Lembrando a Seoane

Luis SeoaneEntre os anos 1974 e 1976 o profesor Freixanes elabora o que sería o seu primeiro libro, “ Unha ducia de galegos”. Nel recóllense entrevistas a grandes figuras galegas como Otero Pedrayo, Blanco Amor, Celso Emilio, Méndez Ferrín,… e tamén con Luís Seoane. Hoxe recupero algún dos aspectos que se comentaron nesa entrevista e que son de interese.

É unha vocación isto de ser galega, aínda que non se naza na propia terra. É algo que se leva moi dentro, no máis profundo do sentimento galeguista pintado de cor vermella, azul e branca. Luís Seoane nace en Bos Aires no ano 1910. Fillo de emigrantes galegos de Arzúa, máis con claro sentimento galeguista dende cativo. Seu pai logo o mandou estudar á Coruña, ese era o anceio de todos os emigrantes di Seoane “ que os seus fillos foran educados na terra, que para iso eles estaban ali fora a traballar”.O pai de Luís era un comerciante de certa cultura, con grandes preocupacións polos problema da terra lonxana. Estando xa en Galicia, tivo que voltar para Bos Aires por mor dos seus idearios políticos. O pai de Seone vivía o galeguismo afervoadamente e contaxioullo ao pintor. Soñaba cunha estructura estatal feita de abaixo-arriba, na que Galicia non só conquistara as vellas liberdades administrativas, senon que as acrecentara nos seus fillos e habitantes.“ Galeguismo é servir a Galicia e traballar por esta terra, pola súa cultura, polas súas xentes, a súa historia é a súa personalidade”.

Luís estudou Dereito en Compostela, afirmou que os anos na cidade de pedra foran fundamentais para a súa galeguidade. “Santiago é decisivo sempre”, alí afianzáronse as ideas que tiña aprendido no fogar emigrante.No ano 1936 declárase a guerra en España e Luís exíliase de novo, el mesmo dicía que ía ca idea de pasar uns cinco anos e finalmente foron vinte e cinco. Nesas datas, créase en Bos Aires a editorial Emecé, a revista galega emigrante e Seoane é un dos protagonistas.Os intelectuais galegos exiliados durante a guerra civil española, xunto cos que xa residían en Bos Aires, loitaron afervoadamente porque non caeran as bandeiras.

seoanePORTADAgaliciaemigrantePor outra banda, falamos da Galicia emigrante, e non é un mito. O mito está nesa realidade bulinte de América, sobre todo a Bos Aires nos anos de posguerra. Loitouse política e culturalmente porque alí había xa un galeguismo fondo. No XX apareceu o Centro Galego e máis a Federación de Sociedades Galegas, pequenos centros que loitaron como puideron pola súa terra.

En canto á pintura, Seoane dicía que el pintaba polas mañás, moi cedo e sen acougo. A súa obra está ligada coa realidade do momento e co seu pobo. “ Compre ter en conta que o artista sempre ten dous compromiso: un coa arte e outro ca súa xente, coa súa cultura e o seu mundo”.

pinturaAs características principais que defende a pintura galega sengundo o mestre son que están vencelladas á historia e á cultura do pobo, a presenza do círculo, das cores,…

Nos anos 60 Luís voltou a Galicia, “ cando cheguei pensei que non podería falar galego”. Na emigración podían desenvolver o seu traballo sen medo, de maneira diferente, mais na Galicia de aqueles anos nada diso era posible.

Eu non defendo, nin defenderei nunca a emigración, quen está a favor da emigración, está a favor da inxustiza”. Pensamento que tamén comparte Eduaro Blanco Amor, “ a meirande parte nunca fixo nada por apoiar á terra”, e Celso Emilio Ferreiro, que o exemplifica co seu libro Viaxe ao país dos ananos. Vai dirixido ao emigrante que fixo cartos e esqueceu a súa orixe e o seu idioma, avergoñándose da súa lingua.

seoane

GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

Advertisements

Posted on 20 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Corroboro absolutamente con Seoane cando di que quen está a favor da emigración, está a favor da inxustiza. Sen dúbida, moitos descendentes de emigrantes estarán tamén de acordo. E así, en Galicia sempre temos os brazos abertos a os fillos e netos de emigrantes que retornan. Dóenos cando temos que marchar, es soñamos con retornar. A morriña, din.
    Agradécese este post de lembranza a Luis Seoane, por ser menos coñecido ca Otero Pedrayo ou Méndez Ferrín, e porque é necesario seguir lembrando aos nosos galegos ilustres que tanto loitaron por Galicia. Ademais, queda ben reflictida a emigración, ese feito que levades estas semanas intentando transmitir e lembrar. Unha semana máis, bo traballo.

    LAREO VILELA, LIDIA
    151.H04

    • seminariocomunicacion1

      Alégrame saber que che resultou interesante, Lidia. En canto á súa opinión sobre a emigración, como xa dixen eran moitos os intelectuais que a consideraban unha inxustiza,…eu tamén creo que o é.
      Ademais tendo en conta que el non naceu en Galiza, ese sentimento de loita e paternidade,… fai del alguén admirable.

      GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

  2. Mabel Villamarin

    Realmente interesante a ilustración que hoxe nos fixeches de Seonane, sen dúbida un home que loitou e turrou pola terra sempre dende lonxe.
    Sempre que leo este tipo de cousas acordome dun artigo de opinión que lin nun xornal unha vez, e o cal teño gardado. Dicía algo así como o que tamén di Seoane, que primeiro foron os avos, e agora son os netos os que se van, a diferenza e que agora van cargados de titulos universitarios… É triste mirar está reflexión e afrontala, xa que, e seguindo o fio condutor, eu, na miña humilde opinión, tamén creo que é unha inxustiza.
    Porén, creo que é o destino dun pobo que está demasiado acostumada a facelo; e o de ter familiares esparexidos polo mundo xa non lle sosprende a ninguén. Sempre esperaremos o retorno cos brazos abertos e pendentes de todo o que nos conten, porque as súas historias tamén son un xeito de coñecer mundo e comunicar; comunicar desexos, lugares e xentes…

    VILLAMARÍN ALONSO, MARÍA ISABEL 152.E05

    • seminariocomunicacion1

      Gustaríame ver ese artigo, Mabel, seguro que é moi interesante. Mais no que dis, tes toda a razón. Pero naquela época tamén ían os intelectuais, como Seoane, que para Celso Emilio eran os únicos que loitaban pola terra.
      A diferencia de antes a agora, ao meu entender e segundo o que estiven lendo, e que agora non son unha minoría os intelectuais que parten,…e tal como dis ti, algúns para non volver…

      GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

  3. seminariocomunicacion1

    Es muy interesante el estudio de América Latina en la postguerra, ya que allí fueron a parar muchos de los mayores representantes de nuestra cultura. Seoane fue uno de los autores que más me han llamado la atención a lo largo de mis estudios en bachiller, ya que a pesar de no ser gallego era galleguista como el que más. Siempre me ha sorprendido que sus padres, gallegos de nacimiento, aun llevaban la sangre de la tierra en sus venas, y así quisieron hacérselo saber a su hijo.Los emigrantes son gallegos y sus hijos también, con lo cual no podemos olvidarnos de ellos.
    Davila Fernández, Pedro 151.G02

    • seminariocomunicacion1

      Coincido contigo Pedro, a min tamén me chamou a atención cando souben da súa existencia, e sobre todo da súa pintura, a que creo que non se valorou todo o que se debería. Cando lin a entrevista si que me chamou a atención o do seu pai, eu persoalmente non sabía que fora quen lle contaxiara o galeguismo a Seoane.

      GÓMEZ CALVO, NOELIA 151.D02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: