A voz da audiencia

Aínda que algún medio nos estea poñendo dificultades, aprendemos moitas cousas xa que nos estamos movendo tamén por nós mesmas.

Decidimos realizar unha enquisa á audiencia para coñecer un pouco máis cal é a súa relación cos medios de comunicación. Realizamos as preguntas que máis se axustan ao que queríamos buscar. En resumo, podemos destacar que a maioría da audiencia pensa que a información que transmiten os medios de comunicación ten parte obxectiva e parte subxectiva. Respecto á relación directa cos medios, gran parte da audiencia le ou ve calquera medio indistintamente, aínda que tamén hai bastante xente que só se centra na canle que lle gusta. Facendo referencia á opinión que ten a xente sobre a pluralidade mediática en España, o 80% pensa que non existe e que hai unhas poucas empresas que controlan todos os medios de comunicación. Por último, toda a audiencia pensa que os medios ocultan información porque non lles interesa, algo que chama a atención xa que non hai ninguén que pense que nos contan toda a verdade.

En relación ao noso traballo cos medios, a vindeira semana desprazarémonos dúas de nós xunto cunha xornalista da Cadena Ser para cubrir unha noticia, e, así, ver como se establece a súa relación coas fontes. Tamén temos preparada outra enquisa similar á da audiencia, pero para os xornalistas neste caso. Agardamos subir as respostas nun dos vindeiros posts.

En canto ao segundo medio dos que vos falamos, La Voz de Galicia, outras compoñentes do grupo temos concertada unha cita para desempeñar o mesmo traballo a semana que vén.

Por outra banda, estamos realizando o proceso de documentación das noticias nas que imos profundizar á hora de facer a análise, observando o tratamento das mesmas nos diferentes medios cos que estamos a traballar.

 

Por un problema de edición na infografía na que mostramos os resultados da enquisa non se pode ler a totalidade da resposta, así que deixamósvolas completas a continuación.

– Cres que a información que facilitan os medios de comunicación é obxectiva?

A) Si – 0%

B) Non, é meramente subxectiva – 37,5%

C) Ten unha mestura das dúas – 62,5%

D) Non sei, estou á marxe dos medios – 0%

– Como é a túa relación cos medios?

A) Necesito ler/ ver varios medios para poder chegar a unha conclusión – 70%

B) Leo/vexo calquera medio indistintamente – 17,5 %

C) Leo/vexo sempre o mesmo medio porque é o que me gusta – 12,5 %

D) Estou á marxe dos medios – 0%

– Cres que existe pluralidade mediática en España?

A) Non, hai varias empresas que controlan a totalidade dos medios – 80%

B) Si, hai un amplo abano de medios de distintas ideoloxías – 20%

C) Non sei, estou á marxe dos medios – 0%

– Cres que existe información que os medios ocultan?

A) Si, non lles interesa contar toda a verdade – 100%

B) Non, os medios non ocultan información – 0%

C) Non sei, estou á marxe dos medios – 0%

 


encuesta

Grupo D: 152.D00

Montáns Parmo, Lucía 152.D01

Platero Pérez, Claudia 152.D02

Rapado García, Carmen 152.D03

Río Otero, Helena del 152.D04

Rivera Molíns, Irma 152.D05

Advertisements

Posted on 26 Febreiro, 2015, in Posts grupais. Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Fáltavos dicir cal é o universo da mostra e as súas características.Sen iso xa podedes dicir misa para que se poida ter en conta esta enquisa.

  2. seminariocomunicacion1

    A mostra foron 140 persoas, e fixemos a enquisa vía facebook.

    RAPADO GARCÍA, CARMEN 152.D03

  3. seminariocomunicacion1

    O dilema dos medios de comunicación e as audiencias é algo que, a miúdo, está moi presente nos observatorios de medios, proxecto que estou levando a cabo para esta materia. Debemos informar atendendo os intereses da audiencia, os intereses das empresas que permiten a persistencia dos medios ou a algo de ámbalas dúas? Facer noticias para a xente ou para contentar os empresarios que “dan de comer os medios”?

    Esta discusión foi e sempre será insalvable, desde o meu punto de vista. Os medios decántanse por aquelas empresas que permiten a súa supervivencia. Isto é normal. Se un xornal, por exemplo, decide falar mal dunha empresa que lle dá cartos a modo de intercambio publicitario, o periódico deixa de recibir esa axuda e, polo tanto, “morre”. Porén, as audiencias non teñen tanto peso; son máis manexables. Este tema xa foi tratado por Ryszard Kapuściński na súa brillante obra Los cínicos no sirven para este oficio, na que explica claramente que as novas que coñecemos son o resultado da vontade dos medios e dos seus intereses principalmente económicos e políticos, non do desexo desde o punto de vista dos suxeitos pacientes, os protagonistas dos feitos; ao fin e ao cabo, estes tan só son a ponte entre o ocorrido e os beneficios finais.

    A solución a isto, na miña opinión, é evitar que sexa ocultada a realidade, que o pluralismo sexa algo co que convivir e que a sociedade se interese máis en saber que hai realmente detrás da información que nos chega a través do contraste de medios de distinta ideoloxía e intereses.

    Para amosar como os medios “beben” das empresas, déixovos un artigo interesante sobre o tratado neste post, acompañado dunha infografía realmente exhasutiva: https://esmola.wordpress.com/2010/11/18/los-duenos-de-la-informacion/

    MELCHOR FERNÁNDEZ, BORJA 152.B02

    • Efectivamente Borja, xa hai un dito por aí que di que non debemos morder a man que nos da de comer. Se os medios viven da publicidade ou están inmersos dentro de empresas que teñen intereses na información emitida, que lle estamos vendendo á sociedade? Se lle imos vender a audiencia unha realidade que non é tal, penso que deberíamos adicarnos a outra cousa. Sabemos que é difícil manterse á marxe destas empresas, pero resignarse tampouco é unha opción.

      Eu, na miña opinión, creo que a pluralidade, de ser real, abriría un abano moi amplo de posibilidades para a audiencia, mais, por desgraza, neste momento a pluralidade, por moitos medios que haxa non existe posto que a maioría dos medios responden aos intereses das mesmas empresas.
      Tamén poderíamos abrir o debate da existencia de medios públicos fortes e con apoio. Cun medio público fiable, sen os intereses das grandes multinacionais por detrás, a pluralidade quedaría un pouco mellor.

      Grazas polo enlace e pola túa aportación, Borja! Apuntamos todas os vosos apuntamentos para seguir traballando.

      RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

  4. seminariocomunicacion1

    Lo que más me ha sorprendido de los resultados que habéis obtenido de la encuesta es sin duda el resultado de la última pregunta, porque como habéis dicho el universo total de la muestra eran 140 personas, es decir, 140 personas distintas y sin aparentemente ninguna relación están de acuerdo en que los medios de comunicación nos ocultan información. A cualquier persona le debería resultar curioso este resultado y lo que es peor lo que este resultado representa, lo que yo saco en limpio es que la audiencia está perdiendo la confianza en los medios, esto no es nada nuevo siempre han existido debates sobre si los medios están manipulados pero cuando ni una sola persona de 140 le da un voto de confianza a los medios de televisión esto debería como mínimo preocuparnos.

    Tengo bastantes ganas de leer vuestro post hablando sobre la relación de Cadena Ser con las fuentes de información, espero que traiga información más positiva para quienes estudiamos esta carrera (aunque que nadie se declare ajeno a los medios también es una noticia de lo más gratificante) y felicidades por la idea de realizar una encuesta para mostrar la verdadera relación entre la audiencia y los medios.
    Giráldez Rodríguez, Valeria 151.C02

    • Tienes razón Valeria, es sorprendente que haya tanto rechazo hacia los medios. Esperemos que esto cambie de cara a un futuro, cuando ejerzamos nuestra profesión.

      Esta semana es cuando nos desplazaremos con los periodistas de la Cadena Ser y La Voz de Galicia, por lo que pronto subiremos posts con las experiencias. Además, también realizaremos otra encuesta, pero esta vez a los periodistas.

      Platero Pérez, Claudia 152.D02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: