E os medios públicos que?

Durante todo o noso traballo estamos a ver que a relación fonte-xornalista non sempre é real e, na maioría dos casos, é unha relación manipulada ou perezosa, por chamarlle dalgunha maneira.

Os medios cos que estamos a traballar son meramente tradicionais e, pese a ser de ámbito local, descubrimos como unha porcentaxe bastante alta das noticias saen á luz grazas ás subscricións ás noticias de axencias. É tanto o custe, por exemplo, de envíar un xornalista da empresa a un suceso ocorrido en Santiago como para ter que facerlle chegar ó público esa información mediante unha axencia? Se o miramos dende a perspectiva de “empresa da información” a resposta é claramente afirmativa. No caso analizado nun post anterior dunha manifestación acontecida en Santiago de Compostela puidémolo ver perfectamente.

Estamos analizando esta relación en prensa escrita con La Voz de Galicia, e na radio coa Cadena Ser. A nosa intención é saber tamén como actúa un medio público como a TVG, mais aínda non contestaron ás nosas peticións e só puxeron trabas. Esperamos ter contactado con eles e, nos vindeiros posts, ter preparado a análise dos tres medios.

Ao non obter resposta decidimos facer unha análise dun telexornal do mediodía da TVG. Así, como meras espectadoras, puidemos sacar algunhas conclusións de interese para o noso traballo. Na maior parte de noticias as fontes limítanse a novas sacadas por xornais locais, roldas de prensa institucionais (Feijoo ou calquera membro da Xunta de Galicia copan a maioría do telexornal) e noticias de axencia. Se falamos da parcialidade das novas abriríamos un debate que daría para encher máis dun post. Poderíamos concluír que as fontes alternativas son bastante escasas e, en maior medida nas noticias de interese público -non nos olvidemos que estamos falando dun medio público-.

Feijoo-defiende-Galicia-interesante-invertir_EDIIMA20131028_0672_3

 

Aquí vos deixo unha web na que traballadores da CRTVG denuncian as prácticas de “manipulación” que eles detectan no noso medio público e defenden a creación dun consello de informativos. https://eunonmanipulo.wordpress.com/ Bótadelle un ollo porque é ben interesante.

Esperemos que pronto alguén nos conteste e así saber de primeira man como é esta relación xornalista-fonte dentro dun medio público como a CRTVG. 

 

 

RÍO OTERO, HELENA DEL 152.D04

 

Advertisements

Posted on 25 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Como comentas Helena, a inmediatez dos medios tradicionais lévaos a un método de traballo que perde totalmente o contacto coas fontes e que o que peor supón que os xornalistas non se deban á sociedade e perdan o contacto con ela (como fontes e receptores) para satisfacer ós seus propios intereses económicos.

    Outro tema é a manipulación informativa que tamén nos comentas. Non coñecía, por certo, o enlace tan acertado que nos propós, nos que os mesmos traballadores da Crtvg denuncian as prácticas de manipulación. Estiven lendo e comentan por exemplo o informativo matinal do 16 de febreiro no que lle adican un amplo espazo a Podemos-ETA-Venezuela. Textualmente escriben: “Seis minutos seguidos, como se quixeran insinuar unha subliminal relación entre a ETA e Podemos, e por suposto Venezuela.” E conclúen con: “Mágoa que non consideren tan importante a trama Gürtel, a amizade do presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado, a relación do PP de Baleares e Valencia co Caso Nóos…..”

    Outro exemplo, de este tema. En Telemadrid, en decembro do ano pasado, a presentadora do informativo daba paso a unha información na que se facía referencia a noticia de portada de ABC sobre o suposto apoio de presos etarras a Podemos para lograr unha excarcelación masiva. A forma de ilustrar esta información na pantalla do plató era unha combinación de logotipos de ETA, Podemos e Sortu. Unha manipulación visual. : http://www.eldiario.es/lacrispacion/Podemos-ETA-Telemadrid_6_332876724.html

    Para min o importante de isto, non é que un medio teña unha ideoloxía, senon que esa ideoloxía se inmuscúa dun xeito tan dramático na información e incluso chegue a ser manipulación. É NECESARIO DIFERENCIAR UN ESPAZO INFORMATIVO DUN DE OPINIÓN, PORQUE QUEREMOS DATOS E FEITOS, NON OPINIONS NIN CONXETURAS.

    REY MURAS, PAULA 152.A02

  2. seminariocomunicacion1

    Ao igual que Helena e Paula considero que a inmediatez ten un precio moi alto, a relación xornalista-fonte, e en consecuencia a veracidade da información. Os medios ao entrar no mundo das redes sociais atópanse na necesidade de dar resposta a demanda dos consumidores que é a información inmediata e vense na situación de escribir noticias en 140 caracteres. Ainda que as veces empregan iso ao seu favor e para dar un so punto de vista da noticia.

    En canto aos medios públicos, o teu enlace non deixa indiferente a ninguén. Non sabía dese blog e paréceme moi interesante coñecer a indignación dos propios traballadores e a súa vontade por cambiar, aínda que parece ser un segredo a voces entre os espectadores que os canais públicos sempre traballan a favor do partido político que se atope no poder.

    http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/03/23/los_ciudadanos_han_dejado_ver_tve_como_medio_comunicacion_fiable_lamenta_consejo_informativos_30289_1027.html

    A manipulación, por desgraza, está presente de moitas maneiras nos medios de comunicación incluso nas tomas de decisións que estes fan. Hoxe mesmo TVE decidiu non renovar o contrato a Yolanda Álvarez como corresponsal en Gaza, xa que fixo declaracións que irritaron a goberno de Israel. Isto fainos pensar para quen traballa realmente a televisión pública do Estado, se para que os cidadáns vivan informados ou para cumprir os caprichos dun goberno alleo. Déixovos o enlace a unha noticia onde se fala destes recentes cambios nos corresponsais da televisión pública:

    http://www.elmundo.es/television/2015/03/25/55129d8e22601d1f208b457a.html

    GÓMEZ DE LA CAMPA, XIANA 151.D03

  3. seminariocomunicacion1

    Creo que el tema manipulación a la que se ven sometida, en un grado mayor, los medios públicos es algo que se debería de analizar más en profundidad, ya que daría para un gran debate sobre ética, profesionalidad e intereses económicos. Como bien dice Paula, es necesario diferenciar claramente información y opinión y esto a los medios de masas cada vez les interesa menos que se haga. Las noticias del telediario, sobre todo cuando se trata de una cadena pública, son cada vez más subjetivas y esto es algo que influye en la percepción del espectador, afectando en mayor medida en la población de edad avanzada. En el caso que Paula mencionaba ha acabado influyendo tanto bombo que le han dado los informativos al trinomio Podemos- Venezuela- Comunismo a que ahora un amplio sector de la población española asocie a Podemos con terroristas o dictaduras, cuando es algo que se aleja bastante de la realidad de su programa electoral. Algo similar pasaba cuándo a todos se nos vendía que la Guerra de Irak era necesaria, Bush era un santo y Sadán era el demonio. Pero eso es entrar ya en otro tema. Que los trabajadores se harten de esta situación y deciden denunciarlo es solo cuestión de tiempo. Y esto no es algo que se diese solo en la TVG, también ocurría hace unos años en Telemadrid, TVE y hasta en la agencia EFE, donde la selección y el tratamiento de la información favorecía los intereses de cierto partido político Os dejo aquí dos noticias que lo explican bastante mejor que yo: http://elpais.com/diario/2004/03/16/espana/1079391700_850215.html http://www.prnoticias.com/index.php/home/51-rtve-/5817-la-eterna-disputa-de-la-manipulacion-politica-de-los-medios-publicos
    RODRIGUEZ SOTO, ESTHER 152.C02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: