Na Galicia do declinar do século XIX e do alborexar do século XX

“Del escolar, al hombre que con su inteligencia se gana la subsistencia, no hay más de un paso”

Esta semana coa axuda Neira Vilas e dun antigo profesor da miña compañeira Cristina, Carlos Loureiro, adentrámonos no mundo das escolas creadas e financiadas polos emigrados na nosa terra, como fórmula para educar aos mozos da Galiza que configuraban o futuro da nosa cultura, lingua e territorio.

As escolas son o reflexo dun compromiso colectivo nacente, dunha necesidade coñecida polos emigrantes logo de verse nun novo continente con habilidades académicas superfluas, ausentándose nunha situación de inferioridade. Ao comprender a importancia destas destrezas comunicábanlle aos compatriotas coas mesmas pretensións que aínda non emigraran, primeiro debían prepararse de maneira apropiada.

Cos ollos na Terra os emigrados comezan a xuntar cartos e sufragar escolas, cemiterios, hospitais, edificios destinados a sindicatos, casas do pobo e fontes. Todo era pouco para os que quedaran. Así en 1882 os veciños de San Sebastián de Devesos afincados na Habana sufragan o cemiterio da súa parroquia, logo virían os de San Claudio, San Miguel de Reinante, Betanzos, Ces, Marín, San Xulián da Devesa, etc.

edificios creados

A idea estaba clara, precisaban do ensino para poder avanzar como persoas, levar a cultura ao máis alto e, quizais, nun futuro marchar na busca de algo mellor. Aínda así, as tasas de alumnos seguían sendo baixas incluso contando coas mesmas facilidades na escola ricos e pobres.

texto sobre la ignorancia

O patrimonio comunitario creado polos centros teña ben marcados os pilares básicos: o socorro mutuo, debuxo, historia, contabilidade, escritura, instrucción á lectura, etc. Aquí vos deixo un texto e un vídeo que ilustra o día a día nas escolas indianas:

cole

Para facervos unha idea do alcance e cantidade de colexios que foron creados na época consultade a infografía do enlace situada dentro do proxecto As Escolas da Emigración levado a cabo polo Consello de Cultura Galega:

http://mapas.consellodacultura.org/escolas/

Pero non todas eran boas críticas e non todos vían esta iniciativa como un elemento positivo. Algúns intelectuais cuestionaron a utilidade das escolas como símbolo de permanencia da cultura, tachándoas como un modo de desgaleguización e de deixar Galiza sen mozos que a puideran rexenerar:

criticacritica2

E ata aquí unha pequena pincelada sobre o que supuxo un compromiso colectivo que naceu alén do mar e pretendía alumear o camiño a todos os que viñeran despois.

final

Consello da Cultura Galega, Xunta de Galicia.(2012). Luces de alén mar, As escolas de americanos en Galicia. A Coruña: Consello da Cultura Galega.

GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA. 151.D03

Advertisements

Posted on 4 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Pareceme un tema moi interesante e ademais os anacos de texto que amosades aportánnos outra visión sobre esta temática. A miña noraboa polo voso traballo!
    En canto ao resto do post gustaríame indagar no medo que tiñan da desgaleguización e de deixar Galicia sen mozos que a puideran rexenerar. Sería un pouco egoísta non permitir a alfabetización dos mozos dunha xeneración, mais por outro lado podería ser entendible.
    Seguide traballando así! A inmigración galega é un tema que, na miña opinión, nos debería interesar á maioría.

    RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

  2. Claro que sí. Cando falamos de patrimonio comunitario (commons) estamos definindo o proxecto construtivista e solidario da creación dun país, a idea do desenvolvemento en tanto que humano dunha comunidade. Mágoa que todo esto fique esquencido e, incluso, abandoado polas administracións actuais. Ou quizabes por iso mesmo o esquecen e abandoan? Cantas vilas de indianos, cantas escolas e edificios para as asociacións civís son hoxe recoñecidas como bens do país?

  3. Moi interesante este post acerca das escolas promovidas polos nosos antepasados emigrantes. Unha cuestión que me queda bastante preto, xa que no concello de Vilalba existen ata 13 escolas creadas por emigrantes. Non sei actividade que se realiza en todas, pero teño coñecemento que nalgunhas aínda continua, en certa medida, co obxectivo para o que foron creadas. Aínda que non se imparta xa escola nelas, existen diversas asociacións que desenvolven as súas actividades alí. Polo que continúan o servizo dos veciños. Unha das máis destacadas é a escola da Liga de Santaballa. Dende logo a labor que continúan realizando é de admirar convertendo esta parroquia nunha das máis prósperas e activas da comarca.

    Aquí vos deixo dous vídeos acerca da escola da Liga Santaballesa. O primeiro versa sobre a súa historia; o segundo é un pequeno documental sobre o Legado Migratorio Santaballés.

    GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

  4. A emigración é un tema recorrente na nosa historia como comunidade. Alégrame que tomedes a iniciativa e esteades a recuperar toda esta memoria histórica da que tan pouco sabemos. Galicia, esquecida ao longo do tempo polo goberno central, por unha posición xeográfica marxinal, por unha sociedade estamental e rural foi impulsada polo pobo emigrante. E é de valorar o voso esforzo e interese por un dos alicerces da nosa cultura.
    O cuatrimestre pasado tamén eu me aventurei a investigar sobre este tema. Buscarei o material que teño e ofrézovolo por se vos interesa botarlle unha ollada. Houbo unha cousa que me chamou moito a atención e é que moitas das cousas que descubrín non as sabería se non investigase sobre o tema. É dicir, que algo de tanto peso histórico e cultural como a emigración non semella estar presenta na educación actual nin nos programas educativos das escolas e institutos. A que se pode deber isto? Sería un tema, cando menos, interesante.
    Outro asunto a salientar é que nós estamos a traballar con HistAmérica. É un conxunto de historiadores que teñen un grupo de investigación centrado na historia do continente. Seguro que podedes falar con eles sobre este tema e documentarvos dende outra perspectiva. É probable que engadan ao voso traballo outra visión sobre a emigración vista dende a tan lonxana América.

    FILLOY MARTÍNEZ, LAURA 151.B05

  5. A educación é un dos piares das sociedades avanzadas. Que dende a emigración puxeran en funcionamento esta iniciativa que nos retratades hoxe, é síntoma da evolución da poboación daquel entón. E pese a que non todos estaban de acordo con esta iniciativa, son cousas que pasan sempre que hai intencións claras de mellorar. Ás veces vale máis curar que previr.

    Unha documentación baseada en importantes fontes e moi ampla. Ademais, que incluades vídeos e textos fai, se é posible, máis ameno o feito de informarse.

    Bo traballo.

    Lareo Vilela, Lidia
    151.H04

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: