Con La Voz de Galicia no Concello

IMAG0802 (1)O pasado 5 de marzo citámonos ás portas do Concello de Santiago con Rosa Martínez, xornalista encargada da información municipal para o xornal La Voz de Galicia, que está a colaborar con noso grupo de traballo. Grazas a ela puidemos acceder a sala de prensa ubicada no edificio Raxoi, onde compareceron o alcalde da cidade, Agustín Fernández, a concelleira de Benestar Social, María Corral,  e Paco Reyes, líder do PSOE de Compostela.

Os membros do goberno local, Férnandez e Corral, presentaron un programa de renda social para axudar economicamente as familias máis necesitadas do municipio. Trátase dun programa complexo, entre outras cousas, pola incompatibilidade que presenta con outras axudas procedentes da Xunta. Porén, antes de comezar a rolda de prensa, os xornalistas presentes recibiron por parte do alcalde unha presentación anticipada do programa de inclusión social, dado que o tema era moi denso e propicio para dar lugar a unha sesión de preguntas moi longa.

A pesar desta reunión anticipada, Rosa foi unha das xornalistas que máis partido sacou da quenda de preguntas. A súa man voaba polas follas da súa pequena libreta verde. Foi a xornalista que mais se interesou, desde o meu punto de vista, por recabar máis información que a ofrecida de primeiras polos representantes do goberno local.

De seguido chegou a voz pasou estar en boca da oposición, concretamente do seu líder, Paco Reyes, para falar do número de pasaxeiros que perdeu e está a perder o aeroporto de Lavacolla. Rosa preguntoulle polo programa de axudas sociais que instantes antes presentara o alcalde, e para sorpresa de todos, reiterou en varias ocasións que o PP non lles comunicara até o momento o programa social que se aplicará a partir de xuño.

Aquí vos deixo o resultado do traballo de Rosa Martínez:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/03/05/renta-social-santiago-completara-ingresos-familias-necesitadas-limite-risga/0003_2015031425559179222308.htm

Por outra banda, recupero a parte do traballo referente á análise das noticias vinculadas o accidente ferroviario de Angrois. Esta semana gustaríame ensinarvos a condena social, non tanto mediática, a que se viu sometida unha das caras máis vistas tras o accidente: Rafael Catalá, que por aquel entón era secretario de Estado de Infraestructuras.

La Voz de Galicia recolleu o pasado setembro a “indignación e rexeitamento” que sentían as víctimas do accidente polo nombramento de Catalá como Ministro de Xustiza. El foi unha das voces que criticou ós medios de comunicación por contar que se trataba dun accidente de alta velocidade. Aquí unha entrevista que o diario La Opinión lle realizou ó exministro días despois do accidente:  http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/07/29/rafael-catala-accidente-gravisimo-alta/746865.html .

Cando Jordi Évole o entrevistou sendo aínda secretario de Estado, defendeu unha alta velocidade “austera e barata”. Podedes velo neste vídeo (minutos 3:17 a 4:32)

https://www.youtube.com/watch?v=Fcq7scupDrA&feature=player_embedded

Deíxovos dous exemplos de como as veces os medios de comunicación serven para dárlles voz a unha minoría que non está falta de razón.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2014/09/24/victimas-accidente-angrois-rechazan-nombramiento-rafael-catala-ministro-justicia/00031411548318314758325.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/09/25/sombra-alvia-persigue-nuevo-ministro-justicia/0003_201409G25P3992.htm

MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

Advertisements

Posted on 17 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Interesante os trazos previos acerca do ministro anodino. Vaia, vaia,…

  2. Sin duda alguna el verdadero periodismo es aquel que no es institucional, es decir, que no responde a los intereses del poder y por ende, representa a las minorías más afectadas. Tal y como cuentas en este post Rosa Martínez es un buen ejemplo de periodismo de verdad porque se preocupa por los grupos más desfavorecidos de la sociedad.
    Hace unos meses tuve el placer de asistir a un grupo de discusión sobre el tratamiento que hacen los medios sobre los grupos minorizados. Te dejo aquí el enlace de un programa de radio que dirige Clara de Saá en donde los protagonistas son siempre “los otros”.
    http://www.crtvg.es/rg/programas/convivir-en-igualdade

    Esperemos que cada vez más haya más periodistas que se dediquen a representar a esta parte de la sociedad.

    PÉREZ PRESEDO, ANDREA; 152.G04

    • seminariocomunicacion1

      Penso que na nosa profesión é moi importante traballar coas minorías para poder ocuparnos logo das maiorías. Por unha parte, porque os grupos minoritarios que necesitan do xornalismo para expresar as súas reinvidicacións interesanse moito máis polos medios e porque se lles faga cobertura. Os afectados polo accidente do Alvia de Angrois mostráronse moi receptivos e participativos as veces que traballei con eles, e proporcioume unha visión de minoría que é fundamental para min para formarme na profesión; non por ser minorías deben ter un trato minoritario por parte dos medios, como si se fai.

      MONTÁNS PARMO, LUCÍA 152.D01

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: