O Agro

o agro

Como xa nos adiantou Melissa no post anterior O agro é un microespazo da Tvg que en tan só uns minutos ponnos ao día sobre o mundo agrario así como as últimas cotizacións dos mercados galegos de gando. Como trata temas moi variados analicei varios programas para ver o papel que desenvolvía a muller agraria.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/plantas-ecoloxicas-e-comestibles-para-cultivar-dentro-da-casa

Neste programa sobre un invernadoiro de plantas comestibles que ten un matrimonio pódese apreciar de maneira ben diferenciada o papel que cumpre o home e a muller. El fala dos sistemas para regar, fertilizantes e sustratos, mentres que ela fala das prantas aromáticas e comestibles en si e onde podemos cultivalas nas casas.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/prezos-en-silleda-a-producion-de-maza-na-estrada

Neste outro programa, o papel da muller é nulo. Tratan a produción da mazá Estrada e todas as intervencións son masculinas e de homes que superan os trinta anos.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/produtores-de-grelos

Aquí as diferenzas son moi claras. A muller é a produtora de grelos, mentres que o home é o comercializador. Outro detalle que quería salientar e que me sorprendeu é que ela non se trata dunha labrega de idade como se soe tipificar.

Elexín estes tres programas con diferentes datas e tratando diferentes temas para comprobar que os estereotipos nos medios acerca do rural están moi marcados e aprécianse ben as diferenzas. Eles os encargados da maquinaria, pesticidas, fertilizantes, é dicir, traballos pesados. Elas encárganse da recolecta, clasificación, plantación e sempre vinculadas a un traballo máis manual.

Se queredes ver algún programa máis aquí vos deixo a páxina da Tvg, onde podedes atopalos todos. Estas minucias que analicei pasan diante dos nosos ollos todos os días. Ás veces non nos fixamos ou non lle damos importancia a estes roles que parecen delimitar dous campos diferentes.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/o-agro

SALGADO BARBOSA, NOELIA  152.E04

 

Advertisements

Posted on 11 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Basta con facer uso dun enfoque en calquer rol ou tema para teorizar a partires de lecturas da información e dos efectos da televisión. Non obstante, nestes temas de recepción focada convén non perde-la perspectiva e tirar, por exemplo, conclusións temperás. O exemplo non dá razón xeral do que pode ser particular. Tédeo en conta se vades traballar con este método de exploración. é un apunte, non unha recriminación. Saúde.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: