A dimensión humana

Repasando definicións históricas do concepto de ‘comunicación’, onte insistíase en clase na dimensión humana da comunicación. Ao falar desta dimensión, referímonos á creación de formas de comunicación entre iguais para formar unha comunidade, o que remataba con desembocar na política, na contrución da convivencia e da coexistencia. ‘Común’ é a palabra clave neste caso, que sinala á unión, á participación, a ese intercambio de débeda, dons e obrigas sociais. Nesta economía social, idealmente equitativa, vive a comunidade harmónica. Sen emargo as comunidades non viven illadas e, se acaso, non existe unha identidade global que aúne a tódalas persoas, agás a clasificación como seres humanos.

Existen conflitos avivados polo choque entre comunidades, polos enfrontamentos entre intereses e polas desigualdades, nun ou noutro aspecto, entre diferentes grupos.
En Rio de Janeiro, nas xornadas previas e durante o Mundial de fútbol do ano pasado, as forzas do Estado e as comunidades descontentas, compostas por estudantes, veciños de fabelas e cidadáns cariocas disconformes e descontentos. O goberno deixou de lado as necesidades das comunidades marxinais ou con menos voz parasatisfacer as presións da comunidade internacional, ou sexa, da FIFA e das institucións e empresas globais.

E non moi lonxe de Rio, no Amazonas do Brasil, tribos indíxenas, illadas ata hai relativamente pouco, perden terreo e dereitos fronte á civilización occidental.

E, sen ir máis lonxe, o pasado novembro todo o país tremía, uns de incerteza e outros de temor, en expectativa do referendo catalán. Neste debate nacionalista, entre independencia e unión, ambas partes expresaban os seus pareceres sen que existise acordo comunmente favorable. A comunicación era aparente máis non existía entre os líderes enfrontados porque primaban intereses que pouco tiñan que ver coa identidade nacional. Nesta ruidosa discusión ninguén atendeu a razóns ou a acordos nsobre un punto medio, era unha comunidade rexeitando a outra por ousar sentirse rexeitada.

Nestes tempos de crise, dicíamos na aula, as institucións fallan e aparecen comunidades que cubren as necesidades e carencias da sociedade. O barrio sevillano de Las 3.000 Viviendas é un claro exemplo do abandono ao que se ven afectados certos sectores da sociedade, que ante o desamparo acoden ou crean asociacións irregulares ou directamente ilegais cuxas funcións entran en conflito coas autoridades estatais e coa veciñanza.

Son só uns poucos exemplos que nos ensinan que a diversidade se comprende, mais existen sectores que non a admiten ou prefiren ignorala. A pervivencia, a persistencia e a permanencia do común terxivérsanse cara algo máis semellante a un darwinismo social. Non hai lugar para as comunidades pequenas e disconformes, deben mutar e adaptarse ou desaparecer. A comunicación é un dereito de todos, non é normal que a tecnoloxía e a capacidade comunicativa se concentre en determinados lugares e grupos. O xornalista, non, todos temos a obriga de ser mediadores e de dar ecuanimemente voz e forza ás comunidades máis débiles ou marxinais para construír o camiño cara a comunidade (ou aldea) global.

Grupo BCP (H) 152.H00

Advertisements

Posted on 25 Febreiro, 2015, in Canal BCP, Posts grupais, Vídeos and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: