Cando a televisión vía á xente

Como xa fixo o meu compañeiro Pedro no seu anterior post, continuamos centrándonos no papel dos medios de comunicación nas nosas familias.

O medio do que máis dispuñan meus avós era a radio. Non obstante, tampouco tiñan moito tempo para escoitala, xa que durante os traballos do campo non a usaban. Onde si a oían era na taberna da parroquia onde ían tomarlle un viño ou mercar algún produto que non tiñan na casa, principalmente cando había invitados.

Non obstante, ante a pregunta de como se informaban. Eles responden que a xente falaba uns cos outros e as cousas íanse sabendo. “Na taberna, nos días de misa, nas feiras falabas con xente dun lado e do outro e decatábaste do que pasaba” afirma meu avó. Así eran como corrían as noticias. Non dista moito de agora, quizais na actualidade ese boca a boca sexan as redes sociais.

A chegada da televisión foi a gran revolución. Na década dos 70, chegou este medio, aínda que a diferenza do meu compañeiro Pedro a tele non chegou a casa de meus avós; senón a dúas ou tres casas na parroquia. “As que tiñan cartos para comprala” comenta meu avó. Non obstante a falta deste medio, non impediu que non desfrutasen del. Ás noites os veciños xuntábanse para ir vela televisión a casa que a tiña. “Ca chegada da televisión comezouse  a perder o temas dos xogos” (que comentei no meu primeiro post https://comunepersoal.wordpress.com/2015/02/26/a-diversion-nos-longos-dias-de-inverno/ ) di miña ávoa. As ruadas pasaron a estar protagonizadas pola pantalla.

Non obstante, estes avances tecnolóxicos amosaban tamén a parte inocente da xente. Como comentamos en anteriores posts o acceso a educación foi para algún dos nosos avós limitados. Máis aínda se falamos dos nosos anteriores antepasados. Recorda meu avó que as primeiras veces que ían ver a televisión a casa do seu veciño “O Angelito”, a súa nai antes de acender o televisor, collía a súa vasoira feita dunha xesta, varría a cociña e poñía un mantelo limpo. Facíao porque pensaba que os que falaban na televisión tamén a vían a ela e a súa cociña, polo que intentaba ter todo en orde.

A televisión chegou a casa de meus avós xa cando meu pai tiña 7 ou 8 anos. Meu pai recorda como a usaban el e seu irmán para entreter a súa irmá pequena, mentres eles ían xogar o fútbol fóra da casa.

Tenda de Cospeito onde se mercaban as radios

Tenda de Cospeito onde se mercaban as radios

 

GARCÍA CALAZA, IVÁN 151.G04

Advertisements

Posted on 26 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Béla Bálazs no seu libro “El Film” fala dunha resposta similar de recepción da nai do “Angelito”, quizabes máis animal. Trátase dunha mozanca das chairas que chega por vez primeira a Moscú e métese nunha daquelas carpas de feira na que puñan películas curtas daquelas primeiras do cinema. O filme tiña coma protagonista unha máquina locomotora nun camiño de ferro. Os planos curtos da locomotora parecían que ían sair da saba branca da barraca, onde se proxectaba, e alporizaron tanto a pobre rapaza que saiu correndo e berrando por toda a feira pensando que a máquina ía atropelar.
    Quero dicir con esta historieta que tanto a domesticación que provoca a televisión no receptor, como o “realismo” da grande pantalla pulsionan estéticamente (afectivamente). Velaí tamén como a relación cos medios dos seres humanos, ou viceversa, xera determinados efectos intersubxectivos tanto comunitarios, como interpersoais, desde a cortesía natural do convite, até o espanto de ver chegar a unha locomotora e pensar que eses obxetos están próximos a nós. Ámbolos dous exemplos inspiran unha lectura cultural dos efectos, unha distorsión entre a tecnoloxía do medio e a subxectividade do ser humano, dantes de seren comprendido como soporte. Menuda chapa.
    Saúde.
    MM

  2. seminariocomunicacion1

    Co paso do tempo todo vai mudando e nós, grazas a vista ao pasado, podemos ser conscientes deste cambio que se produciu de xeración en xeración. Con todo, considero que aínda que as cousas cambien en esencia seguen sendo as mesmas.
    Algo que vimos como mudou é a comunicación e a maneira de comunicarse. Como ben contas os nosos avós non dispoñían dos medios que temos hoxe en día para recibir información pero no fondo a maneira que temos de informarnos é a mesma. Moitas veces enterámonos primeiro das cousas que pasan por un amigo que nolo conta que polos medios de comunicación, tal e como lle pasaba aos nosos avós.
    A chegada da televisión supuxo un avance, pero tamén un retroceso. Un avance porque permitía que a información chegase acompañada de imaxes, de maneira que esta era mais precisa e mais fiable. Pero tamén supuxo un retroceso, como ben afirman teus avós, en temas de xogos en común. Este tema non nos resulta tan lonxano xa que nós, a nosa xeración, puidemos comprobar como isto mesmo está pasando nos nosos días. Eu pasaba moito tempo xogando na rúa, cos meus amigos, mentres que os nenos de agora prefiren quedar na casa, xogando coa videoconsola.
    As cousas mudaron dende a época dos nosos avós pero, en esencia, seguen sendo as mesmas.

    RIVEIRO COLLAZO, PAULA 152.E02

    • seminariocomunicacion1

      Coincido contigo en que no fondo as cousas seguen tendo moitas similitudes entre a época dos nosos avós e a nosa. Cada avance que se foi producindo voi mudando o que xa había e deixando a este en desuso. O cal ten a visión positiva dunha maior dispoñibilidade de ferramentas para desenvolver o noso ocio e o noso traballo; pero ten como aspecto negativo a perda do tradicional que, no fondo, é a verdadeira esencia da vida.

      GARCÍA CALAZA, IVÁN 151. G04

  3. seminariocomunicacion1

    Lendo o teu post Ivan, non puiden evitar sorrir. “As ruadas pasaron a estar protagonizadas pola pantalla”, quedome con esta frase, creo que é a que mellor define o traballo.
    A situación que describes de túa avoa frente ao televisor, xa a oira en varias ocasións. Exemplifica o gran cambio que supuxo ese medio na vida das nosas paisanas. A televisión como ben dis, foi a grande revolución dos anos 70, e coma teus avós, os meus tamén me relataron como fora aquel primeiro encontro.

    É interesante como estades contando historias a través da innovación que supuxo a evolución dos medios, a tecnoloxía, etc…
    A sociedade seguirá avanzando, e logo seremos nós quen esteamos contando como foi a oleada da comunicación virtual e a gran cabida que tivo e como deixamos a comunicación interpersoal a outro plano…seguro que o contamos con magoa, estou segura. Porque como ben dis dispoñer de tales ferramentes é unha grande vantaxe se dúbida, mais debemos sabelas usar ben e non abusar delas, xa que se o facemos estamos perdendo esa tradición da que falas, e neste caso a tradición da comunicación cara a cara é fundamental.

    GÓMEZ CALVO,NOELIA 151.D02

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: