A mellor forma de entender e explicar é coñecer as causas

Esta semana, como anticipaba a miña compañeira de grupo Irma Rivera Molins na súa entrada da semana pasada, comezaremos co traballo de campo que nos comprometimos a facer para esta materia. Despois de contactar e citarnos con Ignacio Carballo González (delegado en Santiago do diario La Voz de Galicia), conseguimos o aval que nos confirma a súa colaboración. Carballo púxonos en contacto con Rosa Martínez, a xornalista encargada da información municipal no concello de Santiago de Compostela. O vindeiro xoves acompañarémola nas súas tarefas profesionais como meras observadoras, mais recolleremos toda a información posible para poderen facer un estudo do seu traballo para este medio.

Por outra banda, como aportación individual para o grupo tras o reparto de tarefas, hoxe achégovos o comezo dun traballo de documentación centrado na cobertura que fixo este xornal do accidente do alvia acontecido en Angrois en xullo do 2013. Sempre sentín interese polo acontecido e pola seu tratamento por parte dos medios. Non sei se foi a miña vocación como xornalista a que me levou a mergullarme neste tema, ou se pola contra o fago polo sentimento de dor que sentimos aquel día os galegos. Ó mellor foi unha mestura de ambos, pero o caso é que acabei entrevistando a unha das afectadas deste accidente. Déixovos o resultado da mesma ó final do post.

O causas do accidente  sempre xeraron (e seguen a facelo) controversia por parte tanto dos afectados como dos políticos pola asunción de responsabilidades. No primeiro artigo publicado por La Voz de Galicia, horas despois do accidente, a rotundidade coa que se acusou de culpable ó maquinista, Francisco José Garzón, deixaba unha imaxe embazada da posibilidade de que el non fose o único responsable do falecemento das 81 víctimas mortais. Houbo unha cita (sen referencia de autor) que me chamou a atención sobre as demais, na que se di que se en Galicia o trazado de Alta Velocidade contase con ERTMS (sistema europeo de frenado automático), o sinistro non debía ter acontecido.

'How close to the truth do you want to come, sir?'

O día seguinte, uns dos titulares referentes o accidente rezaba que fontes (anónimas) de Renfe confirmaban que se podería ter evitado o descarrilamento e colisión do tren se estivese perfectamente adaptado a Alta Velocidade, con ERTMS inclusive.

Quizáis sexa comprensible á ollos da sociedade que nun primeiro momento se centrase a información mediática en falar de falecidos, idas e vidas de políticos ata Angrois, declaracións… mais a miña opinión é que desde o primeiro momento se debería ter estudado o por que do accidente tratándose dunha liña, como dixeron na súa inauguración, moderna e segura.

Tamén estiven ollando unha entrevista que o xornal galego lle fixo a Julio Gómez- Pomar o 1 de agosto de 2013. Naquel momento el era xefe de Renfe. Déixovos o enlace o pé deste post para que os que estén interesados o lean e saquen as súas propias conclusións. A entrevista, na que se pode respirar certo aire de incomodidade por parte de Gómez-Pomar, deixou ó entrevistado nalgún momento sen fala, como se indica.

No seguinte post que corra pola miña conta, seguirei comentando aspectos tanto admirables como criticables (desde o punto de vista dunha futura xornalista) da cobertura que se fixo deste tráxico suceso dende o momento no que aconteceu até a actualidade.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/08/01/acabar-ano-estara-operativo-sistema-ertms/0003_201308G1P8998.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/07/24/maquinista-tren-descarrilado-santiago-reconoce-iba-190-hora/00031374692270721158120.htm

Tamén vos deixo o primeiro artigo que publicaba La Voz de Galicia tras coñecerse o accidente.

EntrevistaFinalPDFF

Montáns Parmo, Lucía (152.D01)

Advertisements

Posted on 3 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Lo primero felicitarte Lucía, por la entrevista realizada a Esperanza. De verdad que me ha parecido muy interesante todo lo que nos ha podido contar a través de tu trabajo. No tenía ni idea sobre la idea de hacer un documental sobre el accidente. Efectivamente, ese día fue francamente triste para los gallegos. Me parece un proyecto bastante honorable y necesario, el que haya gente comprometida como Esperanza -y la plataforma de afectados- dispuesta a hacer lo que sea para sacar a la luz las causas que propiciaron el terrible accidente de Angrois. La actuación de los medios, como bien has dicho, se centra demasiadas veces en señalar con el dedo a ciertas personas, dejando de lado lo veraderamente importante como las causas de un accidente ferroviario, en este caso. Creo, al igual que Esperanza, que hay cosas que aún no se saben, y les doy todo mi ánimo para que continúen con su propósito de investigación.

    El post también afirma que a partir de ahora trabajaréis directamente con la periodista Rosa Martínez. Creo que es la mejor manera para comprender cómo es el trabajo real de un periodista, a través de la observación de los hechos. Espero que vuestro trabajo continúe y que podamos conocer a través vuestra situaciones relevantes en la actividad profesional de una periodista. Mucha suerte y ánimo

    BELTRÁN GARRIDO, ELENA 151.A02

    • seminariocomunicacion1

      Penso, Elena, que o tratamento que recibiu o suceso de Angrois foi pésimo, no caso de moitos medios meténdose de cheo no sensacionalismo e obviando calquera código moral e deontolóxico. Pero sen meterse de cheo no asunto e investigar porque viaxamos nun medio que ante calquera erro humano pode provocar a morte de centos de persoas, porén as vítimas deben facer elas mesmas o traballo de investigación e petición de responsabilidades legais á niveis que o xornalismo non entende ou non “permite”. O problema está en que, aínda que eu individualmente me preocupe e interese polo tema, queira dárlle voz a estas persoas, non vou poder publicalo de xeito profesional debido a presión que exerce a liña editorial dun medio nos seus contidos.

      MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

  2. Lo primero al igual que mi compañera Elena felicitaros por poder trabajar junto a la periodista Rosa Martínez, y poder ver en primera persona el trabajo de una periodista fuera de la redacción.
    En segundo lugar, me parece interesante comentaros que el año pasado trabajé en la realización de un pequeño documental sobre el accidente de Angrois. Igual os es de ayuda para ampliar el trabajo de campo sobre este tema. El vídeo contiene testimonios de los periodistas, de cómo vivieron la situación y como cubrieron el suceso para finalmente recibir el Premio Ondas. Además pusisteis un enlace sobre como trato La Voz de Galicia el accidente, sería interesante que lo comparaseis con otros medios para contrastar los hechos, ya que es un tema que da lugar a sensacionalismos.

    Os dejo a continuación el vídeo:

    MERA DIZ, CRISTINA 152.B03

  3. seminariocomunicacion1

    De aquí en adiante seguiremos tratando tanto este suceso como outros que irán cometando a miñas compañeiras, para poder comparar a nosa visión do acontecido co que os medios cos que traballamos recolleron.

    A verdade é que traballar cos compañeiros da Cadena Ser Santiago neste pequeno documental que fixemos o curso pasado serviunos para comezar a viaxar polo mundo do xornalismo de xeito máis profesional. Foi un pracer traballar contigo e cos demais compañeiro, Cristina.

    MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

  4. seminariocomunicacion1

    Tristemente, de nuevo el politiqueo se interpone entre la sociedad y las justicia. A riesgo de repetirme, mi enhorabuena por la entrevista, Sin duda es una perspectiva que casi no ha tenido representación mediática y personalmente estoy deseando ver ese documental que sin duda nos aclarará muchas cosas y nos hará dudar de muchas otras también. Sé que te habrás leído todo lo habido y por haber sobre el tema, pero investigando en relación al tema que trata mi grupo, los medios comunitarios, he encontrado el blog de un programa de radio de Cuac FM, “Somos minoría” que a los pocos días del accidente colgó un post que creo que te puede interesar. http://somosminoria.blogspot.com.es/2013_09_01_archive.html

    SILVA TROYÓN, YOHANA 152.C04

    • seminariocomunicacion1

      Grazas Yohana. A verdade é que se trata dun tema no que me atopei de todo, especialmente barbaridades que saían da boca dos verdadeiros responsables do accidente, ós que collen os cartos e se limitan a mandar ordes ós seus inferiores, que tamén son os que despois cargan coas culpas (tampouco está exento o maquinista, aínda que culpable, non o único).

      Xa lera ese post dese medio, e paréceme un acto de valentía por parte dun medio comunitario que entre a fondo nun tema de minoría, que no fondo, aínda que a sociedade non o conciba, é un problema que nós engloba a todos. Todos viaxamos en transporte público, é chegar ó teu destino san non debería depender do presuposto que o Estado considere adecuado, senón que ten que ser o adecuado.

      MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: