HistAmérica en redes

Segundo a proposta de Carlos Sluzki definimos as redes sociais e persoais como todas as relacións que mantén o individuo coa xente do seu arredor, ben sexan familiares, amigos ou coñecidos cuxa influencia incide na propia creación e consideración da persoa. É dicir, sería algo semellante a un mapa conceptual que reflexa os vínculos compartidos entre alguén e o entorno.

Nós imos aplicar esta reflexión ao noso traballo: o estudo da comunicación dun grupo de investigación de historia de América.

Patricia Calvo no Coloquio sobre Violencia Política en Lisboa

Patricia Calvo no Coloquio sobre Violencia Política en Lisboa

Como se pode comprobar en anteriores post, a primeira fase dedicámola ao estudo das relacións que se establecían entre os integrantes de HistAmérica a partir de entrevistas persoais. Podemos dicir que o grupo forma unha rede mínima, aínda que tampouco se adscribe por completo ao concepto. Aínda que son só cinco membros fixos, teñen moitos colaboradores en formación que amplían e nutren os coñecementos comúns do grupo. Por outra banda, tamén consideramos que o nivel de densidade é medio porque teñen unha relación bastante próxima e adoitan intercambiar opinións respecto ao traballo. Con esta información, aseguramos que a comunicación é bastante informal.

Tamén podemos facer alusión específica á dispersión do grupo. Aínda que o núcleo esencial de HistAmérica traballa en Santiago de Compostela e ten un contacto case diario, un dos membros pertence ao Campus de Lugo e tamén teñen outros colaboradores en formación en Madrid, Valencia… A primeira impresión lévanos a indicar que é un grupo bastante disperso. Porén, os que levan a maior parte da carga  do traballo están en continuo contacto e traballan preto os uns dos outros.

Describindo esta perspectiva, a seguinte será coñecer mellor o seu entorno. Para iso, comezaremos a falar no seguinte post do Coloquio Internacional da Violencia Política no Século XX, celebrado en Lisboa e ao que asisten varios membros do grupo.

FILLOY MARTÍNEZ, LAURA   151.B05

Posted on 13 Marzo, 2015, in Biblioteca, Memoria, Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    A verdade é que dá a impresión de que é un grupo de investigación que traballa bastante a comunicación da agrupación. O feito de que investigadores da mesma rama intercambien información sobre un mesmo tema, axuda a que as conclusións dun traballo sexan máis enriquecedoras e máis acertadas. Pero, o feito de que manteñan esa relación que vós denominades como “informal”, non afectará á hora de realizar un traballo de maneira axeitada?

    RODEIRO MEIJIDE, NIEVES 152.A03

  2. Cando nós denominamos a actividade do noso grupo como ‘informal’ non nos referimos a que non haxa estrutura, orde ou organigrama dentro de HistAmérica. Cada un dos membros ten unha función específica e determinada e están asignados ás diferentes liñas de investigación que tratan. Usamos ese termo para referirnos que non levan unha relación institucionalizada, que non organizan reunións periódicas e que non teñen un trato puramente profesional. Senón que, a súa comunicación trascende o laboral e adoitan, polo que vimos, ter unha relación cercana. Ademais, as principais canles de intercambio de información son o cara a cara ou usando redes sociais e aplicacións como pode ser o WhatsApp. En ningún caso consideramos que a relación que manteñen os integrantes poida repercutir no seu traballo. Todo o contrario, cremos que pode chegar axudar a enriquecelo.

    FILLOY MARTÍNEZ, LAURA 151.B05

  3. seminariocomunicacion1

    Interesante radiografía do funcionamento da comunicación no seo deste grupo de traballo. A pesar diso si que é certo que considero máis interesantes aqueles post nos que vos centrades nas entrevistas aos membros do grupo xa que, baixo a miña opinión, son máis agradables de ler. Desde a miña humilde opinión penso que quizais neste tipo de temas as entrevistas sexan un bo aliado malia que a teoría da comunicación tamén precise un oco.

    GARCÍA BARRAGÁNS, NEREA 151.F04

    • seminariocomunicacion1

      Dende logo, Nerea. Decidimos destinar algúns post á análise máis teórica para poder complementala na recta final da materia cun traballo de campo máis exhaustivo. De feito, nas últimas semanas concertamos varias entrevistas con medios de comunicación, que sairán proximamente, e co gabinete de prensa da USC. Tocamos un pouco o tema na última semana pero aínda falta por subir o vídeo para quen lle interese profundizar máis no asunto do financiamento e da situación da comunicación dentro dos grupos de investigación.
      Moitas grazas pola túa achega.

      FILLOY MARTÍNEZ, LAURA 151.B05

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: