A vida nun continuo flash-back

Pouco a pouco imos chegando o final da nosa viaxe o pasado. Máis ben, está sendo un continuo flash-back no espazo e no tempo.

Os nosos últimos posts están orientados, como estaba previsto, o estudo dos distintos roles familiares e tamén o papel que xogaron na vida dos nosos antepasados os medios de comunicación. Son os últimos puntos da comparación que estamos realizando o longo deste cuadrimestre entre a vida dos nosos avós pasando pola dos nosos pais e chegando a nós mesmos. Ademais, centrándonos nas distintas formas de habitar no rural e na cidade.

A experiencia estanos demostrando que “a vida cambiou moito” como di algún dos nosos avós. Eles viviron case dende o máis primitivo ata o avances de hoxe en día. A sociedade obrigounos a mudar, non sabemos que sería de nós se eles non o fixesen. Aínda así, podemos comprobar que eles non conseguiron cambiar de todo, esencialmente no tocante ás novas tecnoloxías. Por exemplo ante o uso do ordenador ou outras aparellos din: “iso é cousa dos novos, os vellos non estamos para andar neses trebellos”.

Noutros aspectos como a educación as diferenzas tamén son abismais. Pasamos de que, os nosos avós se tiveran que axeonllar mirando cara á parede e cargando con dous dicionarios en cada man; a que agora os alumnos gocemos de protección e mesmo, se lle poida facer fronte as palabras dun profesor.

Outra das cousas que nos chamou a atención é a paixón coa que contan as súas historias. Principalmente cando se trata de falar da súa xuventude e das cousas que facían para pasalo ben. Quizais fose porque non era un tema comprometido nin xa moi próximo. A súa xuventude xa queda moi lonxe e parece que calquera falcatruada feita hai anos hoxe non ten ningún significado. Supoño que a nós pasaranos igual. Hoxe o mellor nos arrepentimos de cousas que facemos ou que non nos gusta contar e “no día de mañá” (expresión que nos encanta cando a pronuncian nosos avós) contarémola como unha gran anécdota, sen ningún tipo de censura.

Alonso Fernández 151.G01
Davila Fernández 151.G02
Fernández Meijide 151.G03
García Calaza 151.G04
Pipkova Linda 151.G05

Advertisements

Posted on 25 Marzo, 2015, in Posts grupais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: