Adictas ó sacho

Non é sempre fácil poñerse na pel delas,desas mulleres que traballan todo o ano no campo. Saber o que costa andar todo o tempo aí fóra; con frío, con calor, con chuvia, con xeadas…

A próxima semana, e sen facernos demorar máis, teredes a entrevista de dúas mulleres labregas que traballan todo o ano no campo. Hoxe, para ir abrindo o apetito e ir saciando a vosa curiosidade, deixámosvos unha noticia de La Voz de Galicia que recolle información sobre mulleres emprendedoras que decidiron facer do campo e da comida ecolóxica o seu negocio e o seu estilo de vida.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/04/25/0003_201104G25P5991.htm

Un tema no que tamén vamos afondar máis, xa que cada día son máis as mulleres que se unen a esta iniciativa e deciden facerse un oco neste novo sector ata fai pouco inexistente.

Captura-de-pantalla-completa-30012013-1101061-268x200O rural, sabemos dende sempre, que foi un espazo de traballo duro, onde a capacidade de forza e aguante sempre estivo moi presente. A muller neste eido, polo tanto, sempre se lle viu relegada a un papel secundario con respecto ó home, aínda que como sabemos todos, traballaba de igual maneira. Nos últimos anos xurdiron iniciativas , que ademais de saudables, son enxeñosas e permiten realizar o xénero feminino negocios de emprendemento e saber estar fronte a comunidade. Un novo xeito de dicir “nós estamos aquí e estamos loitando”.

Coa fama da comida basura, dos químicos, dos alimentos transformados xenericamente… son moitas as persoas que rexeitan o consumo de produtos que a longo prazo son prexudiciais para a saúde. É aquí onde entra en xogo o mercado creado por persoas como Isabel e Dolores; comida da horta natural e san, que ademais ofrece todas as garantías. “É o de sempre, o traballo de horta que sempre fixo miña nai”, comenta Maricarmen, outra muller que tamén traballa neste sector.

Convídovos, ademais de probar estes produtos, a que leades a noticia que adxunto, é realmente interesante e podemos aprender moito de estas loitadoras. Dende o Sindicato Labrego tamén nos porán en contacto con máis mulleres que emprenderon no rural e estaremos encantadas de contarvos todo o que nos digan.

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

Posted on 27 Febreiro, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Interesante artigo e interesante noticia. O traballo no rural, goste ou non, está moi relacionado coa Galiza. A Galiza é fundamentalmente rural. Gustaríame contar unha anécdota persoal relacionada co tema do rural, do sacho e da muller labrega. Supoño que lembrades a repercusión que tivo o vídeo “Ghalegho”, pois nun dos comentarios de youtube decíanme ” deberíades pór edificios e tráfico polo fondo, e non paisaxes rurais, para que non se relacione o rural con ser analfabetos”. Con isto, quero dicir que segue existindo o prexuízo de ser do rural con algo negativo. Neste caso, para esta señora a horta é unha especie de “ilusión” para vivir. A uns gústanos escribir, a outros bailar e a outros plantar tomates. E todo debe ser respetable.
    Coñezo máis de un intelectual que cambiaría a súa vida por vivir nunha casiña de pobo e traballar nunha horta.

    Creo que deberíades pór algún vídeo ou audio, para o seguinte post, das propias señoras falando, xa que dá máis dinamismo ao voso traballo.
    Seguide traéndonos información relacionada con estes temas.
    Parabéns

    GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

  2. Está ben. Pero o primeiro parágrafo incorre en “victimización”. Por favor, non así. Gracias.

  3. Esperamos con ansia esas entrevistas! Mentres tanto, deixovos aquí un enace a YouTube onde una socióloga fala sobre o papel la muller no rural. Os cambios e persistencias que a día de hoxe continúan a ocorrer. Co análisis que ela fai podíades facer comparacións coas vosas mulleres rurales e dar tamén a vosa opinión.

    Espero que vos vala!

    FERNANDEZ MEIJIDE, SARA 151.G03

  4. Quizais o rural lle custou adaptarse a modernidade. É dicir, non por ser do rural tes que manter todo o tradicional, tampouco perdelo. Non obstante, se queremos que o campo non se converta nun simple paseo de fin de semana, débense plantexar novos horizontes. Novas vías de xerar riqueza son a chave que poida abrir a esperanza cara a un novo mundo rural, sen abandonar a súa esencia. Unha destas novas actividades é a produción ecolóxica. De novo, a muller labrega atópase detrás de todo isto. Claro exemplo de que todo é loitar, nada está morto mentres respire. E de momento o noso rural respira, grazas a labor innovadora de mulleres como Dolores e Isabel. O campo dános moitas posibilidades nas que innovar, o caso é poñerlle valor.

    Déixovos aquí un enlace acerca dunha mesa redonda que terá lugar esta tarde en Teo sobre as mulleres labregas con motivo da celebración o próximo domingo do Día da Muller. O acto é as 19:30 h na Casa do Concello.

    http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=1487&lg=gal

    GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: