O pesimismo de Milgram e Zimbardo


Seguindo co tema da psicoloxía social, querería falar dun dos fenómenos máis desconcertantes de vivir en sociedade, máis concretamente naquela onde existe unha figura de autoridade. Toda sociedade ou comunidade está rexida por unha serie de valores, ou se cadra por aqueles que ostentan un ou máis individuos de certa influencia dentro do colectivo. Agora pensemos que dalgún xeito esta autoridade, abstracta ou personalizada, require que un ou varios individuos dentro do grupo realicen algo contrario aos seus principios morais. Ata que punto está disposto a chegar o individuo con tal de compracer a autoridade? É máis, sería capaz de desobedecer? Estas preguntas formulounas Stanley Milgram, psicólogo social estadounidense, que en 1961 realizou unha serie de experimentos, escolmados no libro Obedience to Authority, para intentar atopar respostas a esa cuestión.

O experimento requiría tres persoas: un supervisor, un voluntario que se prestaba a facer de cobaia e un actor cómplice que se facía pasar por un segundo voluntario. Á súa vez cada persoa asumía, de forma xa determinada, diferentes roles: o supervisor covertíase na figura autoritaria, a cobaia tomaba o papel do “mestre” e o actor era relegado a “alumno”. O profesor quedaba ao mando dun xerador eléctrico capaz de aplicar electroshocks ao alumno, que se atopaba nunha habitación contigua, cando este non respondese correctamente a unha serie de preguntas que se lle ían formulando, aplicando maior voltaxe cada vez que respondese erroneamente, ata un máximo de 450 voltios. En todo momento o profesor tiña a opción de finalizar o experimento negándose a participar. Por suposto, o actor non estaba conectado á máquina e só finxía a dor das descargas berrando. A rolda de preguntas comezaba en 15 voltios, e ía ascendendo a medida que o alumno se trabucaba. No momento en que o alumno berraba e imploraba, a maioría das cobaias que chegaran ata ese momento pedían rematar o experimento, e en resposta a esta actitude o supervisor debía animar ao profesor cunha sucesión de imperativos por cada mostra de resistencia:
1. Continúe, por favor.

2. Ten que continuar polo ben do experimento.

3. É absolutamente esencial que continúe.

4. Non ten outra elección, debe continuar.

Se despois da última orde a cobaia seguía negándose a cooperar ou se realizaba a descarga máxima de 450 voltios, o experimento remataba.

Tendo en conta os resultados do experimento, Milgram deixa claro que a obediencia, filósofica ou legal, é efectiva incluso nos contextos máis  extremos, sen que exista unha actitude violenta por parte da autoridade.  Milgram relacionaba este fenómeno co xenocidio cometido polos militares alemáns durante a II Guerra Mundial, que cando foron xulgados escusábanse alegando que só obedecían ordes.  A igualdade entre individuos dunha comunidade é esencial, como tamén é esencial que cada un dos individuos teña certa autoestima para poder enfrontarse aos seus iguais e favorecer unha actitude crítica e aceptada.
Outro experimento relacionado, desta vez para descubrir a mentalidade da propia autoridad, é o do cárcere de Stanford, ideado por Philip Zimbardo: voluntarios divididos en dous grupos, gardas e presos. Isto xa é outro tema, pero é igualmente interesante para descubrir a psicoloxía das estruturas xerárquicas.

PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

Advertisements

Posted on 20 Marzo, 2015, in Posts individuais, Vídeos and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Es muy interesante todo este tema, sobretodo cuando hablamos de extremos. Supongo que en el caso del experimento Milgram tiene todo un poco que ver con que eres capaz de asumir cualquier indicación cuando no tienes controlada la situación, supongo que será instintivo eso de buscar referencias ante lo desconocido. El otro día vi un vídeo (es de un show de humor, asi que nada científico) en el que le ponían un ‘detector de mentiras’ a un niño, y simulaban que cada una de sus respuestas era falsa. Y pasaba esto http://youtu.be/KPgpRw9tiuM

    VAZ ALVAREZ, MARTIN 152.H05

  2. seminariocomunicacion1

    La psicología, a partir de la década de los 50, se ve influida por los efectos que las guerras mundiales y, sobre todo los crímenes nazis han tenido para la conciencia de la humanidad. Desde el comienzo de la Segunda Guerra Mundial se llevaron a cabo experimentos médicos , incluido el de Milgram que tú nos describes, sobre ciudadanos no alemanes como resultado de una normativa y coordinados por el ejército y el partido nazi. Así, las personas que ocupaban cargos de autoridad, estaban al tanto de estos hechos y de acuerdo con la ley tenían la capacidad de ordenarlos, aprobarlos o sancionarlos.
    Como fruto de las deliberaciones llevadas a cabo en los juicios de Núremberg surge el Código de ética de Núremberg que recoge los principios que rigen la experimentación humana. De esta forma se aprobaron 10 puntos que debía cumplir este tipo de procesos para que la investigación médica pudiera ser considerada legítima. Ahora bien, tal y como podemos ver en el enlace: http://www.aesthethika.org/Problemas-eticos-en-la el experimento de Milgram obviaba e incumplía en algunos casos los puntos establecidos. Se ve claramente comprometido a la luz de este Código ya que a pesar de los signos de sufrimiento psíquico del experimento este continuaba. Cabe destacar que el ser humano desconoce por completo la naturaleza de la experiencia y que el individuo se ve obligado a actuar contra su voluntad bajo las órdenes de una autoridad lo cual le genera un consecuente malestar.

    Y ahora bien, a la luz de este experimento, nos seguimos preguntando cómo es posible que los seres humanos bajo las órdenes de otros seres humanos se conviertan en seres permeables y fácilmente influenciables, llegando al punto de aceptar la realización de conductas que pasan por imprimir un daño físico o psicológico a otros. Personas que seguramente a priori hubieran empleado como respuesta afirmaciones como : “yo no aplicaría descargas a nadie”, cambian su pensamiento bajo el influjo de las órdenes de otra persona. Se trata de un problema ético que nos lleva a preguntarnos por sus causas y sus límites.
    No debería existir en ningún momento un sistema de sujeción ciega a las órdenes de una autoridad, ya que nos llevaría a un proceso en el cual los subordinados cumplan con las órdenes sin reparos eludiendo poner en práctica su capacidad crítica. Una comunidad necesita de una autoridad que la guíe, pero no debe llegar al punto del despotismo. En el momento en el que los subordinados observen conductas que atenten contra su ética o sus principios críticos o morales estos deben poseer la suficiente capacidad de decisión como para cesar en el cumplimiento de las órdenes, y no escudarse en esto, como han hecho muchos de los juzgados tras la Segunda Guerra Mundial por crímenes de lesa humanidad.

    PÉREZ MARQUINA, CRISTINA 152.C01

  3. seminariocomunicacion1

    Incluso el más desobediente de los niños llega a la adolescencia, y luego a la madurez, a base de cumplir, con mayor o menor obediencia, ciertas órdenes. Y ha sido así desde siempre, desde los comienzos de la historia humana.
    Precisamente lo que nos hizo fuertes en un principio fue la transmisión de lo descubierto de unos a otros. Esta transmisión, si no se da entre miembros de misma jerarquía, es conformada por órdenes. Un individuo que descubriera que una planta es venenosa, le aconsejaría a un amigo no consumirla, en cambio prohibiría a su hijo tomarla, por su seguridad, por lo que consideren que es mejor para su inferior (o para él mismo).
    Comenzamos a vivir y la información nos llega a base de órdenes de nuestros padres, luego de nuestros profesores o jefes, y sólo cuando conquistamos cierta edad o status los conocimientos pueden venir a nosotros de forma libre, sin estar ligados a ningún tipo de orden. Por lo tanto las órdenes y su obedecer (porque la supervivencia real o al menos social, profesional…depende de ello) son parte consustancial de nuestro pensamiento y de cómo nos comportamos.

    MARTÍNEZ MARTÍNEZ, ENRIQUE

    152.A01

  4. A obediencia cega pode explicarse se atendemos a que nos diferentes eidos nos que nos movemos sempre existe unha figura de autoridade, alguén por riba de nós dentro dunha determinada escala social. Confiamos nos nosos superiores en tanto que cremos que actúan e fannos actuar polo ben común, devaluando de paso a quen se opoña, aínda que resulte prexudicial para estes últimos. Certamente no mesmo experimento pódense considerar os experimentos de Milgram e de Zimbardo como froito dun estatus de superioridade autoimposto polos científicos, pois vemos que os seus procederes foron extremos e remataron por situarse por riba da moral e da ética. En definitiva, un abuso en nome da ciencia, un ben común. Non existía unha figura de autoridade que os obrigase a realizar estas probas, mais si a súa propia iniciativa como investigadores. Máis ca un líder, precísase un dogma, unha filosofía á que se lle dá un maior valor que á vida humana, ou animal. Sen ir moi lonxe e obviando o campo da medicina, podemos ver que moitos produtos de hixiene e de cosmética son probados en animais, moitas veces con resultados desastrosos para estes. Moitas empresas optan por abandonar estas probas para escapar ás críticas e e evitar perdas:
    http://www.ecoosfera.com/2013/04/estas-son-las-marcas-de-cosmeticos-y-productos-de-higiene-personal-que-experimentan-con-animales/
    Fai falta unha reacción crítica a estas medidas de lesa ou dubidosa moral para poñelas a proba e decidir entre todos a súa pertinencia. Recomendo ler sobre a teoría da Espiral do silencio ideada por Noelle-Neumann, que amosa cómo o comportamento humano tende a situarse do lado das opinións populares, ou sexa, as que todo o mundo acepta, silenciando e marxinando así á minoría disidente. A sociedade, a multitide, tamén é unha figura de autoridade, un elemento de presión que moldea a nosa maneira de pensar:
    http://capacitacion.iedf.org.mx/moodle/seminario/lecturas/lecturas/sesion2/La_Espiral_del_Silencio.pdf
    O ano que vén vaivos caer con Outeiriño, que o saibades. Ides sufrir. 😉

    PEREIRA VILA, JORGE 152.H02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: