Paso a paso
Estas últimas semanas estivemos estudando o amplo concepto de ciencia, que non responde ao que moitos teñen en mente: química, física, matemáticas… Co fin de conseguilo, entrevistamos á maioría dos integrantes de HistAmérica. Entre eles atopamos numerosas semellanzas á hora de entender o propio concepto de ciencia, e, como era de supoñer, as súas queixas, polo xeral, foron as mesmas. A estas alturas todos sabemos xa o que significa en realidade o concepto. A ciencia (do latín scientĭa ‘coñecemento’) é o conxunto ordenado de coñecementos estruturados sistematicamente. Tamén intentamos atopar diferencias entre o labor dos grupos de ciencias sociais e os de ciencias puras. Vimos entre eles moitas discrepancias, e non só en canto ao financiamento, un tema recorrente no noso traballo.
Eduardo Rey, investigador en HistAmérica
O seguinte paso, despois de determinar e saber como funciona o grupo por dentro, vai ser estudar a comunicación deste co gabinete de prensa, cos medios de comunicación e coas universidades estranxeiras. Falaremos co Correo Gallego, co que hai algún tempo tiveron un problema (non queremos adiantar que foi o que pasou porque consideramos que é algo bastante curioso e que vai chamar a atención de todos, e sería unha pena falar contando só coas declaracións dos integrantes do grupo, sen contrastar co propio medio de comunicación). A maiores, trataremos de afondar aínda máis nas relación persoais que se establecen entre os compoñentes do grupo. Este traballo non é fácil, posto que nos está costando moito coñecer os problemas que poden chegar a ter entre eles. Este estudo levarémolo a cabo nas próximas semanas. Ademais, imos pedir outra entrevista con Patricia (xornalista). Consideramos que sería bo aproveitar a súa figura e espremela un pouco máis, xa que é a figura esencial para o noso traballo dentro do grupo de investigación. Esta figura é precisamente da que, dende o noso punto de vista, máis carecen os grupos. De feito temos en mente poñernos en contacto con outros grupos de investigación. A partir disto estableceremos unha comparación que nos permita determinar cal é a importancia de Patricia dentro do grupo.
Grupo de traballo 151.B00
BRANDARIZ PORTELA, TANIA 151.B01
CAAMAÑO DEUS, SOFÍA 151.B02
CAMPOS NIETO, PABLO 151.B03
CASAS QUIROGA, PABLO 151.B04
FILLOY MARTÍNEZ, LAURA 151.B05
Posted on 11 Marzo, 2015, in Posts grupais and tagged 151.B00, GT 151.B00. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0