Síndrome de Ulises

Continuando coa nosa investigación sobre a emigración atopeime co termo de “Síndrome de Ulises” que me chamou moito a atención. Temos claro que dentro do fenómeno da emigración  podemos encontrar moitas causas diferentes, pero todos intentan atopar unha vida mellor, por iso deciden abandonar o lugar no que viven.

Os emigrantes precisan adaptarse rapidamente á cultura e lugar ao que chegan. Isto pode crear estrés e ansiedade e, como consecuencia, unha maior lentitude á hora de adaptarse. Todo isto provocará un círculo do que será moi difícil saír e que pode rematar en depresión ou sentimento de soidade. É neste caso no que podemos comezar a faltar do “Síndrome de Ulises”.

Por qué se denomina así? Debido ao heroe grego, que viviu moitas adversidades e perigos no momento onde se encontraba lonxe dos seus seres queridos. Esta enfermidade é un dos posibles impactos psicolóxicos negativos que leva consigo a emigración.

MP900382693-copia

Cando a persoa marcha, marcha con esperanzas, pero ao chegar alí estas poden verse truncadas e comezar a sentir culpabilidade, tristeza, ou os coñecidos como trastornos psicosomáticos (insomnio…).

No seguinte vídeo, fálase de esta enfermidade explicando cales son os síntomas ou a quen afecta entre outras cousas. O vídeo conta tamén con algún testemuño de inmigrantes que chegaron ao noso país.

Luengo Martínez, Diego 151. D05

BIBLIOGRAFÍA

– Delgado, Sergio. 2013. El Síndrome de Ulises: el impacto psicológico de la emigración. Obtida o 10 de marzo de 2015, de http://www.psicologiaenlared.com/el-sindrome-de-ulises-el-impacto-psicologico-de-la-emigracion/

Posted on 12 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Persoalmente, non coñecía esta enfermidade e paréceme unha boa idea dedicar un post para tratar sobre ela. Ademais de indagar sobre todo o que abrangue a emigración, é convinte analizar as causas que se poden producir nunha persoa por atoparse fora da súa casa, lugar onde nos sentimos realmente cómodos.
    Déixovos un enlace sobre este síndrome que me pareceu interesante e espero que vos axude como material complementario: http://www.aragon.es/estaticos/ImportFiles/19/docs/Areas/Inmigracion/Otras%20Jornadas/Jornadas%20Salud%20Mental%20e%20Inmigraci%C3%B3n/SINDROME_ULISES.pdf

    LAREU PEREIRA. IREA REXINA 151.E02

  2. Está ben lembrar aquí o “síndrome de Ulises”. Parafraseando, ao redor do que dís da busca da vida mellor, o Sumak Kawsay (Bon vivir, en quichua) fala dunha boa vida, unha boa vida sostible co contorno. O da Vida mellor é unha noción occidental que remite a unha mellor ascensión social para vivir mellor, evidentemente nunha dinámica de consumo, ou mesmo ao través do servilismo liberal, por exemplo. Os aimara bolivianos falan do Suma Qumaña (que quere dicir unha boa vida en convivencia, participando dela) que ainda completa mellor a idea. Fálase moito de Ulises ou Odiseo, non tanto de Penélope, a súa esposa, que tamén agardou e agardou a volta do seu esposo na illa de Ithaca e tamén significa actualmente a un “síndrome”. Sobre os relatos de migración, o itinerario da migración, aconsellaría miraras algún artigo da socióloga Natalia Ribas Mateos que fala deses procesos, precisamente.

  3. seminariocomunicacion1

    Me paro a comentar en este post porque me llamó mucho la atención cuando lo vi, cómo hacéis un alto en el camino para destacar algo que realmente resulta interesante.
    Lo que me sorprendió fue el punto de vista que le dais al tema de la emigración. A través de una expresión curiosa y llamativa para aplicar a una enfermedad, conseguís destacar la cara más dura del problema de la emigración, lo que verdaderamente importa, el sentimiento del emigrado.

    COSTA CUÍÑA, NURIA 151.A03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: