Primeira toma de contacto coa política Compostelá, buscando fontes

As vindeiras eleccións municipais de Santiago de Compostela están moi abertas, xa que as novas forzas políticas emerxentes poden alterar o panorama. No recente traballo de campo recalamos na Facultade de Ciencias Políticas como primeira toma de contacto coa política actual, para coñecer un pouco máis a fondo o mundo da política en Compostela. Nesta visita, o noso obxectivo principal era conseguir algún contacto directo con alguén que estea involucrado directamente no tema das Municipais. Sacamos algunha conclusión evidente, de voces de algúns entendidos na materia, e é que a xefatura da cidade, a día de hoxe, está moi deteriorada debido aos numeroso cambios de alcaldes nos últimos anos involucrados en casos de corrupción, como xa mencionamos en post anteriores.

O asunto que resultou ser máis relevante no tempo que estivemos investigando e preguntando por alí, e o que ten coma protagonistas ás novas forzas políticas, que, a ollos dos expertos, están sendo amenzas reais para os partidos máis asentados. Por iso, tratamos conseguir algún contacto e cumprir o que nos ocupaba. E así foi, a maiores de diversas opinións de expertos en política, levámonos dos seus despachos o contacto de dúas fontes protagonistas nas eleccións municipais coas que contactaremos próximamente. Víctor Casas, xefe de Podemos en Santiago, e Paco Reyes, candidato do PSOE.

Facultade de Ciencias Políticas da USC.

Facultade de Ciencias Políticas da USC.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

Advertisements

Posted on 12 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. RIVEIRO COUSILLAS, JOSE 152.B04:

    1- COLOCA BEN OS TEUS APELIDOS E NOME

    MELCHOR FERNÁNDEZ, EDGAR BCP.004 (COORINADOR 152.B00)

  2. É moi interesante que poidades contar coa información de expertos no tema, e da oposición. Sen dúbida Santiago é unha cidade que non está moi a gusto coa súa alcaldía e, ademáis das forzas políticas, é interesante saber que opina a xente a pé de rúa (aínda que non estea no enfoque do voso traballo, outros grupos si que poderíamos valoralo).
    Agardo que sexa de interese para vós a entrevista con Paco Reyes e que poidamos vela pronto.

    PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: