A comunicación como fío de unión na ciencia

  Xornalismo e ciencia. Dous termos que, aos ollos da sociedade, se repelen. Xa analizamos en posts anteriores que o concepto de “ciencia” abrangue máis alá de microscopios e  tubos de ensaio pero, ata que punto é necesaria a comunicación neste ámbito?

  Histamérica, o grupo de investigación co que estamos traballando, conta con numerosas indagacións latentes a un mesmo tempo. Cada un dos membros realiza o seu labor é, a primeira vista, podería semellar que non existe unidade na comunidade, mais Patricia Calvo, xornalista e responsable de comunicación do grupo, nega esta aparente realidade. O epicentro que aporta estabilidade á tormenta de temas tratados é un blog que xestiona Patricia e no que se publican libros, artigos e teses creadas polo grupo. A experta en comunicación afirma que unha das razóns polas que a escolleron para este posto de traballo foi o seu coñecemento de webs e asegura que o futuro da comunicación está na internet pola súa rapidez e gratuidade. A xornalista conta que, na maioría dos casos, é ela quen ten que enviar notas de prensa ao gabinete de comunicación da Universidade para dar a coñecer as novidades das investigacións. Non obstante, ultimamente están reclamando en xornais e televisións entrevistas con algúns dos membros do grupo para que xoguen o papel de expertos e expliquen a audiencia e os lectores certos conflitos actuais que se están a suceder en, por exemplo, Arxentina ou Cuba.

20150305072350

  Histamérica xa conta con un facebook creado por Patricia que agora se propón a si mesma a creación dun twitter para poder chegar a un maior número de individuos. Parece que, sen comunicación, a ciencia só existiría para si.

Caamaño Deus, Sofía 151.B02

 

 

Advertisements

Posted on 5 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Insisto. Este é un nicho ben interesante como saída profesional, ainda que suxeito os éxitos de financiamento do grupo. Non todos os grupos teñen estes recursos e teñen que apañar co gabinete de comunicación que enfoca o seu traballo na proxección xeral da USC nos medios tradicionais e punto. Ainda así creo que esta rapaza podería facer moito máis noutros ámbitos de difusión, que os hai, e buscar públicos afeitos ao traballo dos investigadores. Relacionar a produción de coñecemento coa sociedade, para que sirva a unha mellora da información ou das condicións de vida. MM.

  2. Darse a coñecer é moi importante para triunfar. E máis aínda se se trata de grupos de investigación da Universidade, pois na difusión das súas investigacións está o seu éxito. Por iso, paréceme unha importante labor a que está levando a cabo esta rapaza. Con todo, creo que ademais do Facebook, Twitter e o blog, deberían buscar unha estratexia comuncativa que chegue ao seu público. Coa axuda doutra persoa ou dun grupo, e mediante técnicas coma o Brainstorming, poderían chegar a conclusións interesantes. Por outra banda, os medios de comunicación convencionais non se poñen en contacto, normalmente, cos grupos de investigación por vontade propia. E menos se apenas son coñecidos. Así que ter que mandar notas de prensa é o máis habitual. Ademais que así aseguran que a información que se manda é a que realmente pretendían mandar.
    Polo demais, unha gran labor a de Patricia.

  3. seminariocomunicacion1

    Cremos que darse a coñecer é moi importante, ao igual que saber manter o interese do público cara as creacións que se realizan. Para isto, pensamos que a utilización dunha linguaxe comprensible pola sociedade é fundamental, a par de contar con estratexias para chegar ao público dun xeito máis eficaz. Ao noso parecer, sen comunicación sería como se non existira investigación, porque nadie máis que os propios membros do grupo poderían beneficiarse das súas labores e coñecer os novos descubrimentos. Non obstante, Lois Celeiro, responsable do Gabinete de Prensa da USC ten unha opinión que difire en certa medida ca nosa e que tratamos en posteriores posts.

    Caamaño Deus, Sofía 151.B02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: