No bo camiño

Como vistes dende o primeiro post grupal a nosa liña temática foise orientando cara a emigración actual. Entrevistamos a Eloi Vidal, galego emigrante en Sevenoaks. Definiriamos isto como unha experiencia boa para coñecer como é a realidade dunha persoa que se vai nos tempos de hoxe. Como puidestes ver, hai unha gran diferencia ca emigración anterior. É posible que lle adiquemos máis tempo a este tema porque nos comentarios preguntástesnos polas condicións laborais ás que se ateñen (por que é máis fácil ascender, por que se ofrecen postos a estranxeiros, etc) Continuando ca emigración actual, contactamos con Global Galicia, a rede que pon en contacto persoas emigrantes en diferentes lugares. A cabalo entre a emigración a América do século XX e a actualidade, está o artigo que publicou a nosa compañeira Xiana das escolas de emigrantes. Non deixan de ser o resultado do traballo e investimento dos nosos antepasados que miraron cara o futuro e garantiron a educación das seguintes xeracións.
A principal problemática que atopamos á hora de investigar a emigración de galegos na actualidade é que é moi escasa cara América Latina. Porén, estase dando de forma moi frecuente cara Europa: Inglaterra, Suíza, Alemaña, Dinamarca… Intentaremos comunicarvos máis experiencias como a de Eloi Vidal. Outro inconveniente ao que nos ativemos foi á hora de investigar sobre a síndrome de Ulises, para o cal nos parecía convinte falar con psicólogos expertos mais non obtivemos resposta do Colexio Oficial de Psicoloxía.
Non queremos deixar de lado o noso obxectivo principal, o de mostrar os estereotipos que se crean en torno aos galegos na América. Mais, perduran estes estereotipos a día de hoxe para os galegos? Que outras connotacións sofren noutras culturas? Nas próximas publicacións intentaremos facer unha explicación histórica da emigración: como nace este fenómeno, como adquire novos significados e matices esta palabra e como se transforma no tempo.
Para continuar, mantemos o contacto co Consello de Cultura Galega. Casualmente están poñendo en marcha un proxecto para recuperar documentación gráfica da emigración. Calquera persoa que poida aportar fotografías ou outro tipo de soporte relacionado co tema será útil para a labor que están levando a cabo. Dependendo da evolución disto intentaremos compartir con vós este traballo.

castelao. a nosa rerra non e nosa rapaces

GRUPO 151.D00

AMOSA TATO, CRISTINA 151.D01

GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA 151.D03

GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

LUENGO MARTÍNEZ, DIEGO 151.D05

Advertisements

Posted on 12 Marzo, 2015, in Posts grupais and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Penso que é moi interesante que esteades tratando a emigración actual posto que é un fenómeno que nos afecta, sobre todo, a xente nova. Unha das grandes fontes grazas as que coñecemos como era a vida dos emigrados galegos en América Latina é a propia experiencia dos que sufriron este fenómeno. Polo que a recollida das testemuñas do presente son un bo espello da realidade.

    Na actualidade, España conta, por ambas bandas, cun fluxo de migracións moi activo. Ao mellor poderiades comparar o perfil dos emigrantes/inmigrantes en España.

    Sofía Caamaño Deus 151. B02

  2. seminariocomunicacion1

    Claro que si. O principal soporte para a nosa invesetigación son as persoas. Ademais, tendo en conta que estamos na materia de comunicación interpersoal cremos que é a mellor forma de traballar. A idea que nos dás está moi ben, de momento imos tentar tratar os estereotipos aos que están suxeitos os emigrantes en España. Moitas gracias, Sofía.

    GRUPO 151.D00

    AMOSA TATO, CRISTINA 151.D01

    GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

    GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA 151.D03

    GÓMEZ VALES, LAURA 151.D04

    LUENGO MARTÍNEZ, DIEGO 151.D05

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: