O traballo como festa

Tras analizar a diversión nos longos días de inverno dos nosos avós, toca meterse nesa outra parte do ano na que o rural cambia de imaxe. Ca chegada da primavera hai moito traballo por facer no campo e as formas de ocio cambian totalmente con respecto o inverno.

No rural o traballo é pesado, pero como di miña avoa “hai que collelo con cariño”. Non obstante, a concepción deste é diferente o que pode ser o de empregado dunha empresa. Prima a solidariedade e tamén o bo humor. “O traballo era tamén unha festa porque pasabas moitas horas fóra da casa e con moita xente, entre veciños” afirma meu avó. Estes traballos en compañía eran coñecidos como “as rogas”. Cada día a roga era nunha propiedade distinta, pero sempre os mesmo veciños axudando. Comíase e merendábase na leira e aquilo xa era unha festa dos nosos antepasados.

Outro dos grandes eventos da semana eran as Feiras. A estas adoitábase ir todo o ano, pero collían gran interese co bo tempo cando a terra comezaba a producir algún excedente para vendelo. Estas ventas permitían adquirir outros produtos que o campo non daba. Non obstante, era unha das poucas veces que a xente do campo saía da súa rutina e xeralmente as feiras tiñan lugar en sitios máis urbanizados con outros servizos que ó rural non chegaban. Por todo isto, as feiras tamén eran consideradas formas de ocio.

subir comun 1

Un día de feira en Cospeito

 

 

Por último, tamén estaban as festas e romarías. Celebrábanse sempre na data do patrón, independentemente de que día da semana fose.  Meus avós ían as festas do redor, pero a única forma de ir era camiñando. Comenta miña avoa que polo camiño levaban uns zapatos e antes de chegar o campo da festa cambiábanos por outros. ¿Onde deixaban os usados? Escondidos no medio das silveiras ata que acabada a festa, os recollían. Aínda así, a festa non duraba ata as tantas da madrugada. As 12 da noite chegaban os gardas para parar a orquestra. Non obstante a troula ía máis alá. Os músicos da orquestra comían nas casas dos veciños onde ían tocar e tamén se quedaban a durmir. Ademais, viñan familiares . “Polas festas igual eran 15 ou 20 persoas de fóra máis 7 que eramos na casa, durmiamos polo chan”. “O outro día pola mañá, os que se levantaban primeiro collían unha facha de pallas para levantar os outros”.

Subir comun

Festa de San Xiao na parroquia de Santa Cristina (Cospeito)

 

 

GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

 

 

Posted on 12 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Aí si eu de cativo participei nalgunha roga destas, alá no Ribeiro, vendimando, xa morrendo o vrán. Aos nenos nos utilizaban pra chegar ao fío dos socalcos, onde os homes maiores non podían chegar a recoller os acios. Ficaban todas as mans cheias de saiva e de tallazos do tesouro que era máis vello que nin sei, e nin sei coma tallaba. Ao final, os rapaces pisabamos as uvas nunha pipa aberta e grande, cos pés cheios do pó do camiño até a adega, mentres os homes fumaban e as mulleres xogaban a birisca, nos afastabamos o bagazo do primeiro zume do viño. Entre a excitación e os vapores collías unha marcha que nin diós.

  2. seminariocomunicacion1

    Cada vez que leo un dos vosos post gústame máis o tema que tratades e como o enfocades, contando historias persoais dos vosos familiares.
    Persoalmente nunca escoitara falar das rogas, ou polo menos non con ese nome, aos meus avós nin a ningún familiar.
    O que si me chamou a atención e que si que me ten contado miña avoa en numerosas ocasións é o tema dos zapatos cando ían andando ás festas.
    O que mais me sorprende destas historias é ver como evolucionou a maneira de divertirnos co paso dos anos, xa que a nosa xeración faino dunha maneira completamente distinta e de entonces.

    RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

  3. seminariocomunicacion1

    Vuestro tema es uno de los más bonitos, y uno de los más personales también. Me encanta la manera en la que contáis la información que obtenéis, esa forma melancólica, que es al fin y al cabo cómo se cuentan las buenas historias, como las contarían nuestros abuelos.
    Me llamó la atención, como a Paula, la historia de los zapatos en las fiestas, y también que los músicos comiesen en la casa de los vecinos antes de actuar, algo que no pasa hoy en día y que nos lleva a reflexionar sobre la sociedad actual, más cerrada, desconfiada que antes.

    COSTA CUÍÑA, NURIA 151.A03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: