Unha Fouce moi especial

Logotipo de Fouce web

Tráiovos unha entrevista co director e xornalista de Fouce, Xosé García Rodríguez. Fouce é o único xornal de Galicia que se dedica en exclusiva aos problemas que atinxen ao mundo do rural. Podería soltarvos unha rollo de información, pero considero que a transcrición das súas palabras é o mellor xeito de mostrarvos esta fouce que non corta herba, pero que reinvindica os problemas dos nosos labregos.

– Como xurdiu esta iniciativa? En que ano?

O primeiro Fouce publicouse na clandestinidade, en novembro de 1973.
– Quen o leva?

Lévoo eu Xosé. Dende o punto de vista sindical, hai un Consello Editorial do que formo parte eu, dúas persoas da Executiva do Sindicato Labrego Galego, un labrego que está na Dirección Nacional e unha técnica do SLG. Este Consello Editorial é quen decide sobre os contidos que enchen as páxinas do Fouce. Non funciona como órgano censor ou que impón eses contidos, senón que traballamos en base a un diálogo entre todos e todas para decidir que temas de actualidade agraria e sindical son os que deben encher ás páxinas do periódico.

– Como é a organización do traballo? Contades só con xornalistas?

Contamos só con un xornalista, que son eu. Eu encárgome de todo: deseño, maquetación, fotografía, redacción, web, etc. Tamén hai colaboracións como artigos de opinión… e axudas puntuais, como compañeiros que fan fotografías por min para aforrarme desprazamentos, por exemplo. O Fouce, hoxe en día, é bimensual.
– Onde se realiza?

Actualmente, no meu domicilio privado de Melide, xa que estou traballando cunha xornada reducida por coidado de fillos menores de 3 anos. Até ter esa xornada reducida, traballaba na sede nacional do SLG, en Compostela.

– Contades con axudas, finaciacións para levalo a cabo?

Axudas cero. Hai moitos anos, tiñamos axudas por ser unha publicación en galego, mais dende que goberna Feijóo, as axudas a publicacións en galego deseñáronse de tal maneira que quedamos fóra e non levamos nin un céntimo. Só algunha inserción publicitaria de cando en vez, que non dá para moito.
Tendes moitos lectores?

O periódico envíase directamente ao domicilio dos nosos afiliados e afiliadas. Estamos a falar de varios miles de exemplares que habería que multiplicar para obter o número de lectores. O dato concreto do número de exemplares que imprimimos e enviamos non o podo revelar.

– Consideras que é un xornal reinvindicativo do rural?

Si, e ademais o único que reivindica demandas, como por exemplo, a soberanía alimentaria. O Fouce sempre foi moi crítico con aquelas políticas agresivas co medio rural e os nosos sectores produtivos, e é unha fonte non só de información, senón de permanente denuncia dende o ano da súa fundación.

A histora de O Fouce

Déixovos o enlace por se queredes ver algún número en liña http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=18

SALGADO BARBOSA, NOELIA  152.E04

Advertisements

Posted on 25 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. O único xornal? xornal? non é que haxa moitas pero hai varias publicacións respecto do rural. Por favor, contraste e confirmamo. Gracias.

  2. seminariocomunicacion1

    “Fouce é o único xornal de Galicia que se dedica en exclusiva aos problemas que atinxen ao mundo do rural” evidentemente hai mais publicacións sobre o rural, pero ningún toma os problemas de forma reinvindicatica como o fai Fouce. Igual non o expresei ben, pero se se le a oración completa creo que se entende.
    SALGADO BARBOSA, NOELIA 152.E04

  1. Pingback: Medios rurais – Revistas agrarias | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: