Psicoloxía social

A psicoloxía social defínese como o estudo científico da maneira en que pensamento, emocións e comportamentos individuais son influenciados pola presenza, real, imaxinaria ou implícita doutros individuos. Segundo esta rama da ciencia, o comportamento humano vén definido polas interaccións, ambientes e situacións inmediatas. Por esta definición, podemos dicir que a comunicación é unha das bases das estruturas psicolóxicas do ser humano; sen ir moi lonxe, a propia linguaxe, por dar un exemplo, configura a nosa maneira de ver o mundo en tanto que cataloga e define arbitrariamente unha serie de formas, porcións, sensacións e fenómenos contextuais que o falante desa lingua percibe como importantes ou senlleiros. A comunicación entre individuos, ou sexa o diálogo, expande, modifica e mestura conceptos e comportamentos entre individuos e grupos, xerando harmonía se unha ou máis partes non se impoñen sobre as demais. Da falta de harmonía poden xurdir trastornos, tanto nas partes activas como nas pasivas das relacións interpersoais, e viceversa, de trastornos xorde a falta de harmonía.
Certos trastornos de conduta nos máis pequenos, como pode ser o trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH), impiden, en maior ou menor medida, unha relación efectiva entre o neno e o seu entorno social debido a un motor de vida desenfreado e a unha ansiedade constante.

Outro concepto que toca a psicoloxía social é a resiliencia, a capacidade de sobrepoñerse aos desafíos que poden non só traumatizar a mente dos individuos, senón tamén dun colectivo. Nestes tempos de crise económica e moral a resiliencia é un apoio de vital importancia para moita xente á hora de superar as dificultades que hai por diante.

Tanto un caso como o outro amosan que as persoas non son suxeitos illados e que, dalgún xeito, a un nivel moi primario existe a a necesidade e a capacidade de comunicarse e empatizar. Así, os problemas comunicativos poden afectar a saúde mental e viceversa, polo que a sociabilidade é un beneficio básico. Ademais, os colectivos no seu total son sensibles aos humores dos suxeitos que os forman, polo que unha sociedade forte, como é obvio, depende dos individuos e as conexións entre eles.

PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

Advertisements

Posted on 6 Marzo, 2015, in Canal BCP, Posts individuais, Vídeos and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. A resilencia é a capacidade de aguantar os golpes, de resistir e sair indemne. É a capacidade dunha persoa ou grupo para manexar os recursos cognoscitivos e materiais para preservar a identidade, a súa cultura, o asalto dos poderes e dominacións. Hai un libro de James C. Scott intitulado “Los dominados y el arte de la resistencia” que penso está na bibliografía da materia, moi recomendable. MM.

  2. seminariocomunicacion1

    En primer lugar, me gustaría felicitar a Jorge por este maravilloso post que versa sobre la psicología social. Me parece verdaderamente de provecho esta información para conocer con mayor detalle los problemas de conducta de jóvenes y niños derivados de su comunicación entre ellos mismos o con diferentes grupos o colectivos. En concreto el primer vídeo sirve para aclarar cáles son los problemas de conducta más destacados entre la juventud, así como sus causas y métodos de tratamiento información, dando una información muy completa y de fácil compresión de todo esto. Además, gracias a este post conocí el problema de la resilencia, una conducta bastante habitual entre los niños de hoy en día y que desconocía por completo.

    Para finalizar les dejo con un vídeo de la señora Gladys Adamson que añadirá más información sobre la psicolgía social y cómo se desarrolla la propia carrera.

    MICHELENA GRANDÍO, JORGE 152.F01

  3. Existen miles de estudos sobre a resiliencia na psicoloxía social. Eventos históricos de alcance nacional e internacional, sobre todo aqueles nos que se viron afectadas vidas humanas, son a base de moitos estudos sobre esta capacidade de superación e, dalgún xeito, aceptación. Como exemplo paradigmático, podemos mirar estudos sobre os atentados do 11 de setembro para ter unha idea dos danos psicolóxicos que causan os atentados terroristas a grande escala:
    http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2755263/
    Tamén podemos facer un repaso da evolución da teoría da resiliencia atendendo aos estudos que a precederon: o concepto primario de trauma padando a síndrome por estrés postraumático.
    http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2755263/
    En tódalas etapas da historia humana atoparemos un suceso que é precisamente memorable pola marca que deixou na psique dos homes e mulleres que a viviron. Poderiamos dicir, xa pasando ao campo da comunicación, que os informadores eliximos as noticias segundo o seu nivel de impacto na conciencia humana. Sería interesante estudar o papel dos medios de comunicación neses procesos de recuperación psicolóxica no que entra en xogo a resiliencia. Por exemplo: ¿Cómo afecta aos familiares do voo de Germanwings a cobertura mediática da catástrofe?

    PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: