Revistas agrarias – ACRUGA

Como xa adiantamos noutros posts, unha parte fundamental do noso traballo é analizar o papel da muller rural nos medios. Para iso fixemos a análise de diversos programas de televisión agrarios e agora imos facelo tamén de revistas da mesma temática.

A revista coa que imos comezar é ACRUGA, da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega.

No número de decembro desta revista atopámonos cunha reportaxesobre Paloma e Balbino, un matrimonio das montañas lucenses que se dedica ao gando. Alí contan cunha explotación de Rubia Galega que rexentan dende fai máis de 25 anos.

portada acruga

Na entrevista que a revista lles fai explican cales son os procesos que seguen na explotación e a que se destina a produción. Contan que levan toda a vida dedicados á gandaría xa que aprenderon o oficio dos seus pais, que tamén eran gandeiros.

Falan de como é o seu traballo e a súa vida. Tanto Paloma como Balbino teñen o mesmo papel dentro da explotación e os dous se dedican a facer os mesmos traballos. Levan esta explotación entre os dous, sen distincións de sexo.

Na mesma entrevista pregúntaselles como ven o futuro do sector gandeiro en xeral e da súa explotación en particular. A resposta que eles dan e moi importante para a reflexión: ‘Aínda somos novos e temos forza para seguir adiante. O problema nesta nosa zona é que non hai relevo para nós, por non haber veciños nesta zona. Temos dúas fillas pero non están pola labor de seguir co noso oficio gandeiro’.

Paréceme moi importante isto que afirman. Creo que o oficio de gandeiro está ben considerado entre as persoas de mediana idade, como o son os protagonistas desta reportaxe, pero a cousa complicase coas xeracións máis novas, que buscan outros traballos e escapar do campo.

Antigamente homes e mulleres traballaban, non solo na gandaría senón no campo en xeral, indistintamente do seu sexo. Porén, na actualidade, creo que non solo se está producindo unha menor demanda destes traballos, senón que se acentúan máis as diferenzas entre homes e mulleres.

Estes gandeiros afirman que as súas fillas mozas non están pola labor de continuar co oficio familiar pero, cambiaría a cousa se os fillos fosen homes?

REPORTAXE ACRUGA

RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

Advertisements

Posted on 19 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 9 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Polo que estou vendo estades atopando cousas interesantes acerca da presenza da muller labrega nos medios. Quizais, o que falla é a recepción deses medios, é dicir, a quen chegan, como son vistos… Por poñer un exemplo drástico. A unha persoa que non lle interese o fútbol sabe que existen xornais “futboleiros”. En cambio, neste caso aínda que existen publicacións referidas o mundo rural non se coñecen fóra dese ámbito.

    Por outra banda xa que neste post se trata tamén o futuro do mundo rural gustaríame comentar algunha cuestión. O éxodo rural que se produce día a día esta deixando centos de terras abandonas, incluso hai moitas aldeas por Galicia que a día de hoxe non vive ninguén nelas. Nunha entrevista que fichestes hai unhas semanas a unha muller labrega, ela comentaba que “se non había ninguén que traballase o campo a ver de que iamos vivir”. Estou totalmente de acordo con esta idea. A xente necesita do campo para vivir e vai sendo hora de recoñecer o traballo que se fai no rural. Quizais para que as aldeas peguen un pulo teñan que cambiar, innovar para sobrevivir. Aquí vos deixo un enlace sobre una noticia relacionada coa innovación no rural.

    http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2015/03/14/innovador-rural-premio/936887.html

    GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

    • seminariocomunicacion1

      Tes razón cando dis que o que falta e a recepción xa que nos non sabiamos da existencia da maior parte destes medios e, de non ser polo traballo, nunca chegaríamos a coñecelos.
      Moitas destas revistas e asociación coas que estamos traballando é precisamente iso o que buscan, que deixe de menospreciarse o traballo do campo para que non se produza ese éxodo, xa que, como ben afirmas, o traballo do campo é imprescindible.

      RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

  2. seminariocomunicacion1

    Se ve que el desconocimiento es una constante en muchos casos. La mayor parte de los medios de los que habláis personalmente no los conocía, pero me alegra saber que, a pesar de todo, sí hay medios que se preocupan en darle voz a dos sectores que tienen poca presencia: mujeres y el mundo agrícola/ganadero.
    Con la huida de los jóvenes de los pueblos, dejando el sector ganadero casi sin futuro. Aquí es donde siguen presentes unos de los mitos más grandes que recorrieron el mundo: “trabajar en el campo es de paletos”. Los jóvenes quieren escapar de esa etiqueta, sin darse cuenta de que es una profesión más importante que algunas otras que se desarrollan en las ciudades.
    Sin embargo, con el paso de la crisis hubo gente que volvía a sus pueblos http://www.huffingtonpost.es/2013/03/10/la-huida-al-mundo-rural-por-la-crisis_n_2817366.html?
    Además, esta profesión es de las pocas en las que no se hacen distinciones de sexo, como dices en el post. Debe de ser de los pocos trabajos que no las hacen.

    FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, CARMEN 151.A04

    • seminariocomunicacion1

      Como ben lle dixen a Iván, nos tampouco sabíamos da presencia destes medios e gustounos coñecer que existen e que traballan por loitar pola figura da muller e tamén pola pervivencia do sector agrario e do traballo no campo, xa que é tan digno e importante como calquera outro.

      RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

  3. Con el paso de los años el estilo de vida ha ido cambiando, y es normal que la concepción que tienen de vida la generación de nuestros padres, y más aún nuestros abuelos no coincida con la nuestra propia. No creo que el caso variara si las hijas de la pareja fueran hombres. La gente joven tiene unas aspiraciones diferentes. Somos gente más de ciudad (habitualmente) y eso conlleva a llevar un estilo de vida más propio del mundo urbano. Siempre hay excepciones, y por supuesto habrá gente joven que se desviva por el mundo del rural, tanto hombres como mujeres.

    VIÉITEZ OTERO, SARA 152.C05

  4. Tanto terá que sexan fillas ou fillos, dentro de cen anos os nosos herdeiros non saberán nin escribir cun lapis nun folio. A cousa é así, os tempos cambian e cousas que non deberían perderse caen no esquecemento. A maioría de nós, os novos, non sabemos nin cómo se muxe unha vaca, cómo se plantan as patacas ou cómo se ara a terra. Cumpriría que os nosos vellos nos ensinasen estas prácticas, non só para conseguir leite ou tubérculos, senón tamén para conservar na memoria o bo facer dos nosos devanceiros e ter en conta o traballiño que levaba recoller o millo, poñer as cebolas ou ir coas ovellas ó monte. A verdade sexa dita, aquel que queira aprender teno á súa disposición, o resto, mágoa, que máis dá, todo isto véndeno no super non? Sexamos francos, non é o mesmo.

    FUMEGA GONZÁLEZ ROBERTO 151.A05

  5. seminariocomunicacion1

    En xeral, a presenza femenina nos medios é bastante pobre ou estereotipada. E máis no tema que tratades, tan ignorado: a muller no mundo labrego. Únome á opinión de Roberto, estase perdendo esta relación co agro; e descoñecemos o traballo que require a rutina dun labrego. Para conseguir maior presenza nos medios, é necesario que a poboación en xeral senta certa curiosidade por este campo; e para iso xurden iniciativas coma o Museo da Muller Labrega, en Meaño (http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/es/empresa/museo-da-muller-labrega). É importante conservar a tradición e expandir o respeto a esta profesión, tan necesaria e facer algo de culto ás figuras que o fan posible.

    ARIAS MÉNDEZ, ANA. 151.F02.

  6. seminariocomunicacion1

    Me parece un tema muy interesante el plantearse el futuro del rural gallego. La gente joven parece que está muy a favor del campo, sin embargo, apenas hay jóvenes que quieren dedicarse a ello. Todos recalcamos su importancia pero al final las ciudades nos llaman más.
    Por otro lado, esta entrevista muestra lo que realmente se da en nuestros campos. La mujer y el hombre realizan los mismos trabajos sin diferencia de sexo. No hay motivo para menospreciar el trabajo de la mujer ya que es una parte esencial del campo gallego. Aquí os dejo un enlace sobre el reconocimiento del labor de las mujeres en el campo.
    (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2015/03/04/as-gandeiras-vea-ganan-premio-a-labor-das-mulleres-da-estrada/0003_201503D4C8991.htm)
    Davila Fernández, Pedro 151.G02

    • seminariocomunicacion1

      Tes razón neso que afirmas, Pedro. Todos somos conscientes de que cada vez son menos a xente moza que vive e traballa no campo e todos defendemos que isto non debería ser así, pero nungun de nós fai nada para remedialo. Miramos para outro lado como se o problema non fose noso cando se trata de ‘actuar’.
      Moitas gracias pola noticia que nos aportas, sen dúbida un exemplo de que, aínda que de maneira minoritaria, o traballo no campo segue e ter recoñecemento.

      RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: