Cando a relación xornalista-fonte está en dúbida

Dende o noso grupo seguimos a introducirnos nas tarefas do xornalista e na relación xornalista-fontes e xornalista-audiencia.
Hoxe, seguindo co noso traballo de documentación queríamos analizar unha noticia do ámbito local publicada en dous medios para así comparar o tratamento da mesma en ambos. Tentamos buscar unha noticia na que a sociedade fora a protagonista e non unha simple nova de algo acontecido no Parlamento, por exemplo.
A noticia elexida foi a manifestación a prol da medicación para todos os enfermos de hepatite C o pasado 1 de marzo en Santiago de Compostela e os medios La Voz de Galicia (Edición Santiago) e El Correo Gallego.

Pareceunos unha nova que afectaba á sociedade en xeral e así poderíamos ver a relación xornalista-fonte e xornalista-audiencia. O primeiro que vemos é que os dous xornais non envían a ningún xornalista do propio xornal á manifestación pese a ser na mesma cidade. Ambos medios cobren a información coa axencia Europa Press.

HEPATITE C

Foto: Europa Press

Unha xornalista dun dos medios -que non quixo que publicaramos o seu nome nin o medio- puidemos saber que, agora mesmo, as redaccións están baixo mínimos e que só se cobren as noticias esenciais ou algunha de última hora que rompe coa axenda establecida, nada máis. Unha vez máis o económico prevalece sobre a información. Vendo isto, a relación xornalista-fonte e xornalista-audiencia está sendo unha relación real nun caso coma este? Eu penso que unha manifestación a prol dun dereito básico coma este debería ter máis seguimento que o de un só medio: a axencia Europa Press.

La Voz de Galicia si que enviou a unha fotoxornalista: Sandra Alonso.

Sandra Alonso Foto: Sandra Alonso

Seguiremos analizando esta relación e traballando man a man con xornalistas para ver unha relación que, neste caso e outras moitas veces, pode estar en dúbida.

 

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

Posted on 11 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Madrugadora información. A precarización laboral que exercen as empresas de información actualmente por suposto que afecta á relación fonte-xornalista-audiencia (é unha secuencia circular máis ben) e dá de comer as axencias tamén precarizadas. A cuestión, creo eu, é ver que é o esencial na axenda de información para estas empresas. Quizabes revisando o que se considera “esencial” entenderíamos a dinámica e a orientación de empresa e o por que da sub-contrata da información. Nestas condicións precarizadas o traballo do xornalista como garante da veracidade e da contrastación de fontes, a vehiculización da información ao seu público, fica complicado. Non hai oportunidade para a selección real das noticias, xa predeseñada a axenda pola empresa, nin posible análise posterior dos efectos periodísticos da información, senon é responsabilidade xa do periodista. A comunicación establécese directamente entre empresa-público (ou neste caso si, audiencia), por tanto non a poderiamos entender como información periodística, senon información corporativa directa, froito das relacións económicas, das redes que desenvolve a propia empresa. A relegación de funcións do xornalista como mediador de información nas empresas de información é un feito real: as empresas de información substituen información por publicidade ou propaganda, que son as mensaxes que lle rendabilizan institucionalmente (é decir, para seguir manténdose como voz na area da opinión pública, como contratista no mercado). Neste caso concreto da hepatite C, onde a medicación básica entra tamén a ser considerada coma un ben de mercado, é lóxico que, como información, entre na dinámica de mercado e non se considere esencial. Velaí que as empresas non teñen en conta as necesidades da súa audiencia, senon a súa propia economía. Cada vez máis as audiencias nada teñen que ver coa información que estas empresas publican.MM.

  2. Esther Rodríguez Soto

    Me parece muy interesante comparar como dos medios tratan una noticia local. Me llama sobre todo la atención en el post el tema de la utilización de la información de agencia. Cuando entrevisté el otro día cuando entrevistaba a Marta (https://comunepersoal.wordpress.com/2015/03/04/ferrol360-informando-sobre-lo-que-de-verdad-interesa/) comentábamos el tema de que los medios locales o autonómicos, como es el caso de estos dos que habéis analizado, prefieren acceder a noticias de ámbito nacional-internacional a través de la información de las agencias para conseguir más “caché”. Sin embargo, lo que están haciendo es alejarse de su target de lectores y las agencias de noticias acaban controlando su agenda mediática. En este caso es aún más sorprendente al tratarse de una noticia de ámbito local y de tal relevancia. No pienso que sea un problema de tener pocos trabajadores en la redacción (Ferrol360 es llevada por 5 personas y entre todos cubren la información de una comarca entera); sino más bien de querer abarcar demasiada información y de comodidad por parte de los directores de los medios.
    Te dejo aquí un artículo de Frank González en el que se trata el tema de la influencia que han tenido las agencias de noticias en el resto de medios desde sus inicios y de cómo su uso como fuentes ha aumentado con el nacimiento de las nuevas tecnologías : http://www.saladeprensa.org/art837.htm

    RODRIGUEZ SOTO, ESTHER. 152.C02

  3. seminariocomunicacion1

    Día tras día doume conta de que o que se nos mostra maioritariamente na Facultade é a teoría xornalística que nada ten que ver coa práctica. Ou polo menos nos medios tradicionais. Como apunta Marcelo as empresas xornalísticas non teñen en conta as necesidades da súa audiencia, senón a súa propia economía. E non é isto romper con toda a ética xornalística que se nos ensina día a día, non é romper coa idea de que o xornalista se debe á sociedade? Dada a situación actual os medios tradicionais superpoñen a rendibilidade económica a todo o demais. E esa rendibilidade económica esixe inmediatez, non permite un total contraste, un profundo análisis e unha visión o máis cercana posible dos feitos. A inmediatez esixe recurrir a axencias para que a información saia á luz e o medio gane cartos.

    No debate de GAYE TUCHMAN: La objetividad como ritual estratégico: un análisis de las nociones de objetividad de los periodistas, saíu o tema de se sendo nós donos dun xornal pararíamos as rotativas ante unha última noticia exclusiva e relevantísima para a sociedade (coa posible pérdida de ventas polo atraso) ou se pola contra non faríamos nada e o xornal se vendería con normalidade. Moitos dixemos que as pararíamos, que o importante é informar con calidade e que a sociedade o valoraría e ó final o xornal sairía gañando. Pero unha vez máis estamos ante a teoría, igual na práctica a cousa cambia.

    Probablemente se aspiramos a traballar nun medio tradicional, teñamos que comprender a súa situación actual e intentar subsanala ou mellorala na medida do posible. Por exemplo, como fixo La Voz de Galicia que polo menos enviou a unha fotoxornalista a cubrir a manifestación. Senon sempre hai outras opcións.

    TICbeat é unha publicación dixital e independente especializada en tecnoloxía e investigación que coas súas palabras: “Quizás no seamos, por ejemplo, los mejores en analizar las ‘tripas’ de un producto, ni los que lo hagamos con mayor asiduidad. Pero aportamos –al menos eso intentamos– luz al SOBRESATURADO mundo de la información tecnológica. Queremos, humanizar la tecnología e interpretarla en clave social.” Buscan a diferenciación no panorama actual . Nun artículo seu http://emprendedores.ticbeat.com/cinco-startups-periodisticas-made-spain/) falan de cinco startups ou compañías emerxentes xornalísticas en España: Yorobuko, Jot Down Magazine, Información Sensible, The Objective y Acuerdo. Neste tipo de iniciativas que non entran na espiral da inmediatez diaria e que non se moven unicamente pola rendibilidade económica, podemos facernos un oco para contar as historias ben contadas, innovando e sobre todo tendo en conta as necesidades da audiencia.

    REY MURAS, PAULA 152.A02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: