a nosa lingua na correspondencia antre os dous, que el me corrixiría os erros que metera. Así, desta forma sinxela e anecdótica escomenzóu unha pedagoxía epistolar que marcóu a miña vida como ningunha outra educación poidera facelo. ¡Cántas cousas fermosas e emotivas podería eu decir arredor desto! Eran os tempos gloriosos da revista “Céltiga”, tamén en Bós Aires, anos da Dictadura en España. Alí verquíase a colaboración das mais grandes figuras galegas. Ramiro facía o “Idearium galeguista”, promovendo e axudando cantas iniciativas servisen para concienciar á emigración. En “A Fouce” escribín eu os primeiros artigos periodísticos».

 Víctor F. Freixanes, Unha ducia de galegos, Vigo: Galaxia, 1982, pp. 166-167.

 As principais compañeiras de viaxe son Alborada, Mundo Gallego, ou Alén Mar. A cúspide da prensa cultural galega da época é Galicia Emigrante do exiliado Luis Seoane.

As páxinas encerran unha gran variedade e información sobre a terra: artigos culturais, reportaxes fotográficas de cidades galegas, caricaturas, debuxos, gravados, notas bibliográficas, relatos literarios, tratamento de figuras arxentinas, seccións e humor e adicadas á muller e colaboracións de grande autores galegos.

artigo viñetas

viñeta2 artigo en galego

Outro dos elemento destacables é a publicidade. En branco e negro ou en cor e en castelán ata os últimos números nos que parece un anuncio dunha tenda de agasallos en galego: “Regalos útiles. Nunca esquenza que na nosa Casa atopará, sempre, a coleución mais útil e suxestiva de ouxetos para regalarlle ôs seus. Olle os nosos mostrarios que dan a rua. La Reina”.

publi             publi2        publi4

O outro día atopábamonos con galegofobia e hoxe contamos a historia dunha revista nacida para preservar a lingua, a cultura e a identidade do noso pobo, contando a realidade vivida nunha emigración forzosa polos seus protagonistas.

portadas

Consello da Cultura Galega, n.d., de http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/celtiga/

Gómez Vales, Laura 151.D04

Advertisements

Posted on 24 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Como decís, la realidad de la inmigración es tanto la exaltación de la cultura gallega y el sentimiento nacionalista como esa gallegofobia. Es muy interesante encontrar publicaciones que muestren la realidad de la época para las personas que se vieron obligadas a irse tanto por motivos laborales como a causa del exilio. Con publicaciones como esas se puede ver como los exiliados intentaban hacer suyo un lugar que no era su tierra natal y como los escritores llevaron acabo una labor fundamental de preservar y compartir su cultura.

    Alonso Fernández, Romina 151.G01

  2. seminariocomunicacion1

    Es duro leer y tratar estos temas ya que en una revista como esta se muestra todo el dolor y sufrimiento de una generación obligada a vivir fuera de sus hogares, de sus gentes, de su tierra. Ellos mismos expresaban cómo se sentían y en muchas ocasiones la vida no era de color de rosas.
    Resulta sorprendente o cuando menos interesante que una revista para recalcar la cultura gallega no estuviese íntegramente escrita en gallego. Sería un tema muy interesante a tratar el por qué no escribían en gallego todo.

    Davila Fernández, Pedro 151.G02

  3. GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

    Alonso Fernández, Romina

    A verdade sexa dita: todo o legado de revistas, semanarios, xornais, correspondencia e medios en xeral é a mellor forma para entender un fenómeno que hoxe en día volve á realidade de Galicia e á das novas xeracións. Todo o rastro que se poida recuperar é unha boa maneira para revisar o pasado histórico e comprobar como a historia non deixa de repetirse. Malia os cambios de contexto e de temporalidade que acentúan os cambios dunha sociedade, a necesidade de comunicarse é unha constante, máis aínda cando se está separado polo Atlántico.

  4. GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

    Davila Fernández, Pedro

    O traballo recolector dos estudosos permite recoñecer a ansía por avivar un sentimento patriótico e ás veces morriñento. Neira Vilas confesounos (e sabemos que é unha confesión compartida) que cando se está fóra valórase moito máis o de dentro. E esa paradoxa fai que os galegos lle interesen o endóxeno cando están tan lonxe. Pero non creo que todo se poida reducir á morriña. A emigración daquela supoñía cambiar de vida e non sempre coa mellor das sortes.
    A revista empregaba o castelán porque se publicaba na Arxentina e non estaba destinada exclusivamente aos emigrantes galegos (que moitas veces non sabían nin ler). Era máis ben, a maneira de facer entender aos nativos cal era a “sorte” dos galegos.Ao tempo, as revistas servían de vía de escape e de conexión coa cultura daquí, manténdoa viva. Valla a redundancia das contradicións, no país non se podía vislumbrar tan ben como na América.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: