O que os xornalistas nos contaron

Despois de realizar unha enquisa á plantilla da Cadena Ser Santiago, obtivemos os resultados que a continuación comentaremos. Mais da metade dos xornalistas deste medio consideran que hai certas noticias que non chegan a ser comprendidas por parte dos oíntes. É un dato chamativo, posto que a tarefa dos profesionais do noso campo é facilitar a comprensión dos acontecementos que interesan á sociedade.

Para o próximo post grupal traeremos unha enquisa que faremos a pé de rúa para ver canta información chega a audiencia e como chega, para así poder determinar se a solución a este problema é dos xornalistas que non saben chegar a audiencia ou se, pola contra, é a audiencia a que non se esforza en coñecer ás noticias de actualidade.

Cando lles preguntamos polos criterios que siguen os xornalistas para acceder ás fontes, as respostas son diversas. Mencionan a accesibilidade, credibilidade, fiabilidade ou relevancia das mesmas. Definir cunha soa palabra esta acción tan importante é difícil, de aí que sexan máis relevantes as respostas dadas. A accesibilidade semella un xeito moi cómodo de chegar as fontes, máis non implica credibilidade das mesmas.

É lóxico que os xornalistas teñan unha rede de fontes ás que accedan con frecuencia. Pero non poden ser as únicas. A necesidade de contrastar informacións é un dos piares fundamentais do xornalismo, e nesta profesión a comodidade non se pode tolerar.

Na entrevista que poñemos a continuación, de AttacTV (até o minuto 1:26), Ignacio Escolar amósanos a súa visión sobre a responsabilidade do xornalismo en torno á crise. O debate público-privado, a idea de que os mercados se regulan sós… Ao final foron ideas e contidos que quedaron na mente da poboación. Sempre se di que os xornalistas teñen a obriga de saber chegar a audiencia, unha audiencia que a maioría das veces, é certo, actúa dun xeito pasivo e pouco crítico, pero: é máis importante chegar a eles ou como e con que calidade informativa se chega á sociedade?

GRUPO 152.D02foto

Montáns Parmo, Lucía 152.D01

Platero Pérez, Claudia 152.D02

Rapado García, Carmen 152.D03

Río Otero, Helena del 152.D04

Rivera Molíns, Irma 152.D05

Posted on 12 Marzo, 2015, in Posts grupais and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Después de leer el post creo que el fallo está en ambas partes, tanto en los periodistas como en la audiencia caen en la comodidad; pero me quedo con muchas ganas de ver ese siguiente post. Llegar del trabajo y sentarse a escuchar 10 noticias seguidas tratadas con pinzas, en un contexto en el que la oferta de información se rige más por la inmediatez y cantidad que la calidad, supone replantearse ya no solo criterios de elección de fuentes, si no de elección de las noticias. Al final tanto periodistas como oyentes estamos condicionados por el discurso de lo que vende, y sin tiempo ni demanda la implicación necesaria para poder entender y dar a conocer una noticia es utópica. Como decía hoy Freixanes, “tocar carne” es importante desde ambas partes si queremos realmente llegar a una información y llegar a una audiencia.
    SANTIAGO ARJONES, PAULA 152.C03

    • seminariocomunicacion1

      Precisamente a lo que queremos llegar es al origen de aquello que se está haciendo mal. Evidentemente lo que vende es algo a tenerse en cuenta, pero sin que altere los principios sobre los que se construye el buen periodismo.

      Muchas gracias, Paula. Intentaremos hacer el siguiente post lo más interesante posible.

  2. Da miña experiencia en Radio Galega puiden ver que as fontes dos nosos xornalistas radiofónicos limítanse aos xornais locais, ás roldas de prensa e ás subscricións ás noticias de axencias, todos exemplos de fontes relativamente parciais. Moitas veces boto de menos na radio pública o acceso e a consulta a fontes alternativas, polo menos no tratamento de novas de interese público (entendamos “público” como relativo aos asuntos do Estado democrático). Desgraciadamente na radio actual non existe o formato de xornalismo de investigación ou, polo menos, está relegado a un papel, non secundario, senón terciario. Neste aspecto, as radios comunitarias, aínda que as acusen de propaganda antisistema a maioría das veces, cumpren un mellor servicio en tanto que tratan temas menos populares e máis sensibles. Por suposto, existen híbridos entre comunitarias e privadas, que aportan novas perspectivas e calidade informativa a partes iguais. Estes formatos híbridos virían sendo proxectos semellantes ao actual programa de Carne Cruda, beneficiada polo medio de Escolar, por certo:
    http://carnecruda.es/
    Semella que, polo menos, nas radios deste país non se quere adicar moito tempo a mergullarse na noticia e profundizar en feitos e noticias que afectan a porcións importantes da poboación, sexan moitos ou poucos. Isto non sucede en medios impresos (Mongolia, por exemplo, a pesar de considerarse revista de humor, ten unha sección informativa de colofón ben documentada e bastante incendiaria) e na televisión aínda existen uns poucos exemplos deste xornalismo, chamémolo, insatisfeito (Jordi Évole pasou de ser o cómico coñecido como El Follonero a converterse no modelo a seguir de moitos xornalistas). As novas necesidades, modas e vagas dos medios audiovisuais foron mermando as capacidade e a curiosidade dos seus xornalistas, agora contentos con pasar a información da que xa todos dispoñen.

    PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

    • seminariocomunicacion1

      Es cierto eso de que en las radios de este país poco se profundiza en los hechos y noticias. Pero este es un problema presente en todos los medios existentes. Más bien considero que depende más del medio en concreto que de que se trate de prensa, radio o televisión. En cualquier caso seguimos trabajando en ello.

      Muchas gracias!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: