Que é a ciencia?
Alguén sabería nomear algunha semellanza entre a física e a historia? Algo que as vincule? Está máis que claro que diferenzas hai moitas, por non dicir que nada ten que ver a unha coa outra. Vós preguntaredes… Por que entra en xogo esta reflexión? Ocorréusenos a idea de facer este post cando, a principios da semana, concertamos unha entrevista con Patricia Calvo, a xornalista que se encarga de xestionar a actividade comunicativa de HistAmérica. A conversación suscitou varios debates. O que poño hoxe sobre a mesa é unha vella e desgastada polémica que nunca deixa de estar de moda: ciencias ou letras?
O tema naceu a raíz dunha pregunta sobre o financiamento dos grupos de investigación. Moi acertadamente, Patricia asegurou que entendía á perfección que as axudas fosen máis cuantiosas para un proxecto de física molecular que para un de historia de América. Porén, a consideración social das dúas temáticas está moi afastada e pouco ten que ver cos cartos que percibe unha fronte á outra. É dicir, parece que nun ámbito como o que estamos a abarcar, a investigación histórica non adoita ter o mesmo recoñecemento que a científica pura.
Foi unha reflexión que a nós, como grupo, nos chamou moito a atención. De feito, tamén tiñamos os nosos prexuízos cando comezamos a traballar con eles. Realmente é unha comunidade científica? Foi a dúbida que se nos formulou nun primeiro momento porque consideramos que colaborar con historiadores non se cinguía realmente ao termo. Estabamos equivocados. A historia, fronte ás moitas diferenzas que poida ter, ten algo en común coa física: tamén é unha ciencia. Os historiadores investigan un conxunto de coñecementos obxectivos e veraces, realizan experimentos, formulan hipóteses, marcan unhas metas e seguen unha metodoloxía que impón o ritmo do seu traballo.
A ciencia non só son números, nin ecuacións, nin expresións matemáticas imposibles. Porén, a súa definición parece estar erroneamente interpretada pola sociedade.
FILLOY MARTÍNEZ, LAURA 151.B05
Posted on 27 Febreiro, 2015, in Biblioteca, Memoria, Posts individuais and tagged 151.B05. Bookmark the permalink. 5 Comentarios.
Casualmente Laura, en la entrevista que hemos tenido ayer con el coordinador de nuestro grupo también salió el tema de la escasa financiación de los grupos de investigación en los campos más relacionados con las ciencias sociales frente a las “ciencias puras”, por así decirlo. Es un tema interesante y que incluso se podría tratar de averiguar si realmente existe esta discriminación o si se trata más de un tema relacionado con la mayor o menor necesidad de recursos.
No quiero adelantar mucho puesto que este mismo lunes empezaremos a hablar de esa entrevista, pero otro de los temas principales en los que se centró la conversación fue la escasa atención que prestan en comunicar lo que investigan precisamente al público en el que se centra la investigación. En el caso de vuestro grupo, ¿os ha pasado algo similar? ¿Cuáles han sido vuestras conclusiones al respecto sobre este tema (si se pueden adelantar claro)?
* RODEIRO MEIJIDE, MARÍA NIEVES 152.A03
Disculpas.
Nieves, totalmente de acordo. Chamounos tanto a atención o que nos contou Patricia que consideramos necesario plasmalo para que se entendese mellor o traballo que estamos levando a cabo. E si, a nós tamén nos pasou algo similar. De feito, chegamos á conclusión de que outro dos grandes problemas dos grupos de investigación atópase na forma de difundir a información ao público. Isto tamén será obxecto doutro post, polo que o trataremos con máis profundidade.
Tendo en conta que escollemos o mesmo tema sería moi interesante que a final de curso puidésemos facer algún tipo de comparativa.
FILLOY MARTÍNEZ, LAURA 151.B05
Sabia reflexión que, por desgraza, moi poucos comparten. Como estudante estiven nos dous bandos desta loita absurda entre as ciencias e as letras. Para moitos os científicos son persoas con bata branca que realizan experimentos, é dicir, non se conciben as ciencias sociais, e menos a historia, como unha disciplina científica.
A historia como ciencia estuda o pasado, investiga e analiza o que xa ocorreu para configurar unha memoria histórica que permita avanzar. Tal e como dixo o profesor V. Freixanes na clase de Industrias Culturais de hoxe “sen a memoria histórica todos os avances que hai actualmente non terían ningunha utilidade”.
Do mesmo xeito que a ciencia precisa coñecer os antecedentes para poder comprender o presente, a “historia do presente” precisa adaptarse aos avances tecnolóxicos para avanzar. Sen coñecer o pasado, sen entendelo, non se pode evolucionar. Por este motivo considero que a única forma de acabar con esa loita absurda entre ciencias e letras e facer entender á sociedade que un dos bandos non está completo sen o outro, que sen pasado non hai futuro: non se pode construír unha casa sen uns sólidos alicerces.
García Barragáns, Nerea 151.F04
Alégrame moito que se comparta a nosa perspectiva sobre o tema, Nerea. Non hai frase que mellor resuma que a ti plasmaches: ”Facer entender á sociedade que un dos bandos non está completo sen o outro”. Non sei se é un problema etimolóxico, histórico ou de simple descoñecemento pero, no fondo, a ciencia é todo o que nos rodea. Restrinximos tanto o uso do concepto que acabamos por encerrarnos un pouco na ignorancia e rexeitamos saír da comodidade.
De todas formas, a culpa non está só na sociedade. Baixo a miña perspectiva son os medios de comunicación, como unha arma de difusión masiva, unha das mellores maneiras de acabar cos prexuízos e os estereotipos. E nós, que estamos a estudar esta carreira, deberiamos ter este principio moi claro. Se non recordo mal, vós no voso traballo tamén tocastes o tema do Xornalismo Científico e estou segura de que chegastes a conclusións moi interesantes. A nós o que nos parece é que ten que existir reciprocidade e insistir constantemente nunha fluída relación entre o que investiga e o que comunica. As dúas dimensións son necesarias e as dúas dimensións consiguen o que pretendemos: riqueza de coñecemento.
FILLOY MARTÍNEZ, LAURA 151.B05