Existe confianza en HistAmérica?

A confianza e a comunicación son dous termos cuxa relación xa creou disparidade de opinións na clase. É necesaria a existencia de confianza para que exista comunicación ou, pola contra, é a comunicación o berce da confianza? Non sabemos se foi antes o ovo ou a galiña, pero neste post imos analizar as relacións de confianza no grupo de investigación co que estamos traballando: Histamérica.

1508977_772900209396644_2538493156490207279_n

  Tras coñecer a todos os membros do grupo, as funcións que desempeña cada un e as redes de comunicación interpersoais que foron establecendo co paso do tempo, decatámonos de que, a pesar de que existe reprocicidade entre os bens inmateriais que se intercambian os membros, a confianza existente está concentrada, sobre todo, en tres dos integrantes: Pilar Cagiao, Eduardo Rey e Patricia Calvo. Tras conversar con eles é evidente que a súa relación está moito máis consolidada  que a que poden ter co resto dos participantes. Isto permite que receptores e emisores se atopen máis cómodos e que a conversa e a información que circule na mesma sexa, polo tanto, máis fluída.

  Non sabemos se a confianza é a base da comunicación en xeral, pero si cremos que é o soporte principal do intercambio de información entre membros dunha comunidade como é o grupo  co que estamos traballando. Poderíase relacionar, neste caso, a confianza coa calidade da investigación: canta máis confianza, máis intercambio de información e, polo tanto, un resultado máis rico, variado e mellor contrastado.

Sofía Caamaño Deus 151. B02

Advertisements

Posted on 19 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Para que exista unha boa comunicación é necesaria unha relación de confianza, e máis se estamos a falar dunha comunidade onde o intercambio de información ten que ser fluido e estable. A base de traballo, codo con codo, fórmase esa confianza dentro da relación de traballo.
    Esta relación comunicación/confiánza lémbrame ó texto de Juan Carlos Aguirre: “Estatus epistemológico de la conversación y sus aportes a la práctica investigativa’’ (http://www.revistas.uchile.cl/index.php/CDM/article/viewFile/25958/27271).
    Nesta lectura, Aguirre explica que o comenzo da comunicación constrúese coa confianza e fala sobre cómo construíla según os psicoanalistas Freud e Fromm.

    ARIAS MÉNDEZ, ANA. 151.F02.

  2. Unha gran comunicación chega cando hai confianza. Iso é verdade. Unha verdade testada baixo o ensaio e erro. Cando temos máis confianza cunha persoa ou grupo delas, a comunicación é moito mellor. Tamén é certo que un bo comunicador sabe crear confianza cos ouvintes e, deste xeito, saltar a barreira do coñecemento previo.
    No caso que nos trae hoxe aquí, entendo que para que un grupo de traballo como HistAmérica sexa posible, os seus membros teñen que estar bañados nun ambiente de confianza que roce, canto menos, a amizade. Porque para presentar traballos e facer investigacións é máis cómodo e dá mellor imaxe se, no fondo, hai confianza.

    LAREO VILELA, LIDIA
    151.H04

  3. seminariocomunicacion1

    Concordamos completamente con vós. De feito, cremos que a confianza é o berce e, ao mesmo tempo, o alimento que fai que a comunicación se cree e se desenvolva. E a base da existencia desta confianza pode que sexa a vontade dos interlocutores para que exista. Cremos que para que esta situación de óptimo intercambio de información se produza, os participantes deben abrirse a que isto suceda.

    Caamaño Deus, Sofía 151. B02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: