Os indianos de Avión
Durante a última semana, estiven investigando sobre a situación actual de moitos de eses emigrantes que no seu día tiveron que abandonar Galicia deixando atrás todo o que máis querían.
Durante a busca, atopei información sobre un lugar concreto na nosa comunidade que me chamou moito a atención, un municipio que pertence á provincia de Ourense, o seu nome é Avión.
Este lugar converteuse nun emblema do éxito da emigración galega cara América por diversas causas como por exemplo, a existencia dun gran número de casas de luxo e sucursais bancarias en comparación co número de habitantes. Outro aspecto interesante é a súa renda per cápita, bastante superior á media española. O certo é que para chegar á situación na que se atopan agora, moitos dos habitantes tiveron que emigrar, a maioría cara a México. Fóronse co obxectivo de encontrar fortuna, e con sorte, moitos dos habitantes de este municipio o fixeron.
Alí, en México, todos comezaban coa venda ambulante, pero pouco a pouco estes veciños de Avión comezaron a montar os seus propios negocios: restaurantes, hoteis… Así comezaron a gañar o seu diñeiro.
A realidade é que este municipio está practicamente deserto durante todo o ano, os “mexicanos” como os chaman aquí, os descendentes dos galegos emigrados, veñen a Galicia só en verán para pasar as vacacións.
Fai uns anos, María e Marcos Hervera decidiron facer un documental sobre este lugar, onde se poden escoitar os testemuños dos habitantes de Avión e no cal se trasladan tamén a México para poder ver como viven os galegos que seguen alí. Pero o que realmente quixeron transmitir con este proxecto foi o sufrimento que provocou a emigración, no só centrarse nos éxitos traducidos en forma de diñeiro que apareceron no lugar. O documental pode collerse na biblioteca das facultades de Psicoloxía e de Ciencias da Educación da nosa Universidade, mentres aquí deixo un vídeo que comeza cun pequeno tráiler do documental e posteriormente entrevista aos directores do mesmo:
BIBLIOGRAFÍA
– Rodríguez, Rubén (2013). “Un documental recorre el éxito y el fracaso de los emigrantes de Avión”. Obtida o 24 de Febreiro de 2015, de http://www.economiadigital.es/gles/notices/2013/02/un_documental_recorre_el_exito_y_el_fracaso_de_los_emigrantes_de_avion_28692.php
– Ordaz, Pablo (2005). “Atrapados entre los Ferrari y la vejez”. Obtida o 24 de Febreiro de 2014, de http://elpais.com/diario/2005/06/01/espana/1117576806_850215.html
– Avión, el pueblo ausente: Un documental sobre la emigración gallega en América (2014). Consultado el 24 de Febreiro de 2014, páxina web de RTVE. http://blog.rtve.es/somosdocumentales/2014/07/avi%C3%B3n-el-pueblo-ausente-un-documental-sobre-la-emigraci%C3%B3n-gallega-en-am%C3%A9rica-.html
Luengo Martínez, Diego 151. D05
Posted on 26 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged 151.D05. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Veña, imos xa cos retornados… exemplos presentes da migración galega, para compensar tanto pasado infausto e tamén tanto feito polos devanceiros.
A conexión Avión-México é un fenómeno curioso no que podemos atopar novos indianos de alta categoría. Nesta localidade cúmprese esa frase capitalista de “diñeiro chama ao diñeiro”, pois hai un ano descubriamos que a esta localidade acudían grandes empresarios mexicanos (entre eles o home coa maior fortuna de México e quizais do mundo, Carlos Slim) pasaban o verán nesta localidade.
http://www.abc.es/estilo/gente/20140801/abci-carlos-slim-avion-orense-201408010923.html
De tódolos xeitos boto de menos o espírito filantrópico dos indianos do século pasado, que, polo menos en Vigo, investiron no crecemento da cidade e emprenderon de tal maneira que deron traballo a centos de persoas.
Como apunta Marcelo, sería interesante coñecer as circunstancias dos emigrados actuais, que non son poucos nin difíciles de atopar. E, tendo en conta que moitos as pasan canutas só para vivir fóra, creo que merecen máis atención caos grandes magnates.
Se queredes falar con mozas e mozos emigrados, moitos deles estudados na nosa facultade hai nada, podo poñervos en contacto. Sen ir moi lonxe, por Facebook podedes atopar páxinas de colectivos de españois residentes en diferentes cidades do mundo (por exemplo: “Españoles en Edimburgo”). Por este tipo de comunidades online organizan reunións, publican anuncios, comentan sucesos e dan axuda a outros emigrados. E se queredes datos concretos, visitade as páxinas de Juventud Sin Futuro:
http://juventudsinfuturo.net/
http://www.nonosvamosnosechan.net/
Iso si, non creades que ‘Españoles por el mundo’ representa a unha maioría dos emigrados. Para nada.
PEREIRA VILA, JORGE 152.H02