Miguel Anxo Bastos, sobre as elección municipais de Santiago: “Hai forzas novas que poden desestabilizar o panorama”

Miguel Anxo Bastos, catedrático e profesor de Ciencias Políticas na USC, afirma que as vindeiras eleccións municipais de Santiago de Compostela están moi abertas, xa que as novas forzas políticas emerxentes poden alterar o panorama. Na tarde de onte tivemos a ocasión de citarnos con Bastos e charlar sobre o tema, para coñecer un pouco máis a fondo o mundo da política en Compostela. Preguntámoslle sobre como pensa que está a alcaldía nestos instantes previos ao momento de que o pobo decida nas furnas. Segundo a súa opinión, a xefatura da cidade liderada polo Partido Popular, a día de hoxe, está moi deteriorada debido aos numeroso cambios de alcaldes nos últimos anos involucrados en casos de corrupción, como xa mencionamos en post anteriores.

O asunto que resultou ser máis relevante no tempo que estivemos falando, e o que ten coma protagonistas ás novas forzas políticas, que, a ollos dos expertos, están sendo amenzas reais para os partidos máis asentados. Por iso, tratamos de que o propio señor Bastos nos puidera facilitar algún contacto. E así foi, a maiores da sua opinión como experto en política, levámonos do seu despacho o contacto de dúas fontes protagonistas nas eleccións municipais coas que contactaremos próximamente. Víctor Casas, xefe de Podemos en Santiago, e Paco Reyes, candidato do PSOE.

Con respecto ao tema que nos ocupa, cando a conversa derivou no tema do enfoque dos medios, orientado ao noso proxecto de observatorio dos mesmos, Miguel Anxo pensa que os diferentes medios de comunicación seguirán a súa liña ideolóxica e defenderán aos seus partidos. Algo evidente nun primeiro momento, e, sen dúbida, sérvenos de punto de partida tras o primeiro contacto coas fontes relacionadas coa política.

Para rematar, préstanos dicir que o señor Miguel Anxo Bastos, estivo disposto a redactarnos un escrito relacionado coa materia que estamos tratando, que vainos servir coma firma invitada para publicar no blog. En canto a teñamos lista para subila, podereis botarlle un ollo.

Aquí vos deixamos un anaco da entrevista con Miguel Anxo Bastos:

IMG-20150225-WA0009

RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

Advertisements

Posted on 26 Febreiro, 2015, in Posts individuais. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. O profesor Bastos é profesor desta facultade e quedamos que non íamos traballar con fontes e profesores desta facultade. Este post debe ser anulado polo BCP deste blog.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: