Rubén Cela responde

Chamada ao Concello de Santiago de Compostela, así comenzou o traballo de campo previo a este post. Ante a negativa de atendernos do membro del PSOE, Francisco Reyes. Pedimos falar con Rubén Cela, responsable local do BNG, e somos atendidos pola súa secretaria. Ao solicitar a quenda co señor Cela, comunícannos que a súa apretada axenda impide un contacto directo con él durante estes días, así que insistimos e conseguimos que, vía e-mail, nos respondera a un cuestionario que formulamos para coñecer a súa opinión sobre o tema no cal está traballando o GT 152.B00. Así responde Rubén Cela ás nosas preguntas.

Imaxe que reflicte o contacto mantido, vía e-mail, co gabinete de prensa do BNG e secretaria de Rubén Cela.

Imaxe que reflicte o contacto mantido, vía e-mail, co gabinete de prensa do BNG e secretaria de Rubén Cela.

-Están os medios de comunicación posicionados na precampaña electoral?

Nos medios locais de Santiago de Compostela o tratamento informativo dos partidos con representación municipal adoita respetar os principios de proporcionalidade, pluralismo e imparcialidade; ademais de incluír outras forzas sen representación. Porén, nas noticias nas que se dilúe a fronteira entre información e opinión, usan a interpretación para favorecer xeralmente o partido que ostenta a Alcaldía. Iso acontece en todos os medios agás a TVG, que deixou de asistir ás convocatorias do BNG de Santiago nos últimos meses, desatendendo un dos principios básicos que debe rexer neste medio público.

-Cal é o papel da muller na campaña?

No BNG as mulleres teñen os mesmos roles que os homes na campaña, cunha participación activa tanto na organización dos actos como entre as persoas que asisten ás asembleas abertas e aos chamados “cafés para 5”, concibidos como un xeito de achegar e intercambiar propostas para o programa. Na lista existe paridade de xénero e entre as candidatas hai destacadas activistas feministas. De feito, o BNG sempre se caracterizou por reivindicar o feminismo e fai parte das plataformas do dereito ao aborto, dos actos contra a violencia de xénero… Na comisión electoral, de feito, as mulleres son maioría e teñen postos de responsabilidade. É unha mostra máis de que poñemos en práctica o que defendemos.

-Existen favoritismos sobre os partidos?

Pode existir a nivel individual por parte dalgún ou dalgunha xornalista afinidade por algún partido que se reflexa nas súas informacións, mais a tónica xeral é que exercen o seu traballo con profesionalidade.

Rubén Cela, portavoz e responsable local do BNG en Santiago de Compostela.

Rubén Cela, portavoz e responsable local do BNG en Santiago de Compostela.

 

RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

Advertisements

Posted on 26 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Em, non sei que tería que dicir o señor Cela (don Rubén) ao propio cuestionario, tan breve e reiterativo. Non obstante tiro a conclusión que respecto da muller aos partidos nacionalistas de esquerda preocúpalle máis que a muller apareza (APAREZA) debidamente regulada no aparato, máis que a situación crítica na que poden vivir as picheleiras. Vamos, que non vexo política de muller algunha, nin solucións, máis que (mira ti) hai significadas feministas nas listas. A preocupación da porcentaxe, ou cota de pantalla, tamén é unha preocupación cuase matemática, como si a proporcionalidade exacta na imaxe dunha campaña poidera facer esquencer o dominio dos partidos de goberno nun momento. Solprendido. Cada vez entendo máis a Carlo Cipolla e o seu libriño sobre a estupidez humana.
    Saúde.

  2. seminariocomunicacion1

    Es curioso lo de ”todas respetan las regas menos TVG QUE YA NO VIENE A NUESTRAS REUNIONES”. Parece un chiquillo cabreado porque su madre no le da atención. Es una pena que la entrevista no haya sido cara a cara para que le hubierais metido caña, pero bueno, están muy ocupados, ¿no?
    Arias Rial 151.F03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: