Labrando a igualdade

Como xa falamos en post anteriores, hoxe vamos a analizar un deses programas da televisión de Galicia que trata asuntos agrarios; vámolo analizar porque compre saber como é o papel da muller e o tratamento desta, así como saber se realmente ten importancia a distinción entre o home e a muller nestes tipos  de programas que as veces son tratados dende outra perspectiva.

Inauguración de Gandagro    IMG_9961

A labranza do día 1 de marzo trata as feiras Cimag e Gandagro, nelas fálase sobre a maquinaria agrícola e sobre o mundo agrícola e gandeiro en xeral. As principais declaracións que se observan son de homes, que falan sobre as innovacións do sector e sobre as metas acadas nestes eidos. Tamén se ven imaxes das feiras das cales está a tratar e pódese observar un claro predominio do xénero masculino; a maquinaría segue sendo un eido no que as mulleres aínda teñen un papel mínimo.

É difícil saber, polo tanto, até que punto neste tipo de información se dá un tratamento igualitario en ambos sexos xa que fala das innovacións no sector e nas diferentes empresas, así como premios que levaron polos avances; cabe salientar, como xa dixen, que as declaracións son exclusivas de homes, polo que tamén cabe pensar que só hai homes nestes momentos tratando estes temas.

Nas imaxes da feira Grandago vense máis mulleres que na do Cimag, pero o predominio dos homes segue a ser claro. Isto lévanos a pensar que non é que o programa faga un trato prioritario cara os homes, que non creo que o faga, senón que no sector da maquinaria agrícola a muller aínda está nunha posición inferior, cunha escasa representatividade nas esferas públicas. Tense que loitar para abrir oco e para que esta clase de problemas se poidan solucionar dun xeito equitativo.

D19C8F1

Aquí vos deixo o enlace dese programa; http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/feiras-cimag-e-gandagro .Hai moitos máis que tratan ouros temas, pero a problemática está presente; nas esferas altas e na representatividade cara o público o papel da muller rural e agraria segue nunha situación de inferioridade que hai que facer por cambiar para que isto non sexa así.

VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

Advertisements

Posted on 13 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Es muy interesante que hayáis decidido analizar el programa, porque estoy de acuerdo en que el cambio es fundamental para superar esa situación de inferioridad de la mujer. Si bien llevamos mucho camino andado, todavía existe ese estigma de que todo trabajo de fuerza es algo insólito para nuestro sexo.
    Y mientras los medios de comunicación lo respalden conscientemente o no, seguirá existiendo esa concepción del sexo débil y esa idea de dependencia y de necesidad de protección y amparo del hombre hacia la mujer. Os dejo dos enlaces, una noticia reciente que aún me mina bastante la moral pero que desgraciadamente no es raro ver cosas parecidas de vez en cuando:
    http://www.elcorreo.com/bizkaia/sociedad/201503/10/firma-deportiva-recuerda-etiquetas-20150310190318.html
    Y otra que aunque en términos como “delicados pies” y del estilo no me parece del todo adecuada sí que veo en ella un ejemplo a tener en cuenta:
    http://www.elheraldo.hn/csp/mediapool/sites/ElHeraldo/AlFrente/story.csp?cid=565831&sid=300&fid=209
    SANTIAGO ARJONES, PAULA 152.C03

    • Mabel Villamarin

      No entanto a primeira noticia Paula, pareceme denigante que aínda hoxe en día eses estigmas estean tan extendidos e marcas comerciais teñas a pouca cara de poñelos de cara o público, e estupido e humillante para o xénero femenino. Polo que respeta a segunda noticia, ademais de parecerme que fortalece a imaxe da muller, podo dicir, e falando persoalmente, que non só no Sur de Honduras andan con tratores as mulleres, pero que estas noticias se fagan visibles axuda a que a xente se empece a concienzadar e a darse de conta e que a situación está cambiando e que todos temos que empuxar para que acaba cambiando o 100%
      realmente pareceronme moi interesantes as dúas noticias, aínda que contraditorias mostranos que cun pouco de ainco as cousas poden chegar cambiar de todo.

  2. seminariocomunicacion1

    Gustaríame afondar, tralo dito pola miña compañeira Mabel (152.E05), no papel dos medios de comunicación en relación ao tratamento que se fai do xénero feminino. Mabel pensa que a presenza inferior de mulleres neste programa televisivo débese á maior representatividade masculina no mundo agrario. Estou dacordo, de feito, así é, mais a tendencia evoluciona en favor da redución desta diferenza entre xéneros, como ben podemos ver nestes artigos que aquí enlazo:

    “La mujer ha sido frecuentemente “invisible” en el mundo rural, anulada por una cultura patriarcal y machista, así como una especie de reserva de las costumbres populares del medio rural; se echa en falta la carencia o falta de servicios y oportunidades (especialmente empleo) que le permitan romper tal situación así como el desequilibrio entre sexos que caracteriza a muchas zonas rurales, más en las más profundas.” http://www.lalin.org/files/Galicia%20un%20mundo%20rural%20vivo%20baja.pdf

    “Galicia está á cabeza dentro da España en canto á presenza feminina á fronte das explotacións agrarias e gandeiras, nunha porcentaxe que se sitúa por riba do cincuenta por cento (53,4%)”: http://mediorural.xunta.es/nc/institucional/comunicacion/nova/pax/0/dia/17/mes/3/ano/2011/?tx_ttnews%5Btt_news%5D=4780

    Así, debemos destacar que, aínda que a representatividade sexa maioritariamente masculina, é o xénero feminino o máis destacado na totalidade do agro galego (53,4 % fronte ao xénero masculino). Deste xeito, os medios, tema que estamos a traballar desde o meu GT, tamén deben dar voz ás mulleres, que son as que, ao fin e ao cabo, sosteñen este mundo agrario escravo e silencioso. O programa televisivo “Labranza”, na miña opinión, debería ter tido en conta que Galicia – agro – muller é un trinomio inseparable e que os medios de comunicación son o cuarto poder, os únicos capaces de facer que as mulleres deixen de ser as encargadas do traballo sucio e os homes a imaxe do traballo que, en moitos casos, non fan.

    Para rematar, fago alusión ao proxecto CIDEC, un traballo de investigación levado a cabo por un equipo da nosa facultade e no que o obxectivo é o observatorio de medios centrado no tratamento, entre outros temas, da muller, ítem que nos atañe neste post da miña compañeira Mabel: Proxecto CIDEC.

    MELCHOR FERNÁNDEZ, BORJA 152.B02

    • Mabel Villamarin

      As noticias que adxuntas no enlace Borja, parecenme máis que interesantes para materializar o que eu quería mostrar no meu post, e se dalgún xeito non quedara o suficentemente claro, con eses enlaces que ti puxeches, quedará.
      Realmente os medios de comunicación é importante que lle den a torna o problemae busquen a información onde verdadeiramente está, que lle pregunten as mulleres, as maiores protagonistas dun mundo que leva demasiado tempo calado e que ten que facer por espertar.
      Grazas polo enlaces, verdadeiramente serán de gran axuda!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: