A diversión nos longos días de inverno

Seguindo a liña dos nosos últimos posts, continuamos repasando como era a vida nos anos da xuventude dos nosos avós (décadas dos 50 e 60). A min correspondeume indagar nas formas de ocio da xuventude daqules anos no rural. Meus ávos, como bos habitantes do interior galego (concello de Cospeito concretamente), aproveitaban o inverno para pasalo ben, xa que era unha época na que os traballos do campo quedaban aprazados dende outubro ata marzo.

A maior troula do inverno era o Entroido. “Hai máis de 40 anos que isto deixou de facerse por aquí” comenta miña avoa. O día grande era a tarde do martes de Entroido. Celebrábanse as corridas de cabalos, onde cada xinete (pagaba antes de participar) tiña que cortarlle o pescozo a un galo colgado dunha corda a unha altura axeitada. Posteriormente, facíanse pequenas carreiras de cabalos polo lugar. Existía a figura do fareleiro que cun trapo colgado nun vasallo zoupaba na xente. Ademais entre os asistentes raiábanse con xices ou pintábanse coa parañoa (prolongación cara a adiante do lar do forno). A orquestra amenizaba o baile.

Aínda así, o Entroido non era cousa dun día. Nos días anteriores un grupo de xente disfrazábase de noite e ían petando nas portas. Levaban sempre un “porteiro” ca cara descuberta para que os deixasen entrar nas casas. Acompañados dunha tixola, en cada casa regalábanlles algo de comida. Durante o camiño prendíanlle lume a unha facha de pallas para alumear e tamén ían tocando o corno. O final da noite xuntábanse nunha casa a comer o recollido.

O resto do inverno tamén había festa, as coñecidas como ruadas. Cada noite a ruada era nunha casa distinta. “Era igual que fose luns que sábado” recorda meu avó. Practicábanse xogos como “o da zapatilla” (todos nun corro pasándose a zapatilla e un no medio intentando collela), “quen te monta” (uns enriba doutros ata saber quen era o que montaba) ou “o xogo de noces” (consistía nunha partida de cartas e, en lugar de apostar cartos, apostábanse noces). “Pasabámolo moi ben. O mellor eramos máis de 30 persoas o pé da lareira” lembra miña avoa.

Amigos avó

GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

Posted on 26 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Paréceme moi interesante a temática do voso traballo e a maneira na que o estades enfocando e desenvolvendo, traballando cada un coa súa familia. Deste xeito os post fanse moi amenos e permítenos aos lectores coñecer mais sobre as costumes dos nosos antepasados.
    O tema desta entrada sobre como era a festa nos días dos nosos avós paréceme do mais interesante, xa que nos permite ver claramente como evolucionan as costumes e a maneira de pasalo ben entre as distintas xeracións. Historias como estas fanos pararnos a pensar en como cambian as cousas ao longo dos anos e pensar que dentro de cincuenta anos nada será como o coñecemos agora.

    RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

  2. Hai que ir creando álbumes de todas estas cousas e analisar as diferencias e cousas en común, que hai poucas. Pedide tamén aos compañeiros doutros grupos, xa que os comentarios son moi de apoio, pero non aportan probas.

  3. Paréceme interesante isto de coñecer cómo pasaban o tempo nos anos dos avós. Sempre asombra ver a rapidez con que moitas tradicións e costumes desaparecen nunhas poucas décadas. Está claro que os avances tecnolóxicos da segunda metade do século pasado crearon un cisma profundísimo entre xeracións. Hai cen anos isto sería impensable.
    Sobre este tema existe moita literatura: calquera obra literaria galega de comezos do século XX mostra algo destas actividades lúdicas que co tempo vanse perdendo. O que máis pode axudar, máis que nada como apoio gráfico, son álbumes e arquivos fotográficos como o Arquivo Pacheco ou, de maneira máis recente, e sen pensar demasiado, as tres entregas da obra fotográfica de Magar (alias de Manuel García Castro), onde aparecen costumes do Vigo posterior á Guerra Civil, aínda conservando características rurais, que podedes contrastar cos da cidade de agora. Ten que haber algún exemplar nas bibliotecas públicas e supoño que na nosa facultade tamén.
    http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=1687505&id_sello_editorial_web=13
    PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

  4. seminariocomunicacion1

    Gustaríame facer unha reflexión desta entrada vosa no taboleiro. Ademais de ser un tema moi interesante, gustaríame facer del unha comparación coa actualidade. Hoxe en día, nin o entroido nin a maioría das festas, se viven como os vivían teu avós, Ivan, ou os de calquera de nós. Vivimos nunha sociedade tecnolóxica, na que, o entroido é máis subir fotos ao facebook ou ao instragram que divertirse.

    Eu tamén creo que deberíades ir facendo álbuns de todas estas cousas, para que, á hora de facer a memoria final, teñades todo máis organizado.
    Nestes temas, é importante que acompañades o artigo dunha fotografía, como ben fixéstedes, xa que sempre chama máis atención do lector.

    Persoalmente ademais da fotografía, poría algún audio de teus avós en vez de pór cita directa. Todo pensando para facerllo máis chamativo e entretido á audiencia.

    GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

  1. Pingback: Comparando el ocio en la aldea y la ciudad | Común (e persoal)

  2. Pingback: Cando a televisión vía a xente | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: