Fillos sen pais, terra sen homes e viúvas de vivos…

A andaina que comezamos neste blogue levounos por diferentes camiños, e cantos que nos quedan! É ben sabido que aquí en Galicia a emigración é o pan de cada día e que, por sorte ou por desgracia, emigrante case vai na definición de galego. Nos posts que fomos publicando tratamos o tema dos estereotipos. Para el recollemos información de Núñez Seixas a través do seu libro “O inmigrante imaxinario”. Outros ítems que nos interesaron e imos seguir traballando son, dunha banda, o feito de recuperar prensa e outras publicacións en galego nos países latinoamericanos que puxeron en marcha tantos exiliados. O primeiro que vos ensinamos, debido á súa relevancia, foi a revista Céltiga. Doutra banda, queremos recuperar as vidas de tantos que partiron con Galicia no corazón. Pensamos que unha forma interesante de facer isto sería abrindo a correspondencia. É así como vos amosamos as cartas dos irmáns Naveiras que conseguimos na Biblioteca Xeral.

Estivemos tamén intentando falar con persoas que emigraran a Latinoamérica pero é difícil porque a gran onda tivo lugar a principios do século XX, aínda que isto tamén dependía da situación do país de acollida. Aínda así, temos pendente alguna entrevista que conseguimos e agardamos podervos desvelar nunha nova historia nos próximos posts. Logramos sí, á marxe disto, falar cun emigrante, intelectual, galeguista, escritor, xornalista… mil adxectivos cos que se poderían describir a este home. Ao final do artigo vai a sorpresa.

Como dicía ao comezo, son moitos os temas e as persoas que xorden ao tratar a emigración e resulta case inabarcable, para o noso gusto, tratar a tantas persoas que desenvolveron unha importante labor en prol de Galicia e do galego durante a súa emigración ou exilio. De todos xeitos, intentaremos centrarnos no que xa definimos como os nosos principais obxectivos: os estereotipos do emigrante galego e os medios de comunicación. Cremos que a comunidade emigrante coa que nos sentimos próximos, garda unha estreita relación interpersoal non só entre os emigrantes que residen fóra, ou entre os retornados, tamén entre os que quedaron e conviviron cunha carga tras de si marcada por este fenómeno. Podémosvos afirmar, sen caer na dúbida, que o máis complexo é discriminar entre os centos de nomes que merecerían como mínimo un post. Polo momento, temos claro que un que veredes axiña no bloque será o de Luis Seoane, por todo o que fixo como referente e por todo o traballo que nos está dando abarcar a súa figura-incrible-. Cremos imprescindible, grazas ao apoio que nos presta a súa fundación e por vislumbrar entre o surrealismo da poética e da arte, falar de Eugenio Granell.

Gracias por lernos e desfrutade o vídeo! Só como avance…

GRUPO D: 151.D00

Amosa Tato, Cristina 151.D01

Gómez Calvo, Noelia 151.D02

Gómez de la Campa 151.D03

Gómez Vales 151. D04

Luengo Martínez 151. D05

Advertisements

Posted on 26 Febreiro, 2015, in Posts grupais and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Como decíais que no teniais muchos testimonios de las emigraciones a América Latina, buceando por Internet he encontrado este video de poco más de 1 min. en el que un gallego, con familiares en Argentina, habla de recuerdos que le marcaron cuando era pequeño.

    Igual no contactais con los propios emigrates, pero si con sus descendientes y seguro que tienen muchas historias que contaros, suerte!

    FERNANDEZ MEIJIDE, SARA 151.G03

  2. GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

    Grazas pola aportación, Sara!
    Interésanos moito as testemuñas directas e, como por cuestións de temporalidade é imposible, cremos que toda aportación da descendencia pode condensar moito o que xa viñemos investigando: os estereotipos dos galegos emigrados, as razóns da marcha, o desamparo das familias que quedaron aquí… Calquera das institucións ás que puidemos acceder coincidían na amplitude e na bagaxe do tema. Intentar reducilo é complexo, amais de que se pode deixar moito vestixio detrás… En todo caso, como a emigración non é un fenómeno exclusivo a unha época, a un territorio ou a unhas persoas concretas, nunca está de máis dar voz (ou palabra neste caso) a quen a vive, a quen a retrata, a que a escribe!
    E niso andamos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: