O surrealismo de Eugenio Granell

Esta semana dirixímonos á “Fundación Eugenio Granell”, que se encontra na praza do Toural, en Santiago de Compostela. Alí atopamos información sobre Eugenio, que foi un poeta, escritor e pintor surrealista galego. No ano 1939 ten que exiliarse a Francia, e pouco despois ten que partir a Sudamérica, onde desenrola gran parte da súa obra. Foi unha gran figura nestes ámbitos e unha das máis importantes do POUM (Partido Obreiro de Unificación Marxista). Como limos en distintos textos, foi un militante sempre disposto a asumir as tarefas que se lle propoñían. Pode considerarse tan ampla a súa traxectoria artística como política, pero nos imos centrar na parte artística, da que non podemos falar sen nomear o surrealismo.

1247223237_0

Durante todos estes anos rodéase de diferentes autores contemporáneos  que o influencian no seu estilo e obra pictórica. A súa obra sempre estivo influenciada pola súa ideoloxía política e a súa situación. A obra literaria acompaña moi a miúdo a súa obra pictórica. Sempre lle da moita importancia ao texto, co que pode explicar a presenza das escenas visibles nos cadros.

Os títulos que Granell utiliza son distintas introducións a situacións a partir da súa imaxinación. Tamén pódese destacar os seus  personaxes, máis ben disfrazados, que parecen responder ás veces a identidades de indios, amantes ou cabaleiros, e moito máis a miúdo, a xitanas, toureiros, afeccionados da praza de toros, xinetes ou bailarinas. É moito o que poden contar os vestidos e os disfraces que atravesan toda esta obra, con pinta de toureiros, con faixas e capas, señoritas con mantóns e saias de volante, con tantos touros e cabalos, como se todos estes personaxes saíran de “Caprichos de Goya”, é dicir de un mundo acabado, perdido pero tan próximo dentro do seu potencial imaxinario.

Unha das súas obras máis importantes é “Elegía por Andrés Nin”, que ven acompañada da frase “Elegía por Andrés Nin, asesinado por el stalinismo y vuelto a asesinar por la cobardía del silencio de los intelectuales de igual calaña”.

poum_AndreuNin_elegía eugeniogranell

No noso país é practicamente un descoñecido, isto pode ser por diversos motivos, como por exemplo o seu exilio a países latinoamericanos, a súa pertenza ao POUM.

Para finalizar, un parágrafo que lin nun artigo sobre a súa pintura: “Cuando uno mira las obras de Granell, pinturas al óleo, dibujos, fotomontajes… se queda sorprendido por la homogeneidad que recorren tantos años de trabajo, como si se tratara para él de seguir una sintaxis iconográfica que se ha resuelto bastante pronto y que le deja, luego, una total libertad para proponer unas imágenes en las cuales el aspecto narrativo está más que presente, se hace incluso necesario.”

Luengo Martínez, Diego 151. D05

Advertisements

Posted on 26 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: