Global Galicia

Emigrar na historia de Galicia leva por si unha triple definición: a oleada de comezos do XX que consolidou en boa parte de América parte do noso patrimonio cultural e intelectual (véxase o himno, a bandeira ou a RAG creadas en Bos Aires), a seguinte oleada que serán os descendentes dos pioneiros marcada polo exilio e a represión franquista. A próxima oleada é a marcada polo correr do presente.

Castelao había de analizar algunhas das causas da emigración que inaugurou a nosa presenza en Bos Aires:

Aínda que os factores económicos fosen dabondo para explicar o fenómeno migratorio de Galiza, é o certo que nós sabemos andar polo mundo á cata do benestar e que os demais españoes morren de fame con tal de non enfíar camiños descoñecidos. Os galegos sabemos arranxar os papeis e pedir un pasaxe de terceira, sabemos agacharnos nas bodegas dun transatlántico cando non temos diñeiro. Sabemos pillar estradas cun fatel ao lombo ou empurrando a roda de amolar, sabemos abrir fronteiras pechadas e pedir traballo en todas as linguas, sabemos, en fin, canto debe saber un bo camiñante aínda que o viaxe sexa o primeiro da nosa vida.

Alfonso R.Castelao, Sempre en Galiza

Hoxe, dende a ollada dos vellos emigrantes, marchar é ir cun plan de futuro previo. É ir cunha especie de contracto pactado. En base a isto, facilitan as redes sociais emigrar?

Arredor desta premisa, básase o proxecto posto en marcha pola editorial da Voz de Galicia: Global Galicia (http://www.globalgalicia.org/) nace como unha comunidade cibernética dos galegos no estranxeiro.Non só serve de referencia para os emigrantes actuais senón tamén dos descendentes daqueles galegos que partiron a comezos do século XX, os de sempre. Dirixido a case medio millóns de galegos localizados por todo o planeta. Internet é a ferramenta que fai parecer a distancia máis curta. Un espazo para compartir opinións, consellos, fotos ou vídeos.

A finalidade desta proposta garda certa similitude coa idea de pensar globalmente e actuar localmente.

A cuestión reside sempre en buscar e atopar novos alicerces. Tomar o fenómeno como un acontecemento circunstancial e saír “airosos” dos sentimento de morriña e nostalxia. Trátase de combinar as relacións interpersoais (a través da experiencia dos emigrantes galegos devanceiros e sucesores e tamén a través da historia dos que aquí quedan).

Algunhas testemuñas que escriben (símil da correspondencia doutrora)

http://www.globalgalicia.org/salitreycenizas/ (Javi Roura, xornalista)

http://www.globalgalicia.org/blogs/

Na páxina, as seccións ben diferenciadas abren ao mundo cousas como os eventos culturais que se fan para o encargo da memoria histórica, un buzón para os emigrantes que perderon contacto cos seus familiares, novas sobre os retornados, sobre os estudantes, sobre a actualidade. A plataforma permite, amais, visualizar grupos de facebook por cada país ao que emigran os galegos (véxase https://www.facebook.com/groups/6838113130/?fref=ts).

O desmembramento de certos países elexidos como destino proba a porcentaxe de galegos que marchan cara Alemaña, Bélxica, Francia, Reino Unido e, en menor medida Arxentina. Arxentina que fora a odisea na conservación do patrimonio galego, hoxe queda relegada a un segundo plano como país destino.

Un dos próximos retos aos que aspira a páxina, baixo a opinión miña e a do grupo, é que o contido se faga en galego.

En todo caso, o fenómeno migratorio é unha realidade que asoma nos novos tempos e que semella vai deixar pegada longa tempada. Sexa coas redes sociais ou sen ellas, o certo é que emigrar non é un feito exclusivamente de hoxe nin tampouco de entón:

Non hai cousas vellas nin novas, hai soamente cousas vivas e mortas, e non as determina a idade senón o sopro interior que as anima.

Otero Pedrayo, R. Vigo, 1982

seoane.

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

Advertisements

Posted on 10 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. É certo, a Voz de Galicia sempre pensa globalmente e pide localmente (ver débeda e subvencións que recibe). Emporiso fai negocio a costa, tamén, da migración (igual que fixo no seu momento La Región). Se non pensara globalmente, seguro que sería un grupo que realmente traballara por que a xente quede no país, en tanto que podera exercer presión nas institucións axeitadas para deter a marcha do capital humano. Certo que as redes sociais, as empresas de información, asentan no imaxinario dos migrantes potenciais a acción de migrar. Só é botar a mirada as canles satélite que chaman en África a unha vida mellor no paraíso europeo e incentivan ás mafias das pateras. A migración é un bon negocio, tamén para as empresas de información. Como non, se miramos globalmente non temos que fixarnos a quen pegamos a cabeza. O xaponés que enunciou esta frase quedouse calvo. MM.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: