Conquistando Histamérica

  O consenso na elección do tema a estudar non caracterizou ao noso grupo nun primeiro momento. Pero, finalmente, decantámonos dubidosos polo análise da comunicación dun grupo de investigación científico que realiza traballos sobre a historia de América. Trátase dun grupo pequeno no referente aos seus integrantes que, a pesar de manter relación comunicativas íntegramente informais, contan cunha xornalista encargada de difundir os seus logros.

DSC_0013

  A nosa estratexia de traballo foi, dende un primeiro momento, coñecer en profundidade a comunicación interna do grupo para poder centrarnos máis tarde na súa difusión ao exterior. Antes de comezar coas entrevistas persoais que realizamos aos membros do grupo para contar cunha primeira toma de contacto e poder ter unha visión xeral da súa metodoloxía de traballo, recabamos información sobre o concepto de comunidade científica e sobre a organización dos grupos de investigación na Universidade de Santiago de Compostela. Cos conceptos claros, dirixímonos a Facultade de Filosofía — onde se atopan os despachos da maioría dos integrantes — e realizamos entrevistas persoais a Pilar Cagiao (Responsable do grupo), Eduardo Rey (investigador) e Patricia Calvo (xornalista e encargada da comunicación externa). Ademais de comprender mellor o funcionamento do grupo, coa información recolectada puidemos obter datos que nos suxeriron ideas para futuras investigación, como o foi o conflito que tivo o grupo co xornal “El Correo Gallego”, co que tentaremos contactar para poder comprender as causas e consecuencias do problema e, ao mesmo tempo, facernos unha idea da relación existente dos grupos de investigación cos xornais xeneralistas.

Para futuros posts, temos pensado preguntarlle aos restantes membros do grupo sobre a súa relación ca directiva e a súa función principal dentro da investigación, analizar a comunicación externa así como a os medios dos que dispoñen os grupos de investigación para chegar ao público ao que van dirixidos e tamén a eficacia dos mesmos

Brandariz Portela, Tania 151.B01

Caamaño Deus, Sofía 151.B02

Casas Quiroga, Pablo 151.B03

Campos Nieto, Pablo 151.B04

Filloy Martinez, Laura 151.B05

Advertisements

Posted on 25 Febreiro, 2015, in Posts grupais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: